Do posible cambio climático e a nosa resposta fronte a él.

“A dia de hoxe, sigo sin ter claro se as alteracións climáticas que se están a rexistrar teñen algún precedente histórico que descoñezamos e que as acredite como algo transitorio (lembremos que o rexistro meteorolóxico científico non chega máis alá dun século ou dous, un tempo insignificante na escala do planeta) ou se, pola contra, se trata efectivamente de unha condena bíblica provocada pola acción do ser humano, cuias consecuencias, ademáis de imprevisibles, vaian ser catastróficas.
Asumamos como certa a segunda hipótese. Temos máis ou menos claras as causas do problema e, coa axuda da ciencia, a enxeñería e o sentido común, temos a oportunidade de adoptar as medidas necesarias para evitalo (fundamentalmente, non gastar nada que non podamos repoñer, e gastar o menos posible en xeral).
Supoñamos agora que a hipótese asumida estaba errada. ¿Qué tería acontecido? Que teríamos cambiado de un estado tecnolóxico a outro que vai cumplir as mesmas funcións de cara o ser humano, o cal non ten por qué ser necesariamente negativo. Solamente hai un problema e está na estrutura económica, que non parece disposta a asumir os custes de facer ese cambio tecnolóxico a curto plazo. Honestamente, si permitimos que os cartos sexan problema á hora de decantarnos pola hipótese que nos garante a seguridade como especie, creo que mereceríamos de pleno dereito unha extinción en toda regla.”

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/08/07/do-posible-cambio-climatico-e-a-nosa-resposta-fronte-a-el/trackback/

  1. O cambio más do que tecnolóxico será necesariamente de modelo económico. Houbo un libro que me impresionara moito e que lera para unha asignatura de dinámica dos sistemas, “The limits to growth” de Donella Meadows, no que defendía, algo catastrofistamente e baseándose en conceptos matemáticos sinxelos que o modelo económico de crecemento sen limites só podía acontecer con recursos infinitos e que dado que os recursos son limitados iamos dereitiños a darnos contra o noso teito.

    A verdade é que hai que cambiar a actual escola de economía con doutrinas que atentan contra o sentido común como esa de que gastar por gastar é bo para a economía, o caso é mover os cartos, e que se reflicte por exemplo en como se calcula o PIB dun país, e aceptar modelos económicos baseados na austeridade, no valor do inmaterial e os intaxibles, e na sustentabilidade.

    Comment by xm carreira — August 8, 2008 @ 7:39 am

  2. Eu chegara a unha conclusión semellante… aplicando o Primeiro Principio da Termodinámica. O crecimento económico implica necesariamente un maior consumo de recursos, a canto máis crezamos, máis rápidamente creceremos. Se temos en conta que a Terra, hoxe en día, é un sistema illado e finito, cando esgotemos os seu recusos… ¿qué está previsto que fagamos? ¿Buscar outro planeta?
    Certamente, alguén conseguiu crear da economía un dogma, fundamentalmente da economía liberal, e existe a crencia de que o social e o humano dependen enteiramente de ela o cal, ademáis de falaz, é pernicioso porque sirve de excusa para que quenes controlan a economía teñan liberdade absoluta para faceren o que queren.
    Tomo nota do libro, que pasa á miña interminable lista de pendientes.

    Comment by F. Miguez — August 9, 2008 @ 2:08 pm

  3. A necessidade aguça o engenho, usa-se dizer. Veja-se como com a subida do preço do petróleo e a expectativa de nunca mais voltar a ser barato, toda a indústria automóvel começa a se organizar à volta dos motores “limpos”, dos combustíveis não-poluentes, etc. O problema é que “choques petrolíferos” já acontecem desde o início da década de 70 e as previsões do barril de petróleo acima dos $100 eram apodadas de “catastrofistas”.
    Como receio estar agora a acontecer com o “aquecimento global”: ainda estamos na fase da polémica, apesar de todos os dias se acumularem evidências de que algo se passa…

    Comment by pepe — August 20, 2008 @ 8:38 am

  4. Oxalá as previsións de cambio climático sexan catastrofistas, pero deben servirnos para poñer en marcha ese enxeño e pensar outros modelos de desenvolvemento máis intelixentes e, se puidera ser, menos interesados. Hai que velo como unha oportunidade para mudar as cousas.

    Comment by F. Miguez — August 21, 2008 @ 6:24 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.