Anti paisaxe galega.
“Cando volvía no avión dende Londres, supen que estaba sobrevoando Galicia ó recoñecer a autovía transcantábrica alá abaixo. Dame ganas de chorar cando me dou conta que o elemento máis característico da paisaxe galega están a ser os desmontes, os taludes e os mamotretos de formigón que nos invaden por todas partes dende que alguén inventou aquilo do déficit de infraestruturas.”
para chegar máis rápido a ningures. centos de lugares quedaron só con 2 habitantes, outros centos están xa abandonados. para chegar máis rápido a ningures.
Comment by manel vazquez — July 28, 2008 @ 11:50 am
Pensei o mesmo cando vin as mutilacións do Morrazo, as qeu se ven dende toda a ría… É todo para facer unha carretera (que non autovía) que libere algo o tráfico do Morrazo cara ó resto do mundo. O que non sei é se hai unha alternativa razoable a esta carretera.
Comment by Peregrino — July 28, 2008 @ 6:59 pm
En realidade, as infraestructuras do Morrazo foron construídas para que o vigués e o pontevedrés non teña que rebaixarse a pasar polas vilas da península nas súas viaxes ás praias. Nunha ocasión, truxemos a Redondela a un xeógrafo da Universidade de Santiago que nos expuxo un estudio sobre transporte no entorno da Ría de Vigo e… abofé que existen alternativas. Hasta os que xa tiñamos máis ou menos claro o asunto quedamos sorprendidos.
O de ir máis rápido ten bastante de falacia. A curto plazo, o que logran moitas infraestruturas de transporte por estrada é concentra-los problemas de tráfico nos seus extremos, xeralmente núcleos urbanos e polígonos industriais. A medio prazo, segundo estudios que hai feitos, incentívase o emprego do automóbil privado, e do camión para as mercadorías, implicando un aumento do parque móvil e do número de desprazamentos que acaba por volver a saturar a rede viaria nuns anos, facendo necesarias novas infraestruturas nun círculo vicioso que, ó final, acaba por desfacer o entorno e fundir os cartos públicos.
Comment by F. Miguez — July 29, 2008 @ 7:40 am
A diferenza entre antes da II Guerra Mundial e agora é que antes as cousas demoraban máis a construir co cal tiñas tempo para ver como ían quedando as cousas. Hoxe podes transformar unha paisaxe radicalmente nun lustro porque a velocidade de execución cos novos materiais de posguerra é de vértixe.
As infraestructuras son necesarias, e no caso do rural galego diría que son imprescindibles para a súa supervivencia. As infraestructuras son como as veas dun país e permiten viaxar, traballar noutros lugares e compararnos. Por exemplo, a chegada do ferrocarril a O Porto permitiu que Eça de Queirós se afrancesase coas leituras de París converténdose no mellor escritor en lingua portuguesa de todos os tempos. Da mesma maneira que hoxe Míguez compara o territorio de Galiza e da Gran Bretaña grazas a unha infraestruturas aeroportuarias.
Pero claro, para facer que as infrestructuras sexan útiles e encaixen na paisaxe, hai que ter tempo para pensar, planificar, debater e proxectar. E tempo é o que habitualmente non hai.
Comment by xm carreira — July 31, 2008 @ 7:46 am
A ver se un día nos chaman da TVG para debatirmos sobre isto, Mendinho
). So hai dou sectores que teñen apremio: Primeiro os políticos, que cada catro anos se xogan a bicoca da que viven, e aprenderon dende longo tempo atrás que cortar cintas e descubrir placas é a mellor maneira de subsistir no seu negocio. Segundo, esa parte do empresariado máis preocupada do beneficio inmediato que da creación de unha actividade económica estable e sostible no tempo.
Vou tentar resumir moito. Eu xamáis direi que as infraestruturas, en xeral, non son necesarias. ¡Abofé que o son!
Pero, como os dous sabemos, tamén teñen uns custes (entre os que está a modificación da paisaxe), e eu sosteño que non se están a avaliar correctamente.
Por outra parte, as infraestruturas son necesarias para o progreso (aínda que o seu significado tamén debería ser reflexionado), pero non son a única forma de progreso. Desenvolver unha economía menos dependente do transporte e da urxencia sería aforrar moitos cartos en furar montes e aterrar vales (e dexalos así para sempre), pero tamén reducir o noso consumo enerxético.
Para o desenvolvemento do rural as infraestruturas están en segundo lugar. Primeiro, aínda hai que pensar que vamos a producir ou comercializar nel. E si eses productos van precisar de grandes vías de comunicación, será porque se precisan grandes volumes de mercadoría para obter rendibilidade; mellor buscar productos (ou servicios) con maior beneficio unitario, como fan tódalas economías ricas.
Certamente, estamos de acordo en que o problema é a falta de planificación, e citamos o exemplo que xa outras veces manexamos, de que se estea a invertir no “AVE” para competir cos ¡3! aeroportos galegos, nos cales tamén se invirten os nosos cartos para mellorar a súa competitividade. O que sobra é tempo. Hasta onde eu sei, o mundo xa existía cando naceu miña avoa, e vai seguir ahí cando nos morramos (no caso contrario aínda estaría menos xustificado andar a fozar tanto
Comment by F. Miguez — August 1, 2008 @ 5:37 am