Obama.
-”… vai gañar as eleccións o asturiano.”
-”¿Cómo que o asturiano?”
-”E que non se pode dicir nejro.”
Conversa retranqueira entre meu pai (o que pregunta) e un parente emigrado na Florida (o que afirma).
O enlace de arriba é o da web do candidato afro-americano, unha vez saltada a intro onde te convidan a facer un donativo. Recoméndolle que vexan as dúas se teñen en mente deseñar unha web seria, unha campaña electoral ou ambalas dúas cousas.