¿Onde está a auga de Galicia?
“Teño unha chea de temas pendientes por tratar neste blog, pero vou saltar a antigüidade para deixar escritas inhas ideas xurdidas a raíz dunha afirmación de Xose Manuel Piñeiro, feita no seu programa de onte comentando unha nova orixinada en Silleda, onde reclamaba un estudio hidrográfico serio para Galicia. Non sigo habitualmente a Superpiñeiro (dende que deixou o noso programa favorito dos martes); de feito non vexo habitualmente a televisión, mais creo que o presentador atinou nun dos grandes problemas ocultos da nosa terra: non existe coñecemento nin xestión eficaz dos nosos recursos hídricos.”
A finais do ano pasado, cando redactamos as alegacións contra a Autovía por Redondela, contamos coa axuda dun enxeñeiro de minas que explicou moi sinxelamente a raíz do problema. A principios dos oitenta, realizouse en España un estudio das augas subterráneas, coa idea de ubicalas e cuantificalas correctamente, e poder así xestionalas de xeito eficiente. Por desgracia, o orzamento destinado a ese estudio esgotouse cando restaban dúas comunidades autónomas por estudar: Galicia e Extremadura. Palabras textuales súas: “Como todos sabemos, por Extremadura pasa un río muy grande y en Galicia… bueno, en Galicia lo que sobra es agua, así que el estudio se limitó a poner que existen pequeñas captaciones de aguas subterráneas de poca importancia.”
A cousa é máis grave do que parece. Cando se redacta a declaración de impacto ambiental de un proxecto, por exemplo dunha autovía, unha das cousas cousas a ter en conta é o posible dano que ese proxecto pode causar sobre os recursos hídricos, sobre a auga da que se dispón no seu entorno. En Galicia estamos aviados, porque a consideración é sempre a mesma (resumindo): solo se afectan “pequenas capatacións de augas subterráneas de pouca importancia” dado que, a efectos técnicos, as augas subterráneas son as inventariadas no famoso estudio dos oitenta, que para iso o fixeron. O resultado, é que a modernización que o AVE e as Autovías nos están a traer, levan como pago a perda de mananciais e pozos todo ó longo do seu trazado (este vídeo é so un exemplo). Entre os posts pendientes referidos ó principio, está unha serie titulada “por qué estou en contra do gasto en infraestruturas“; se algún día chego a escribilos, este tema volverá a ser tratado alí.
A ignorancia é un dos ingredientes máis frecuentes nas decisións erróneas. Ignorar a realidade dos nosos acuíferos, como tentei explicar no punto anterior, é un exemplo. Ser un ignorante, como acontece con algunhas personas que ocupan cargos políticos en Galicia é outro. Son consciente de que esta afirmación, acompañada de exemplos concretos, podería darme a incómoda publicidade dun pleito, por tanto repasaremos o caso xeral. Supoñamos un concello de cinco mil habitantes, cuxa fonte de ingresos tradicional, o sector primario, leva trinta anos de crise por razóns que non veñen ó caso, sin que xurda outra actividade económica que a sustitúa; co século XXI, chega finalmente a solución: alcalde e promotores (cando non son a mesma persoa) deciden darlle un novo pulo ó concello construíndo unha chea de vivendas, sexan para atraer residentes que fuxen do precio acadado alí polo metro cadrado nas cidades, ou sexan para que os turistas se aloxen nelas, fuxindo esta vez da inhumanidade dos grandes asentamentos humanos. En catro anos, sexa a tempo completo ou a tempo parcial, a poboación do noso concello de referencia multiplícase por dous ou tres e a auga… A auga non se multiplica, hai a que hai e punto, e o ano que hai menos, porque non choveu, ou porque a autovía secou os manaciais, empezan as restriccións.
Despois xorde a necesidade de construír novos encoros, novas conduccións de auga… e con elas escarallar un pouco máis outro recurso natural como son os ríos. Podería seguir, e no párrafo seguinte falaríamos da panacea dos campos de golf (que últimamente parecen non estar a dar tanto que falar), pero non quero aburrilos; é máis, seguro que están vostedes de sobra aburridos de oir estas mesmas historias e razonamentos, así que ahí lles deixo a pregunta. Se xa estamos aburridos de saber os erros cometidos na xestión dos nosos recursos ¿por qué os seguimos comentendo?
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia traballa a parte social da técnica e a auga é un dos seus campos de actuación principais. Por iso, aínda que traballa dende Galicia mirando cara ós países en desenvolvemento, tiven que pór un enlace no seu blog a esta entrada.
http://esfgalicia.blogspot.com/2008/07/onde-est-auga-en-galicia.html
Comment by Peregrino — July 8, 2008 @ 9:57 pm
Querido Tino, ti sabes a resposta perfecta a esa pregunta, trátase do binomio cartos-votos. E a partires de ahí poderíamos escribir moito, moitísimo.
Comment by jorgecesantes — July 8, 2008 @ 11:16 pm
Unha honra, ese enlace. Non sabía que ESF tiña un blog (ou se o sabía, esquecérao). Dende hoxe, está incluído na lista da enlaces deste blog.
Jorge, escribindo podemos aspirar a concienciar a máis xente, pero todo indica que non basta con iso para solucionar os problemas
Comment by F. Miguez — July 9, 2008 @ 4:50 pm
Reclaman un estudo hidrográfico serio para Galiza
A principios dos oitenta, realizouse en España un estudio das augas subterráneas, coa idea de ubicalas e cuantificalas correctamente, e poder así xestionalas de xeito eficiente. Por desgracia, o orzamento destinado a ese estudio esgotouse cando rest…
Trackback by chuza.org — July 10, 2008 @ 5:36 pm
Eu, con que delimitasen e amolloasen claramente o Dominio Público Hidráulico dábame cun coio nos dentes.
Comment by xm carreira — July 12, 2008 @ 9:08 am
Sabía que vostede tería algo que aportar, Mendinho
Comment by F. Miguez — July 12, 2008 @ 2:25 pm