Destecendo a rede.

Foi alá polo mes de maio, que tomei a decisión de recortar o tempo adicado á actividade blogueira, nas súas tres vertentes: Escribir blog, ler blogs e comentar en blogs. Naquel intre, tratábase dalgo transitorio, unha medida “de emerxencia” ante a proximidade dos exames e a acumulación de tarefas debida a outras actividades. Agora, vai para un mes (o día 26) que os exames remataron, pero o tempo non voltou. As “outras actividades” siguen ahí porque para iso me metín nelas e, por non perder o impulso académico, púxenme co proxecto de fin de carreira, un “invento” que, se todo vai ben, consumirá unha boa chea de horas do meu tempo.
Esta entrada é, por tanto, para declarar que Apunta, para non o esquecer vai seguir actualizando as súas entradas só unha ou duas veces por semana. Así mesmo, para os veciños de blogomillo e resto de esfera, algúns, amigos a todos os efectos, dicirvos que a pesares de non vos estar a deixar comentarios sigo a lervos co interese de sempre, e que tentarei ir mellorando a organización do tempo para non perder esta rede tecida arredor deste espazo.
¡Vémonos nas leiras!