Dous aforismos opostos (e meus propios) sobre a eutanasia.
A propósito da nova que chega dende Andalucía.
1º “Non entendo cómo, na parafernalia militar, se mitifica o feito de “dar a vida pola patria”, ou a interpretación de súmum do altruísmo que, no cine bélico, supón o instante en que o protagonista lle da un final piadoso a un compañeiro para evitarlle cair en mans inimigas, mentres os estados lle negan o dereito a morreren, cando queiran, ás personas que o desexen e non sexan quen de facelo por si mesmos.”
2º “A sociedade emocionase facilmente co morbo de historias de épica tráxica como a de Ramón Sampedro e outros iconos do dereito á eutanasia, pero ignora ás persoas que, en situacións semellantes, optan por seguir vivindo e sufren a marxinación e os problemas propios de un mundo que avanza indecentemente paseniño na supresión das barreiras e no apoio ás persoas “dependentes”, como se di agora.”
Totalmente de acordo.
E de paso felicítote polos posts anteriores, sobre o puñetero AVE, as olimpiadas e o do aeroporto. Efectivamente, o vídeo que aportas da Universidade Laboral de Gijón é estupendo, tal como era en realidade, díjocho eu.
Comment by Ninsesabe — September 7, 2008 @ 6:45 pm
Vexo que voltou vostede das vacacións con gañas de poñerme colorado, he he. ¿Non sería vostede un deses cultivados cadetes que saltaban tan atléticamente o potro?
¡Unha aperta!
Comment by F. Miguez — September 8, 2008 @ 3:51 pm
Decía Patton: “El objetivo de la guerra no es morir por la patria, es obligar al otro bastardo a morir por la suya.” Y lo más probable es que los que matan y mueren por la patria sean unos chavales de 18 años que no tengan ni idea de por qué mueren y matan. Eso sin tener en cuenta que a día de hoy el 90% de los muertos suelen ser civiles…
Comment by peregrinodelasrias — September 8, 2008 @ 5:41 pm
O peor de todo iso é que os promotores das guerras se dan palmadiñas nos hombreiros e fan negocios entre eles antes/mentres/despois que morren seres humanos pola súa culpa.
Comment by F. Miguez — September 9, 2008 @ 11:09 am