Das preocupacións da sociedade.

“Eu considérome un deportista. Prácticamente nunca competín, fundamentalmente por que non me gusta a competición, pero durante toda a miña vida practiquei diferentes deportes, influintes de xeito indiscutible na formación do meu carácter. A capacidade de sacrificio, a creación de metas personais, a dosificación de esforzos, o espíritu de equipo ou o sentido da oportunidade son virtudes que se poden adquirir coa práctica do deporte. Non obstante, a atención prestada ás competicións deportivas, os deportistas e os clubes nos espacios informativos xerais, sexan audiovisuais ou escritos, non deixa de parecerme unha grave perversión froito dunha interpretación moi errada do concepto “sociedade do benestar”.
O coñecemento, sexa científico ou humanístico, e a conciencia das moi variadas problemáticas ás que se enfrenta o ser humano, ocupan unha parte infinitamente menor do escaparate público, sen respetar a proporción do ofrecido por estes á sociedade, fronte os réditos sociais dunha información deportiva concebida a medio camiño entre un espetáculo circense e unha telenovela de liñas argumentais recurrentes, como son tódalas telenovelas.”

Nota: Na terceira frase deste aforismo listo unha serie de virtudes ofrecidas polo deporte. Naturalmente que o sr. Miguez non se considera a si mesmo nin un compendio de dotes positivas, nin modelo de nada; en ningún caso se insinúa siquera a preponderancia de tales virtudes sobre outros aspectos da miña persona. :)

Nota II: Este aforismo leva unha semana como borrador. Hoxe, o programa “Tengo una pregunta para usted”, vai colocar ó seleccionador nacional de fútbol ó mesmo nivel de relevancia que o presidente do goberno e outros representantes políticos da nosa sociedade, sendo unha ocasión boa de aproveitar para publicalo. “Tengo una pregunta para usted” queda inevitablemente devaluado.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/04/15/das-preocupacions-da-sociedade/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.