Reflexións sobre a sanidade pública.

Estivo na casa a enfermeira que se encarga de facerlle as curas a meu avó e, unha vez reamatado o traballo, estivemos a falar da situación da sanidade pública galega. Alén do evidente, a saturación e a nefasta xestión crónicas, plantexou dúas realidades sobre as que quixera apuntar algo.
“O luns, veñen a tomar a tensión, o mércores veñen por recetas, o xoves porque teñen un dolor nun costado…”
Foi o xeito de introducir o pan de cada día na atención primaria. Segundo ela, son moitísimas as personas que acuden ós centros de saúde como excusa para saír da casa, ou como outro xeito máis de relación social. O problema sabemos todos cal é, os pensionistas do rural, si queren, teñen sempre unha horta, unhas ghaliñas ou unha cana de pescar coa que entreterse, pero isto non sucede sempre. Non sei si lles acontece a vostedes, pero a min chamoume a atención o fácil que me resultaba erguerme polas mañáns para ir embalar muebles na miña época de mozo de almacén, e cómo aguantaba alí oito horas, comparado co esforzo que me supuxo adquirir a mesma dinámica cando volvín á vida académica (de feito, xamáis fun capaz de estudiar máis de cinco horas). A veces, ter unha obriga ou un compromiso motívanos moito máis que o libre albedrío, e ofrecerlle algunha oportunidade de compromiso, máis alá de unha baralla española e “O Diario de Patricia”, á terceira idade, é unha grande asignatura pendiente da sociedade do benestar envellecida. Tamén é asignatura pendiente unha xestión eficaz das citas médicas, ou a creación de servicios médicos “lixeiros” que atendan as necesidades de estas personas sin repercutir, como fan, no gasto e a eficiencia da atención primaria.
“Con unha señora, levábamos varias semanas intentando pautarlle a insulina. Decía que xa non podía facer máis exercicio, pero non conseguíamos que a glucosa baixase de 200. Iba a ter que pasar a pincharse pola mañán e máis pola noite, pero un dia, sin cambiarlle nada, apareceu con 70. Era imposible. Empezamos a sonsacala, e resultou que o día anterior fora a unha procesión. ¡O día que de verdade andivo algo, baixáralle a glucosa! Non hai maneira de que a xente entenda o importante que é facer exercicio.”
A historia coméntase por si soa, pero nestes días que algún zoquete da Consellería pertinente alumbrou a idea de sacar unha hora semanal de educación física, alguén debe protestar contra semellante estupidez. Todos sabemos que o exercicio diario é unha das mellores medicinas preventivas e, con esa perspectiva, unha hora diaria de educación física nos institutos sería máis útil que a maioría das cousas que se estudian. Aínda engado máis: subsanando a perfecta ignorancia que a maioría da xente ten sobre cousas como o quencemento, os estiramentos, as porturas correctas, a manipulación de cargas e a prevención de lesións, as baixas laborais reduciríanse drásticamente; estes coñecementos, así como os primeiros auxilios, o correcto emprego dos medicamentos, e outras cuestións relacionadas coa saúde, terían perfecta cabida nunha asignatura chamada “Educación Física”.