Ciencia Política-ficción. Especulacións de un escenario político fragmentado.

A través do pouco que vexo a tele, estou a seguir con certo interese a crise desatada no Partido Popular a raíz das eleccións xerais de marzo. Confeso que non podo evitar o anhelo de que esa situación dea en romper co PP en dous partidos, e verán por qué.

Non, non se trata de desexarlle mal a ninguén, senon de algo que seguramente nos beneficiaría a todos, calquera que sea a nosa inclinación política. Si o Partido Popular se escindise en dúas partes, todo apunta a que unha sería un partido de “centro liberal” e, a outra, sería unha organización máis conservadora e próxima á Conferencia Episcopal. Agora empeza a verdadeira especulación: independientemente do que fixera a segunda opción, o grupo centrista arrastraría consigo á parte máis moderada do electorado Popular, pero tamén unha boa parte dos indecisos, descontentos co PSOE pero temerosos da dereita, e incluso a algún votante socialista dos menos convencidos.
Hasta ahí a noticia xa sería boa; no canto de ter dous grandes partidos, teríamos tres un pouco máis pequenos (alomenos en votos), pero aínda pode ser mellor. Ese solapamento dos respectivos mercados electorais entre “Socialistas” e “Centristas” podería provocar unha reacción das faccións máis á esquerda do partido da rosa, que traten de afastarse de ese centro, sexa dende o propio partido ou en outras alternativas.
Si extrapolamos, podemos facer incluso unha conxetura improbable pero didáctica. Nunhas eleccións xerais de 2012 nas que concurrise un eventual partido de centro liberal, este podería convertirse en chave para a formación do governo. Si, nun alarde de talante, o PSOE formase unha coalición de “centro-esquerdas”, xa teríamos unha boa nova: a posibilidade de entendemento entre os representantes moderados das “dúas españas”. Coa dereita xa escindida, tocaríalle entón ás personas de esquerda incómodas con esa entente “progre-liberal” desplazar o seu voto ou a súa militancia cara Izquierda Unida, Os Verdes, ou calquera nova formación que puidera (e debería) xurdír nese escenario, xa con vistas ós seguintes procesos electorais.
Os partidos nacionalistas seguirían a ser, na política estatal, o comodín para cerrar as coalicións de governo, e para evitar a dependencia exclusiva de un único socio, que sempre puidera pedir máis do que lle toca. E ó final teríamos un parlamento como o da maioría dos estados da Europa Continental; plural e cambiante, non en mans de uns partidos monolíticos e hexemónicos incluso fora do entorno que lles corresponde. Porque esa é a base da expectación que me está a producir a tensión interna do Partido Popular: canto máis dividido esté un partido político, sexa cal sexa, máis gañará a democracia de todos.
Por si son vostedes novos neste blogue lean o que teño apuntado sobre o bipartidismo.

7 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/05/22/ciencia-politica-ficcion-especulacions-de-un-escenario-politico-fragmentado/trackback/

  1. Amigho! Moito che traballa a cabesiña, eh? Está ben, e gustaríame engadir un par de cousinhas ás túas reflexións:

    1. A dereita e a tendencia centrípeta: se Fraga deixou unha herdanza significativa, apuntalada por Ansar posteriormente, non é outra cousa que a unión das dereitas nese conglomerado que recrea ó da CEDA (sumada tamén a dereita montaraz e asilvestrada), e que se chama Partido Popular. Este é un valor ó que non renunciarán tan doadamente. “Al menos, lo harán por encima de mi cadáver, o cuando yo no esté”, bramará o Patrón nese trance…

    2. A dereita e a tendencia centrífuga: alguén pensa que a aparición en escena do partidecho de Rosa Díaz e do enxendro ese chamado Cidadáns de Cataluña é casual? Onde recalarán María San Gil et cía., se é que optan por continuar na política?

    E aínda máis: adoptarán a Sanchez Dragó como ideólogo de cabeceira?

    Comment by cansendono — May 25, 2008 @ 9:46 pm

  2. Trabállame a cabesiña, trabállame. Comparto as súas reflexións, cansendono, e engado outra: o feito de que Rosa Díaz atope un espacio político común con María Sangil e outra xente do Partido Popular debería dar que reflexionar sobre a convicción socialista, ou tan siquera de esquerdas, que hai dentro do PSOE.

    Comment by F. Miguez — May 26, 2008 @ 6:39 am

  3. Ghústacheme ben o teu blog
    saúdos

    Comment by A Lareira de Santiso — May 26, 2008 @ 6:32 pm

  4. Pero, meu neniño… como se ve que vostede é novo… supoñer aínda que o PSOE é de esquerdas é como crer que o Real Madrid é unha entidade sen ánimo de lucro, que existe xornalismo obxectivo ou imparcial, que a universidade é un templo do saber ou que a xustiza é independente. O PP e o PSOE só son quen de impórse cando lle arrebatan o voto maioritario ó outro, é dicir, que se desputan os mesmos votos do mesmo tipo de electorado, falando en termos xerais: o voto desa masa heteroxénea, amorfa e desclasada, tamén chamado voto “de centro”, sónalle?

    Comment by cansendono — May 26, 2008 @ 9:33 pm

  5. Pois iso, si se crea un partido especializado nese “centro”, o lóxico sería que os demáis tivesen que atender máis ós electorados de esquerda e dereita respectivamente, e como a actual dereita é a principal aglutinadora dese voto de “centro liberal” (cousa de sermos un país de novos ricos), podería quedar algunha esperanza para os que cremos na necesidade de políticas sociais.
    Gracias, Lareira de Santiso.

    Comment by F. Miguez — May 27, 2008 @ 9:56 am

  6. Eu non son votante do PP, pero a verdade é que estaría moi molesto cos dirixentes do partido. Primeiro por non existir un verdadeiro proceso aberto e democrático dentro do partido. Segundo, pola caza de “bruxas” contra Rajoy e os moderados do partido. Se Aguirre and company consiguen o poder dentro do partido, aquí teremos a mesma dereita que en Italia, que mete medo.
    E outra cousa: prefiro a “dereita” de Rosa Díez, que a de Esperanza Aguirre.
    Un saúdo

    Comment by Luis — May 29, 2008 @ 10:53 am

  7. Eu tampouco son votante do PP, por diferencias ideolóxicas, pero teño pensado moitas veces estes días que, por moita ideoloxía común que tivésemos, nunca me fiaría dun partido no que, a un mes vista dun congreso no que se supón que van a debatir ideas e escoller equipos, estean a clavarse coitelos de esa maneira; algo falla nesa idea de democracia.

    Comment by F. Miguez — May 29, 2008 @ 7:27 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.