Venta de pragas.

“Ver que nunha grande superficie se venden mimosas, xestas e silvas, para que a xente as poña no xardín, fan que asome con forza a retranca que herdei do meu avó e me sinta moi superior ó urbanita que vai pagar por elas.”

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/05/03/venta-de-pragas/trackback/

  1. ¿Xa se venden silvas nos centros comerciais? Mi madriña! Eu cando vou a aldea teño que loitar con elas para evitar que colonizen os alrededores da casa.
    Cousas veredes…

    Comment by O Raposo — May 5, 2008 @ 8:27 am

  2. Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) no sigular recinto de Os Pendellos, o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
    Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
    Tes información do programa de actos no seguinte enderezo:
    http://blog-xuntanza.blogspot.com

    Comment by Manuel Busto — May 5, 2008 @ 10:57 am

  3. Unha das cousas que máis pena me producen é o crecemento salvaxe das acacias (supoño que iso son as mimosas) nos montes galegos. Paréceme tristísimo e ponme de moi mal humor. As acacias réceme unha árbore traidora, facéndome a simpática co seu colorido para despois arrasar co que atopa. Curiosamente, as acacias non inzan onde hai carballos, outro motivo máis para terlle cariño á vella árbore. Supoño que en moi pouco tempo a xente decatarase que mesmo máis nocivas son as acacias que os eucaliptus.
    Agora engado: todo isto é unha opinión persoal miña, xa virá algún biólogo a me refutar.

    Comment by bouzafria — May 5, 2008 @ 4:13 pm

  4. a perversidade humana para manipular o seu entorno co afán de autodestruirse non atopa descanso.

    Comment by manel vazquez — May 6, 2008 @ 1:34 am

  5. Pois sí, ós que temos que arrincar silvas quédanos cara de parvos cando as miramos a 6€ (creo) nunha maceta. As mimosas, efectivamente, son as acacias que se venden e, hasta onde eu sei, actualmente está prohibido plantalas no monte porque, ademáis de invasoras son moi perigosas nos incendios; unha vez extinguido o lume, as raíces seguen ardendo debaixo da terra, propagando o lume sixilosamente hasta que agorma na superficie, hasta varios dias despois, a varias decenas de metros de onde se extinguiu.
    Tamén e certo que o carballo ven sendo a mellor defensa, si consiguen medrar o suficente, a súa sombra evita a xerminación das sementes invasoras.
    Sr. Busto, agradézolle a súa atención por invitarme. Temo que eu non poderei ir, pero descuide que, no prazo de uns dias, dareille publicidade ó evento neste blog.
    Unha aperta a todos.

    Comment by F. Miguez — May 6, 2008 @ 7:12 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.