A ira ó volante.
Hai catro actitudes ó volante que me provocan unha forte ira:
1º Os que asoman o fuciño e, aínda que te vexan achegándote, apresúranse a incorporarse diante túa, obrigándote a frear e, moitas veces, cirulando de vagar un treito porque aínda teñen que poñe-lo cinto, poñe-la radio ou acender un pitillo.
2º Os que circulan moi despacio porque van falando polo teléfono móvil ou discutindo co acompañante.
3º Os que, en vías con dobre carril, ocupan o carril rápido (o da esquerda) sin necesidade ou porque adiantan a outro sin acelerar, creando un tapón para os demáis que pretenden adiantar por ese carril.
4º Os que pitan cando outro conductor titubea nun semáforo, nun cruce ou en calquera maniobra.
En todos estes casos, a miña obriga como conductor é deixar esa ira de lado e seguir comportándome reflexivamente e con responsabilidade.
¿Que é o que os cabrea a vostedes cando conducen?
1 - Pois a mi que o conductor do punto 1 de F ós 30 metros de circular pola estrada na que estorba, saia da estrada para aparcar… Tenme pasado non poucas veces…
2 - As furgos que circulan con 9 ou 10 persoas dentro a 150 ou máis, case sempre na ruta Burgos Portugal ó rematar a semana. E non crean que por ir a esas velocidades e cun vehículo inestable conducen de forma suave… Presionan, apuran os adiantamentos, van unha detrás de outra para que non as poidan ver… e con 10 persoas dentro.
3 - A doble fila, os que aparcan en minusválidos e calquera outro que por aforrarse 5 min non teñen inconveniente en molestar a 500 persoas un minuto. Vou meter ós motorilos sen silenciador neste grupo.
4 - ¿Falamos da calidade das estradas?
…
Comment by Peregrino — June 12, 2008 @ 10:44 pm
¡Fixo bostede pleno! Concordo con todos os seus puntos, sobre todo co terceiro.
¡Unha aperta!
Comment by F. Miguez — June 13, 2008 @ 5:04 am