Dispara. Razóns para sentirse orgulloso de Galicia.

Férveda de Ramil.
Hoxe preséntolles unha galería de fotos tiradas na Férveda de Ramil, en Carballo. Un pequeno lugar de eses que se atopan agochados tras dun pequeno sinal nalgunha estrada, no que dar un paseo se lles cadra a pasar por alí, ou estar un tempo de relax sentados xunto á fervenza, nun lugar de eses que, desafortunadamente, estamos máis acostumbrados a ver en fotos que na realidade.
Xa saben cal é o meu consello: escollan unha boa compaña e pérdanse polo camiño; será a mellor maneira de que a viaxe sexa inesquencible.
Respecte a natureza.

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/06/14/dispara-razons-para-sentirse-orgulloso-de-galicia/trackback/

  1. Vaia, sí que parece un lugar interesante para perderse polo camiño :-P

    Se me permites un pouco de publicidade allea, lémbrame as que ata o de agora pode ver un amigo ao carón da súa casa: http://www.inopia.net/parkito/?p=531 ainda que coma todo, non ten asegurado cánto máis poderá seguir gozando delas.

    Comment by errante — June 14, 2008 @ 4:04 pm

  2. Os muiños do río Chaín, no concello de Barro, tamén están moi ben.

    Comment by xm carreira — June 16, 2008 @ 7:09 am

  3. Perdoade polo retraso en respostarvos, cousas das averías informáticas en tempos de exames.
    Errante, permitida esa publicidade, si me ten lido máis veces, saberá que unha das temáticas centrais deste blogue é a denuncia do dano que moitas excavadoras, no nome dun suposto progreso, están a traer para a nosa terra.
    Mendinho, en Barro só estiven, hai ben anos, no parque do rio Barrosa. Desculpe que nin siquera estea seguro do nome, a pesares de que paso polo sinal que o indica cada 15 días. Tamén truxeron meus pais unhas fotos doutros muíños, estes en Caldas, ben bonitos de visitar. Abofé que, si adicamos un día enteiro a visitar cada recuncho de Galicia digno de ser visto, precisaríamos un par de anos para ir a todos.

    Comment by F. Miguez — June 17, 2008 @ 3:12 pm

  4. E non chegaches ata a de Entrecruces ben pretiño da de Ramil??? Eu creo que é aínda máis bonitiña (que xa é difícil…).
    Bicos!!!

    Comment by Iria — June 26, 2008 @ 3:09 pm

  5. É que nos ímosche ó chou total. Dez minutos antes de dar coa Férveda de Ramil non tiñamos nin idea do que íamos facer aquela tarde.
    ¡Un bico!

    Comment by F. Miguez — June 29, 2008 @ 11:18 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.