Comparación (odiosa) entre Baraxas e Alvedro.

O tráxico accidente producido este mércores no aeroporto de Baraxas lémbrame que teño empezado un artigo, xa dende hai ben tempo, no que cuestiono a ordenación urbana nas proximidades do Aeroporto de A Coruña, antes Alvedro. Esta ocasión pode ser boa para rematalo e ofrecerllo, a ver que opinan vostedes.

Evolución do Burgo.

Neste mapa (prema para agrandar) aparecen O Burgo (Culleredo) e O Temple (Cambre). O manchón escuro é a Ría do Burgo, a veta gris a autopista AP-9 e as liñas amarelas marcan a cabeceira de pista do aeródromo coruñés. Sen ánimo de ser exhaustivo, e admitindo unha exactitude limitada, en verde sinalo os edificios que existían antes da ampliación do aeroporto rematada en 1990. En vermello acoto zonas residenciais de bloques de edificios construídas despois de esa data, a maioría nos últimos dez anos, e incluso algún terreo que aprece valeiro na foto pero xa está edificado a día de hoxe. O violeta é un colexio e en azul están bloques de vivendas que non son quen de datar con exactitude, pero desexo diferenciar das naves. Os tellados longos da esquerda son os edificios do I.E.S. Cruceiro Baleares, coñecida por moitos como”A Laboral”.
Para min, hai unha conclusión evidente: a maioría dos edificios do Burgo e do Temple, foron construídos ó mesmo tempo que aumentaba a actividade do aeroporto da Coruña. Existen moitos aeroportos urbanos no mundo, non cabe dúbida, pero o mal de moitos é consolo de tontos, logo nin por iso consideraremos unha conducta intelixente construír casas en sitios onde existe o risco de caida de aeronaves, ou ben promover un aeroporto cuios avións, en caso de catástrofe, poden cair sobre unha zona densamente poboada. As alternativas eran dúas, e ben sinxelas: contentarse con coller o avión en Lavacolla, con unhas liñas de autobús ben organizadas e todo iso, ou non ter edificado xusto debaixo do aeroporto. Dirán que son un esaxerado pero, de acontecer un accidente neste lugar, haberá quen pregunte se non se podería ter evitado.
Poño aquí algunhas fotos de colleita propia, de avións sobrevoando o Burgo, con fins meramente decorativos.

Aterraxes sobre o Burgo.
(prema para agrandar)

Aproveito esta cuestión para facer unha reflexión política. Cousas como construir unha cidade debaixo dun aeroporto (ou viceversa), e outros síntomas de desorganización como son os verquidos sen depurar nas rías galegas, os colapsos de estradas desbordadas por un aumento da edificación nas zonas que comunican, etc. (curiosamente, a zona da foto tenas todas) xurdiron xa en democracia, e con estatuto de autonomía. Urxe construir unha conciencia crítica de cara á clase política galega, en xeral e sin entrar en partidismos, porque se seguimos a deixar que as maiorías electorais se convirtan en patentes de corso, a deixarlle facer ós políticos, sen revisar as súas decisións e proxectos, acabaremos por arrepentirnos ou por ter que escoitar críticas bastante duras das seguintes xeracións. Desta volta, non temos a ninguén para botarlle a culpa.

Nota: ortofoto tomada de www.flashearth.com

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/08/22/comparacion-odiosa-entre-baraxas-e-alvedro/trackback/

  1. Alvedro y el “coruñesismo”, van íntimamente ligados, tenían que tener un aeropuerto, lo hicieron y ampliaron en un lugar limitado por la orografía y las viviendas.
    Todo aquel que no defendiera Alvedro, era un mal coruñés. Eso es lo que se puede deducir de las hemerotecas.
    Bueno, ahora ya tienen su aeropuerto de pista corta, rodeado de edificios y con nieblas frecuentes.
    Lo curioso es que están en guerra permanente con él de Santiago, para sacarle vuelos, que está mucho mejor situado, pista larga y sin dificultades de aproximación para los aviones.
    Es difícil que, el personal, tome conciencia, cuando desde los medios de información de A Coruña se le venden las bondades de Alvedro.
    Pena de localismos.

    Comment by ártabro — August 22, 2008 @ 1:15 pm

  2. É horrible. O entorno vigués é exactamente igual con Peinador. E todavía pode ser peor, porque agora temos o invento do AVE para máis propaganda, máis localismo e máis despilfarro en obras mal planificadas que siguen a poñer Galicia patas arriba. Ademáis de boa memoria, como a que demostra vostede, mestre Ártabro, e redacción crítica coma a do mestre Pereiro, fai falla lograr abrirlle os ollos ó público xeral para que o debate público lle faga fronte ó bulldocer… ¡e ós localismos!

    Comment by F. Miguez — August 23, 2008 @ 5:26 pm

  3. É unha mágoa que eu non teña máis tempo para facer unha análise máis sisuda. Dóeme que sempre se estea a falar da Coruña como o máximo expoñente da doenza do localismo. É bastante claro que hoxe a área metropolitana da Coruña -xunto coa de Vigo- concentra boa parte do poder económico e empresarial galego (e por iso é a que máis tributa, non esquezamos isto) e precisa dun aeroporto para soster o seu crecemento. Xa expliquei moitas veces que dada a distancia entre Lavacolla e Alvedro poderían realmente funcionar como dúas terminais dun único aeroporto se estivesen ben ligados. Ver que o tipo de pasaxeiro de Alvedro (executivo) é diferente do de Lavacolla (turista) só precisa de pasar unha mañá nestes aeroportos.

    Finalmente débese sinalar que a perda de seguridade de que exista un bo número de edificacións arredor do aeroporto non é culpa do propio aeroporto, senón de quen ordena o territorio municipalmente. O aeroporto é un sufridor mais do que un causante. Hoxe a Xunta polo menos ten o poder de vetar os plan xerais dos concellos aínda que lamentabelmente é moi raro que o faga. O desmadre cullerdense só se pode entender pegando un ollo na avaricia edificatoria de Culleredo que foi o segundo concello de toda España con maior crecemento na última decada despois de L´Hospitalet.

    Comment by xm carreira — August 25, 2008 @ 7:34 am

  4. Lamentoo, de verdade, se parece que carguei máis contra o localismo coruñés que contra o vigués, porque pode ter seguro que lle teño bastante máis manía ó segundo (tamén hai un artigo pendente que versa sobre iso de xeito indirecto)
    A verdade é que este artigo non pretendía ser unha análise, senon somentes unha observación, e penso que o último párrafo deixa claro que sitúo a responsabilidade na esfera política. E estou totalmente de acordo con vostede en que nin o Alvedro nin Aena son responsables da integración aeroporto-urbanismo, senon que as administracións (fundamentalmente as locais e a autonómica) encargadas da xestión e a ordenación do territorio son as que teñen a culpa desta clase de males.

    Comment by F. Miguez — August 25, 2008 @ 2:39 pm

  5. E iso que as cores políticas de Culleredo e A Coruña son as mesmas. Se fosen diferentes non quero nin imaxinar o que farían a unha e outra beira do Alcampo.

    Por exemplo, ate hai pouco, non había bus ate o aeroporto -nin en Alvedro, nin en Lavacolla tampouco, por certo- e había que soltar os case 20 euros ao taxista. De feito, quen quixese facer un hipotético transbordo con Iberia Bilbao->Lavacolla->Alvedro->London Heathrow tiña que desembolsar 40 euros de taxi e 6 euros de tren rexional por percorrer menos de 50 km.

    Comment by xm carreira — August 25, 2008 @ 3:09 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.