Destecendo a rede.

Foi alá polo mes de maio, que tomei a decisión de recortar o tempo adicado á actividade blogueira, nas súas tres vertentes: Escribir blog, ler blogs e comentar en blogs. Naquel intre, tratábase dalgo transitorio, unha medida “de emerxencia” ante a proximidade dos exames e a acumulación de tarefas debida a outras actividades. Agora, vai para un mes (o día 26) que os exames remataron, pero o tempo non voltou. As “outras actividades” siguen ahí porque para iso me metín nelas e, por non perder o impulso académico, púxenme co proxecto de fin de carreira, un “invento” que, se todo vai ben, consumirá unha boa chea de horas do meu tempo.
Esta entrada é, por tanto, para declarar que Apunta, para non o esquecer vai seguir actualizando as súas entradas só unha ou duas veces por semana. Así mesmo, para os veciños de blogomillo e resto de esfera, algúns, amigos a todos os efectos, dicirvos que a pesares de non vos estar a deixar comentarios sigo a lervos co interese de sempre, e que tentarei ir mellorando a organización do tempo para non perder esta rede tecida arredor deste espazo.
¡Vémonos nas leiras!

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/07/18/destecendo-a-rede/trackback/

  1. Mr. T, non te preocupes nadiña, que se hai confianza para falar de todo, tamén hai confianza para saber que se non apareces, tes bos motivos para non facelo :-)

    Comment by Peregrino — July 18, 2008 @ 8:58 pm

  2. aquí estaremos cando aparezas ;)

    Comment by ghanito — July 19, 2008 @ 10:40 am

  3. Eu ei de procurar que non se note moito, pero supoño que nunca está de máis deixar aviso.
    Unha aperta.

    Comment by F. Miguez — July 19, 2008 @ 12:54 pm

  4. Esse “invento” tem alguma coisa a ver com a solução dos problemas energéticos?
    Boa sorte para as “outras actividades” e um abraço!

    Comment by pepe — July 24, 2008 @ 6:44 am

  5. He he. :) Podería verse así, sim, agardo que sexa un pequeno graíño de area.
    ¡Um abraço!

    Comment by F. Miguez — July 26, 2008 @ 3:23 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.