Sobre auga embotellada, despilfarro, e outras verdades incómodas.

Manía a miña, esta de tentar ler canto me pasa por diante dos ollos. Iso fixen coa folla de periódico que envolvía unha botella de licor café mercada o outro dia, e atopei un interesante artigo do Faro de Vigo sobre o consumo e a non necesidade da auga embotellada. Recoméndolles (non obrigatorio) a súa lectura antes de facermos un par de reflexións ó respecto.
Por si non leron o artigo, resúmollelo: a auga embotellada é un dos grandes negocios do mundo, porque consiste en venderlle á xente dos países ricos, a un precio significativo, un producto cuio custe en orixe é casi cero. Por un lado, debemos recoñecer o éxito da propaganda por facernos crer que era máis sano beber auga da botella que a da traída, ainda que moitas veces sexa igual ou peor (lean onde di “Inglaterra”). Por outro, está o despilfarro enerxético e de materias primas que supoñen 2′7 millóns de toneladas de plástico anuais; segundo o artigo, cada litro de auga embotellada consume tres litros de auga e cuarto litro de petroleo para sair da fábrica. É unha de tantas estupideces da sociedade de consumo, como ese producto de reciente lanzamento, consistente nunha pequna botelliña que “equivale a una pieza de fruta” ou os iogures para baixar o colesterol, entre outras cousas nas que non todo o mundo cre.
Hai varias lecturas do fenómeno. Dúas son evidentes: a publicidade engánanos, e estamos a despilfarrar os recursos do noso planeta en cousas inútiles. Pero hai unha terceira da que levo querendo falar hai tempo, e aproveito o tema de hoxe para introducila. Imaxinen un ataque de sentido común na nosa sociedade, que supoña a fin da auga embotellada. Por completo. Imaxinen que nos bares sirven unha rica auga da traída, que cando vamos de viaxe ou ó choio levamos unha cantimplora ou un termo reutilizable de por vida… Sen dúbida, aforraríamos enerxía, plásticos, contaminación e cartos do noso peto, pero ¿que acontecería coa xente que traballa embotellando auga?
Hai unha infinidade de cousas das que poderíamos prescindir si pensáramos un pouco: as bandexas de poliestireno que poñen para o salchichón, os “blister” de plástico que conteñen toda clase de obxetos que ben poderían distribuirse soltos… pero ¿onde iría a parar a xente que traballa na súa fabricación e distribución? Sí, querido lector. Vostede e máis eu poderíamos estar sendo a “verdade incómoda”.
Tal vez a estas alturas unha voceciña dentro da súa cabeza xa estea dicindo “bueno, ben mirado, o mundo non está tan mal, e a auga embotellada non é algo tan estúpido“, pero é o que hai. Os políticos e as grandes corporacións teñen a culpa de todos os males, non o vamos discutir, pero todos nos formamos parte de esa mesma maquinaria e iso é o que a fai tan perigosa. Non son catro ou cinco os culpables de que o mundo se contamine, e haxa guerras polo petroleo ou o gas. Culpables somos todos, pero resúltanos incómodo pensalo. Incómodo porque, ainda que quixéramos sair dese círculo, non saberíamos como.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/04/29/sobre-auga-embotellada-despilfarro-e-outras-verdades-incomodas/trackback/

  1. Oño, entonces tampoco poderiamos prescindir das guerras, das fábricas de armamento, das empresas farmacéuticas e os seus fármacos inutis, etc.

    A opción supón un cambio do sistema económico non baseado no enriquecimento como xustificante de calquera acción, por aberrante que ésta sexa.

    ¿Qué imos facer cos psicólogos que atenden ás mulleres violadas ou maltratadas?

    Teñoo que recoñecer: non escribo para contar o que me gustan os teus posts, pero esta vez penso que anotaches de máis.

    Un saúdo.

    Comment by pablo gonzalez — April 29, 2008 @ 10:52 am

  2. Non sei si entendín ben o teu comentario, pero eu non quero dicir que haxa que seguir fastidiando para non perder postos de traballo, ó contrario, parto da base de que sobran estupideces, pero que no allo estamos todos, non é culpa (solo) de George Bush, nin do “Capitalismo Salvaxe”, que non é ninguén.
    Todos somos responsables, na medida que todos participamos de ese sistema, e resúltanos difícil aceptar que teríamos que renunciar a moitas das cousas, anhelos máis que realidades, que crean a sensación de riqueza que temos.
    Vamos, que non digo que haxa que manter produccións “parásitas” para manter os empregos, sinon que eses empregos son a auténtica “verdade incómoda” para a sociedade.

    Comment by F. Miguez — April 29, 2008 @ 11:58 am

  3. Ríndome á lóxica, evidentemente, e sei cando non acertei.

    De todolos xeitos, a “culpa” non é a mesma de quen merca auga mineral, ten un coche contaminante e merca unha casa na costa que a de Bush. A nosa participación no capitalismo salvaxe non é escollida, penso. Non nos libra da responsabilidade, pero, polo menos, sí da culpa.

    Comment by pablo gonzalez — April 29, 2008 @ 2:27 pm

  4. Si, acepto o matiz, co-responsables si, pero tanto como culpables… Ten razón, benquerido amigo, máis culpables son os que teñen as ideas que os que subsistimos nelas.

    Comment by F. Miguez — April 29, 2008 @ 11:22 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.