Accidente na central nuclear de Ascó.

Teranse enterado polos medios de que se produciu un accidente na central nuclear de Ascó, en Cataluña. Se non, vexan a nova na galega e en telecinco. Cando fala algún defensor do emprego da enerxía nuclear, argumenta que está sendo necesario un “debate serio” sobre esa tecnoloxía. Non sei si será porque “serio” sólo significa para algúns “que dea cartos”, ou porque solo admiten como “serios” ós que pensan como eles. En calquera caso, aproveito as circunstancias para expoñer (outra vez) os meus argumentos serios en contra do uso da enerxía nuclear.
Unha bombona de butano ten unha serie de riscos inherentes: contén un gas altamente inflamabe e tóxico, e polo seu peso pode provocar lesións durante a súa manipulación. Hai medidas para minimizar eses riscos, como ubicala en lugares ben ventilados ou o exterior, impedir que usen a cociña nenos e acarrexalas nunha plataforma con rodas para evitar danos lumbares; pero o risco sigue existindo. O gas sigue sendo perigoso, a bombona sigue sendo pesada, e síguense producindo accidentes relacionados co gas de uso doméstico malia décadas de experiencia no seu uso. A enerxía nuclear tamén ten os seus riscos, derivados principalmente dos efectos negativos da radiación sobre os tecidos orgánicos (é un artigo longo). Podemos desenrolar as tecnoloxías necesarias para minimizar estes riscos, pero nunca facelos desaparecer por completo. Como se di na PRL, a maneira máis eficaz de evitar que un traballador caia dunha escaleira é evitar que teña que subir a ela.
Como dou por suposta a súa intelixencia (e seriedade), non vou seguir explicando cómo ninguén pode garantir ó 100% que nunca haberá un accidente nuclear mentres exista esa tecnoloxía, e pasaremos a razonar a necesidade de asumir ese risco. ¿É posible evitar que o traballador suba á escaleira? A todos nos resulta evidente a necesidade de grandes cantidades de enerxía que ten o mundo actual. Bueno, a todos os que vivimos en países ricos; seguramente un afgano ou un ugandés teña necesidades máis importantes que poñer o seu aire acondicionado a facer xeo todo o verán, sin pagar unha millonada. O caso é que, como hai moita demanda de enerxía, o seu precio é bastante elevado, logo vendela resulta un negocio polo que moitos matarían (de feito, fálase de uns 90.000 iraquíes mortos, a día de hoxe). Esta é a razón pola que asumir os riscos inherentes á enerxía nuclear: o occidental medio está disposto a pagar cartos por andar en pelotas pola súa casa no mes de xaneiro e ir a esquiar no mes de agosto. Por suposto, malia ser unha estupidez, ten todo o dereito do mundo. O único problema é que, para poder permitirse iso, fan falla unhas enormes cantidades de enerxía e, polo seu elevado custe, alguén estará disposto a vendela aínda que, poñamos como exemplo, sexa preciso andar dar tiros polo mundo adiante ou arriscarse a ser descuberto mintindo sobre a magnitude de un certo escape de radiación nunha central da súa titularidade. Como ven, moi “serio” todo.
Os meus argumentos contra a enerxía nuclear son moi claros: 1º É imposible garantir o 100% de seguridade en calquera cousa. 2º Os riscos derivados do seu uso son terribles. 3º Só a economía dos ricos xustifica a necesidade de recurrir á enerxía nuclear.
Pensen vostedes nos seus propios argumentos. Sexan a favor ou en contra, están convidados a expoñelos nos comentarios.

7 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/04/17/accidente-na-central-nuclear-de-asco/trackback/

  1. Ningún a favor de esa enerxía, ainda que os que a promoven, darialles igual se a enerxía se conseguise con tracción animal humana.

    Comment by Suso Lista — April 17, 2008 @ 8:36 pm

  2. O peor é que habería quen lles daría a razón. Sempre hai quen lles dea a razón.

    Comment by F. Miguez — April 18, 2008 @ 7:40 am

  3. Concordo com os 2 primeiros argumentos e acrescento: os resíduos são extremamente perigosos, ao longo de milhares de anos…onde os despejar? Se se calcularem os custos da energia nuclear introduzindo a rubrica “custo de tratamento, transporte e armazenamento dos detritos” talvez não seja tão interessante como alternativa. Excepto, claro, se forem despachados para um país amigo…

    O argumento da “economia dos ricos” é complicado numa altura em que países “pobres” se lançam a construir centrais nucleares (vd. Irão). O pior é que estes andam atrás da bomba, não da electricidade.

    Mas, num mundo com a população sempre a crescer, o problema da energia é, necessariamente, um dos maiores problemas.

    Comment by pepe — April 18, 2008 @ 11:38 am

  4. O debate nuclear en 100cia

    Comment by xm carreira — April 20, 2008 @ 9:37 am

  5. Para engadir máis argumentos en contra, máis aló da seguridade-inseguridade. Ven da lista de correo de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.

    —– Original Message —–
    From: Andrés Maneiro
    To: xeral@listas.galicia.isf.es
    Sent: Tuesday, December 11, 2007 12:38 PM
    Subject: [ESF Galicia.Xeral] ¿La nuclear como energía de futuro?

    Así da gusto debatir. El otro muestra sus razones. Tú puedes rebatirle y listo. Nada de rollos melodramáticos y pseudo-religiosos:

    http://www.franciscopolo.com/%C2%BFpuedes-rebatirle

    Comment by Peregrino — April 20, 2008 @ 1:17 pm

  6. Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
    Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
    Para máis información:
    http://blog-xuntanza.blogspot.com

    Comment by Manuel Busto — April 21, 2008 @ 11:11 am

  7. Eu non me preocupo tanto do tema dos residuos, estou convencido de que se podería chegar a solucionar desenvolvendo a tecnoloxía necesaria para a súa desactivación. Coma sempre, o problema está en poñe-los cartos para desenvolver esa tecnoloxía.
    Os enlaces que dades resultan interesantes, aínda que no debate de 100cia (non o lin todo) parece que hai máis de un que se cre pouco menos de deus por usar a palabra “ingeniería”, como si esta estivese por enriba do humano. A xente así deberían de darlle un ordenador (sen rede) para que fagan a enxeñería que queiran e illalos do resto do mundo, que é como parece que desexan estar.

    Comment by F. Miguez — April 21, 2008 @ 3:13 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.