Aforismos propios sobre a cadea perpetua, tan de moda estes días.
1° “Non estou totalmente seguro de que o seguimento que Televisión Española está a facer da campaña de recollida de sinaturas pola implantación da cadea perpetua para certos delitos, en particular no programa “España Directo”, sexa totalmente neutral. Dende un aparente “buenrollismo”, estase a facer promoción de unha iniciativa lexislativa particular sen contrastala nin opoñela con ningunha postura alternativa, dando un sesgo que, sexa por neglixencia ou deliberadamente, non debería producirse nunha canle pública.”
2° “A cadea perpetua é unha medida que pode ir en contra incluso da Constitución Española (tomen isto con reservas, que eu non son xurista), e non deixa de estar inspirada nunha concepción da xusticia como ente revanchista e castigador. Para previr determinadas circunstancias, como a reincidencia en crimes relacionados coa liberdade sexual dos menores, sería máis axeitado falar de “internamentos preventivos”. A diferencia non é trivial.”
3° “Posto a falar de “internamentos preventivos” véñenme á cabeza uns cantos casos de persoas con enfermidades mentais perigosas, que non so dependen do sacrificio feito polas súas familias, de coidar a unha persoa que en calquera momento podería cometer unha atrocidade, senón que demostran unha das maiores carencias de este estado, que pretende aparentar avanzado e do benestar, e non pasa de mediocre e “buenrollista”.”
P.D.: A miña conciencia dime que debería completar o primeiro aforismo con un enlace que demostre a miña afirmación, pero temo que me terei que conformar con convidalos a que o comproben vostedes mesmos.
Nominada na Resaca das Letras 08 e eu sen sabelo ata o ultimo momento, son cousas que pasan.
Mira no meu blogue que che conto
Comment by Fada Branca — May 21, 2008 @ 3:49 pm
Totalmente dacordo contigo, a cadea perpetua non pretende unha reinserción social. Eu non son nin xurista, nin psicólogo, pero supoño que non todolos delincuentes (sexan pederastras, ou terroristas, ou o que sexan) son iguais, e que algúns poderán chegar a rehabilitarse. ¿Qué teñan un castigo? Si. ¿pero de que serve un castigo do que non podes aprender nada? ¿É un xeito de compracer o sentimento de vinganza e revanchismo das víctimas?
O obxectivo da cárcere non é outro que a protección cidadá (obviamente), pero tamén a reinserción social dos convictos.
Gustoume o teu post.
Un saúdo
Comment by Luis — May 21, 2008 @ 8:09 pm
Fada, respóndoche no teu blog.
Luis, alégrome que che gustara o post. É un problema que se fale tan alegremente, e moitas veces dándolle autoridade moral a manifestacións razonadas insuficientemente nun tema tan delicado, porque o estado de dereito é un equilibrio moi delicado.
Comment by F. Miguez — May 22, 2008 @ 6:11 am