De Jethro Tull e a “piratería”.
“Si, eu baixo música do emule, e vou explicar a miña relación co fenómeno, por si a industria quere aprender algo. Probablemente non o faga, porque a difusión da cultura nos medios actuais está máis que explicada, e o quen non aprende é porque non lle interesa.”
Todo empezou cos comentarios que facía Jose María Rey no seu “Bulevar” de Radio3, despois, unha entrada en “Libro de Notas” con un acertado enlace no youtube fixo o resto. A discografía enteira de Jethro Tull ocupa 1′35Gb, asi que me fixo falla un DVD para sacala do disco duro, hasta ter ocasión de empezar a estudiala. Hasta onde cheguei polo de agora, coincido cos críticos en que os mellores son “Stand Up” e “Aqualung”, sobre todo o primero.
Se algún sufrido artista da SGAE está a ler isto, e cre que lle estou a chupa-lo sangue por grabar nun DVD unha serie de discos editados hai unha media de vintecinco anos por outros artistas, ingleses aqueles, prégolle que siga a ler antes de chamar ó seu avogado.
Os de Jethro Tull non son os primeiros discos acarrexados para a casa coa mula, nin serán os ultimos. Cando teña cartos, hei mercar algún dos que me parezan mellores, como fixen co “If Things Were To Go Wrong” de Deluxe e a discografía completa de The Doors (porque me saiu a unha media de 7 euros/disco, que todo inflúe), ou irei velos se dan un concerto por aquí, como fixen con Hamlet, Iron Maiden ou The Rolling Stones, cuias obras descubrín en cassettes rigurosamente piratas. Os que non me gusten, pois non os mercarei, como lle pasou ó “First Impressions Of Earth” dos Strokes. E dende logo que non vou mercar todo canto me guste porque, nin todo nesta vida é música, nin pagarlle dereitos de autor a unha sociedade de xestión é a mellor maneira de facer á cultura seguir o seu cauce natural, aínda que o negocio se resinta.
Por certo, mentres vostedes pensan cómo aclararme a diferencia existente entre escoitar música na radio ou nas webs das bandas, e gravala nun DVD para estudiala cando mellor me veña, cóntolles unha curiosidade: cousas da difusión libre da cultura, cal non sería a miña sorpresa ó descubrir na Wikipedia que o Jethro Tull orixinal foi o inventor dunha sementadora… ¡igual ca min!