Resumo todo o que me levan dado que pensar tantas horas de telexornal adicadas á crise global e a cumbre da F.A.O. en Roma, con dous nanorrelatos de ficción (novidade en este blog, a ver como se me da). Ambos son inventados por min, pero gustaríame que pensasen cal se achega máis á realidade, e por qué pensan vostedes iso.
O amable ancián. Gustábanos pensar que fora unha “idea feliz” xurdida nunha reunión informal, pero todos sabíamos que, a grandes rasgos era o mesmo que levabamos facendo toda a nosa vida, aplicado por primeira vez a unha verdadeira escala global. Hubo que poñer moitos cartos enriba da mesa, e facelo sin que se notara, pero todo saíu tal e como calculamos. Ó acapararmos todas aquelas toneladas de cereais e de petróleo, hasta o último voitre da bolsa de Chicago se lle faría a boca auga coa suba tan espectacular dos precios e tratarían de facer a súa propia acumulación especulativa. Era evidente que antes ou despois os precios volverían a baixar, e tanto a carroña coma nos perdemos moitos cartos, pero había unha diferencia: nos xa nos despedíramos de eles.
Chega un momento na vida en que os cartos xa non valen tanto como crías, e daslle máis valor a outras cousas. ¿Non vé vostede o resultado? Todo o mundo creu que era o campesiño do tercerio mundo, o que estaba capado polas políticas proteccionistas, e foron as personas de mellor vontade as que forzaron o novo paso na liberación dos mercados. Os agricultores dos países ricos perderon as súas subvencións, as que lles permitían resistir nun mundo inundado pola nosa producción extensiva. Ninguén dubida xa das bondades dos tranxénicos, gracias a eles desapareceu a fame do mundo… bueno, tí e mais eu sabemos que iso é algo que nunca nos importou demasiado, pero se un europeo pode comer unha hamburguesa de cincuenta céntimos ó sair da oficina, non se vai plantexar a posibilidade de que outras personas non se poidan pagar a comida, ademáis, a xente non ten por costumbre pregutnarse de onde sairía o que está a comer.
O mellor foi o da enerxía. Con enerxía produces pan, pero con pan non produces enerxía. Manter o control sobre a enerxía era o máis importante para nos. Extrangular o petroleo foi arriscado, complexo e doloroso, pero ó final, a sensación de afogamento fixo que estiveran dispostos a tragar con todo o que lle botáramos. E todo iso, fixémolo nos soíños.
Silverio. ¿Mercado? Non, señor, nos non vendemos no mercado. Toda a producción se xunta na cooperativa, onde temos feita unha estimación da demanda anual. Gárdase, ademáis, unha provisión por si o ano seguinte hubese unha mala colleita, e o resto vai para a cooperativa central, onde o distribúen para as outras comarcas. Eles mándanos a nos o que non producimos aquí, xa sabe, o noso clima é moi húmedo, e hai cultivos que non se nos dan ben. Todos os agricultores da comarca somos socios da cooperativa e temos asignado un sueldo que fixamos en asamblea ordinaria anual; ter estudios foi o que nos permitiu entender o pouco que se precisa saber sobre finanzas para acadar unha certa autonomía como colectivo.
Naturalmente, non todo o mundo se adica á agricultura na comarca. ¡Estaríamos apañados si dependésemos de outro agricultor para curar unha dor de barriga, je je! Non, en serio. Hai un pouco de todo, un taller textil, dous hoteis, unha carpintería… o preciso para cubrir as nosas necesidades.
O da enerxía foi bastante duro ó principio, pero foron as propias circunstancias, o caro que se puxera o combustible e a escaseza o que nos fixo “poñernos as pilas”, e nunca mellor dito. O primeiro foi renunciar a bastantes cousas, claro que axudou moito deixar de acarrexar palés en camións e ter que ir á capital para todo. Fomos collendo algo de aquí, algo de alá… e demos cuberto o oco. A central no rio, aqueles aeroxeradores que ve vostede alá arriba e máis unha caldeira, anexa á carpintería, onde queiman o refugallo de madeira e o mato que traen da limpeza do monte da para esta vila. De feito, normalmente, sobra, pero para iso está a rede eléctrica, je je, é como un ente abstracto, ¿non sí? A electricidade está en ela, non se sabe ben de onde ven nin a onde vai, nin de quén é. Simplemente está ahí. É como a choiva ou o aire.
Se o exercicio fose adiviñar que son un idealista, e cales son eses ideais, estaría chupado
Voullelo repetir outra vez: pensen cal das dúas historias ten máis probabilidade de ser certa algún día, e explíquense por qué. ¿A que iso non é tan fácil?
Recomendado resumen feito por El País.