Dispara. Razóns para sentirse orgulloso de Galicia: cunetas que alimentan.
Temos en Redondela un comercio de agro e xardín cuio amo (enxeñeiro técnico agrónomo) trae a veces algunha cousa exótica e, cando alguén cuestiona as súas posibilidades de desenrolo, él responde sempre: “Señora, en Galicia se da de todo, fíjese que hasta nos damos los castellanos…”
Hai varios síntomas que atestiguan a extrema xenerosidade coa que a natureza galega acolle e desenvolve a vida a nosa terra. Un, o feito de que algunha das especies máis representativas da flora galega, como son a camelia, o eucalipto (por máis que pese) ou a pataca veñen dos puntos máis dispares da terra. Outro, o que recollo na pequena fotogalería de este mes, onde aparecen trigo, millo, e incluso un tomate que fun atopando nacidos nas cunetas das estradas, probablemente un dos lugares máis inhospitos do mundo. Non obstante, nas cunetas galegas, sen que ninguén o busque, nacen e medran plantas de esas que os humanos precisamos para vivir, mentres que noutros lugares da terra, incluso con todos os coidados do mundo, a agricultura e a subsistencia son tan precarias que rozan o milagre.
Eu teño unha leiriña perto de Vilalba que non da para por unha casa pero da para un caseto prefabricado e unha boa horta. Nunca se sabe, ao mellor cando volte a Galiza póñoa en valor e comezo a sementala.
Comment by xm carreira — September 20, 2008 @ 12:22 pm
He he, o meu pai paso os cinco últimos anos do seu exercicio profesional en Madrid; dende que volveu, non hai quen o saque da horta. Dicían en Dr. Zhivago que” se raspas un pouco a calquera ruso toparás debaixo un campesiño”; cos galegos pasa algo parecido, pero nos temos moita máis sorte coas posibilidades so noso territorio e clima.
Comment by F. Miguez — September 22, 2008 @ 11:41 am