Sobre os riscos laborais.
“Estivo de moda, estes días, falar de accidentes e sinistralidade laboral. A semana que ven, seguramente, os medios xa non se escandalizarán de que, cada día, tres persoas perdan a vida no seu traballo. Cousas máis graves, como o problema vasco (o político, non o do terrorismo) ou a selección española de fútbol ocuparán o espacio, pero eu aproveito para facer unha análise estrutural da problemática (ós que siguen o blogue sonaranlle os meus argumentos), para rematar con unhas observacións xerais, que non por lóxicas van sobrar.”
Un dos pilares fundamentais da economía española é a construción. Gravísimo erro, por que é un sector que consume un recurso non renovable, como é o territorio, pero sobre todo porque é un sector no que é imposible manter unha actividade constante ó longo do tempo (e menos cando esa actividade pensa só en maximizar beneficios a corto plazo). Tanto é así, que en España, e en Galicia, constrúense vivendas e obra pública, non para satisfacer as necesidades da sociedade, senón para soster ó sector da construcción (neste vídeo, o mesmísimo presidente Touriño axudaralles a entendelo). Ocorre que o traballo na construcción é prácticamente todo temporal e subcontratado, dous dos factores que máis inciden na sinistralidade laboral. Outros son o traballo en alturas, as grúas, e a cantidade de oportunidades para mancarse que un traballador ten nunha obra, sumando entre todo a razón pola cal, a construcción, concentra a maior parte dos accidentes laborais. Reorientar a economía española cara outros sectores, aínda que difícil, é un touro que algún día, inevitablemente, haberá que coller polos cornos; poden apostar que ese día se reducirán os mortos en accidente laboral.
Non se suele falar moito do tema, pero outra grande fonte de accidentes laborais (coido lembrar que particularmente en Galicia), son os accidentes in itinere. Básicamente, o/a currante, que estivo vendo o seu reality show ou serie televisiva favorita hasta a unha da mañán, érguese ás sete, toma unha cunca de café e métese no seu coche cara o seu polígono industrial, obra ou área comercial; o recorrido é sempre o mesmo, igual que a bronca por fichar tarde, así que o currante baixa a garda… E, no canto de ir traballar, pasa a formar parte de dúas estadísticas: as de accidentes tráfico e as de accidentes laborais. A principal razón pola que isto acontece é que unha grande maioría dos traballadores galegos vai ó traballo e volve no seu propio coche, porque non lle da a gana de recurrir ó transporte público, entre outras cousas, porque o servicio é miserento. En España en xeral, e en particular en Galicia, as administracións solo están a invertir nunha modalidade de transporte público: o tren de alta velocidade. ¿Usará o currante o AVE para ir a diario ó choio? Pensen vostedes o resto.
Vai desaparecendo, con razón, a idea de que os accidentes laborais son culpa exclusiva de empresarios tacaños cos medios de prevención (ollo, que si falásemos de enfermidades laborais habería que replantexar a frase), e exténdese a apreciación, máis certeira, de que todos temos algo que aportar; aínda son moitos os traballadores que toman coma unha nova modalidade de puteo laboral as obrigas relacionadas coa seguridade, e esa batalla vai ser máis dura que a relacionada co empresariado. No que se refire ó papel da administración, a “policía de seguridade laboral” citada estes días ten todas as de ser unha parida que algún político inventou para saír do paso, e non pasará de ahí, nin debería. Existen xa mecanismos administrativos suficientes para a loita contra a sinistralidade laboral, como todo en este país, só falta que funcionen. Propóñolles como xogo que averigüen cantos inspectores de traballo hai asignados para a súa zona; se teñen en conta que teñen que acudir imperativamente alí onde aconteza un accidente grave, e que non só vixían a seguridade no traballo, senón tamén o resto da lexislación laboral, poderán estimar a probabilidade de que un inspector descubra unha irregularidade nun posto de traballo. Ou o que é o mesmo, o cumplimento da normativa queda encomendado ó “puro” que lle pode caír ó responsable si pasa algo, como moitas cousas en España. O problema é que, tres veces ó día, pasa algo que xa non ten posibilidade de arreglarse.
Por certo, segundo a lei, un accidente laboral é isto: “Se entiende por accidente laboral o de trabajo, toda lesión corporal que el trabajador sufra con ocasión o por consecuencia del trabajo que ejecute por cuenta ajena” (extraído da Wikipedia). Os autónomos non teñen accidentes laborais. Sen comentarios.
Neste artigo de Cinco Días atoparán algún dos datos estadísticos referidos.
Se teñen ganas, lean o post que escribín o terceiro día de blogue (é cortiño). Aquilo, apunteino para non o esquecer.


O que é. O monte da Peneda ardeu dúas veces nos últimos cinco anos. Así, mentres non chegamos ó alto, temos a sensación de viaxar por outro de tantos montes desertizados polo lume, como todos os de arredor, onde o mato trata de recuperar a cor natural da paraxe.