Eu ciclista VIII. Gracioso. Ridículo. Fascinado.
Tres nanorelatos sobre sucesos recientes na miña condición de cidadán persona que anda en bicicleta:
Gracioso. Entro na Subdelegación do Goberno en Pontevedra coa bici (ese dia tocoulle á de montaña, non á BMX). É algo que fago por costumbre; prender a bicicleta no mobiliario urbano é incómodo para min e, por razóns diferentes, para os demáis usuarios da rua, así que suplo a falla de lugares axeitados e seguros para o estacionamento botándolle morro e levando o trebello conmigo a todas partes. Despois de obter o amable beneplácito do policía e o porteiro, arrimo a bicicleta a unha parede do hall e diríxome ó rexistro. A funcionaria que me atende observara a miña entrada e interésase polo método. Escoitadas atentamente as miñas explicacións e xustificacións (que si o tráfico, que si o aparcamento…) ela conclúe “Así que aparcas el coche en el Lidl y vienes hasta aquí con la bicicleta. Que gracioso.“
Ridículo. Foron en total trece kilómetros repartidos asimétricamente entre case unha hora que me levou subir, por un camiño que non era o máis fácil, e os dez minutos de baixada por outro menos practicable todavía. No cumio, onde están os postes de sinais preto de Cepeda (Pazos de Borbén), parei a muda-la camiseta para que non me collera o frio, baixa-lo sillín, e máis a armarme de proteccións para minimiza-los riscos dunha eventual e probable caída. Esta chegou a vinte metros do final do percorrido; unha de esas caídas crueis que che permiten manter a esperanza, mentres a roda de adiante non para definitivamente contra unha pedra, para deixar que a de atrás consiga pasar por enriba túa dunha vez por todas. De novo, os guantes resultan o elemento de protección máis util de todos e, mentres as mans arrastran indemnes polo chan, a tranquilidade permite darse conta de que unha sola palabra ocupara a miña mente durante todo o proceso. Ridículo. O ridículo de ir cair xusto diante da única persona que atopei en trece kilómetros de condenado monte (si ben, a miña inclinación hacia o determinismo queda tranquilizada polo feito de que na caída axudaron os cans do veciño, que andaban polo lado menos abrupto do camiño). Seis días despois volvín cair, cruzando un regato, e como non levaba as proteccións esfolei unha canilla toda, pero doeume bastante menos que aquilo porque ninguén miraba.
Fascinado. Entre caída e caída, hubo outro día, dos que a choiva desta primavera cedeu unha tregua, para facer kilómetros de verdade, e marcho dar unha volta pola Serra do Galleiro. Acadada unha cota intermedia, tomo unha pista que percorre casi chan toda a cordilleira, coincidindo con tramos do sendeiro das GREAS e outras rutas. Quedo fascinado pola paisaxe que me acompaña durante case 15Km, hasta que decido volver sobre a miña propia pegada, que transcurre entre penedos espectaculares, lugares históricos e unhas vistas que chegan dende a serra do Suido hasta as Illas Cíes. Consigo afastar da miña mente pantasmas de excavadoras que escarallarán para sempre o verde, para trocalo polo futuro mega-parque-industrial de Mos ou a futura autovía A-57 (Pontevedra-Ponteareas), e síntome incriblemente feliz de vivir nunha terra onde, polo de agora, podo saír da casa coa bicicleta e perderme en lugares ós que moitos acceden só pagando o soldo dun mes en concepto de vacacións lonxe do mundanal ruido. Lástima vivir nun tempo no que esta terra anhela ese ruido.