Aproveiten “a crisis”.

“Oxalá a tal crisis chegara e servira para reventar a falacia do benestar e o pleno emprego (V. Nota 1). Teclea no buscador de youtube “home made” ou “diy” (do it yourself) e faraste unha idea de hasta onde chegarían a ciencia, a tecnoloxía, a cultura e as relacións humanas si o consumo non fose o motor da civilización actual.”

Nota 1. Para evitar polémica, ou fomentala, non sei. Cando digo “falacia” refírome a que algo está mal pensado no sistema actual, este no que é necesario o consumo para crear emprego, cuio salario se destina ó consumo, necesario para crear emprego, necesario para que haxa consumo, necesario para que haxa emprego, necesario para que haxa consumo… Igual o Ministro de Economía debería explicar isto mellor na tele, porque creo que eu non o entendín.

Nota 2. Desta volta, chegoume unha hora de viciar no youtube, vendo enxendros caseiros do máis sorprendente, para chegar a decidir que non sei cal poñerlles. A mín flípanme os da xente que constrúe reactores con turbos vellos, pero este ten a súa gracia:


Sírvanse vostedes mesmos.