Dispara, costaba o mesmo facelo ben. Beiarrúas abortadas.
Para min, os concellos están na mesma categoría que os reloxios parados e os coitelos sen afiar: cousas que poderían resultar necesarias pero son inútiles. Os disparos desta galería, que hoxe presento, retratan un exemplo das causas que me levan a ter esta opinión das administracións locais, como son as beirarrúas atrancadas con postes e farolas. Na maioría dos casos, pódese pensar que solamente supoñen unha pequena incomodidade para os viandantes, forzados a pasar de lado ou facer un quiebro, pero quedan convidados a pensar para que lle sirven algunhas aceras destas fotos a unha persona que leve un carriño de bebe, ou peor aínda, a aquel que se desplace nunha cadeira de rodas. Moito temo que non lles sirvan para nada.
Entre as fotos, hai algunhas máis escandalosas que outras, pero quero determe a explicar tres en particular.
Esta é do Burgo (Culleredo), nela sae un poste que leva anos atrancando esa acera xusto nun sitio que se estreita. O máis gracioso é que o tal poste parece non servir para nada, sendo un legado do antigo tendido desa rúa, agora cambiado de sitio. Fíxense na foto (preman para abrila), e verán que, efectivamente, o poste non sostén ningun cable. Solo estorba.
O resto son todas de Redondela. Paréceme importante esta na que o poste non obstaculiza dramáticamente, pero chama a atención o feito de que a ninguén se lle ocurrira aproveitar unha recente remodelación para sacalo do medio e medio; de feito, esa columna ten un letreiro que alguén colgou para protestar, o cal inspirou esta galería (atención tamén ás sete arquetas en dez metros cadrados, outro clásico galego).
A que remata este artigo, ten algo máis de delito. Resulta que, o ano pasado, acometeuse a “humanización” do centro da vila, ensanchando as aceras e prohibindo o estacionamento nas rúas principais. A obra non estivo exenta de polémica, por un lado estaban os defensores do dereito e necesidade de poder aparcar en calquera sitio, e polo outro os que apreciaban ampliar o espacio humano a costa de recortar o espacio dos coches. Uns e outros deixaron de enfrentarse cando apareceron esas xardineiras, porque todo o mundo está de acordo en que fai falta un grado moi elevado de estupidez para ensanchar unha beirarrúa e volvela achicar hasta o mesmo tamaño con semellantes mamotretos, que ademáis teñen o fondo de cemento, deixando un futuro incerto para as árbores que as ocupan (acacias e palmeiras algunas de elas, demostrando un gusto cuestionable). Para colmo, existe algunha misteriosa razón pola que a xente se detén a falar sempre onde están as macetas (véxanse as fotos), quedando o paso totalmente boicoteado.

Xulguen vostedes mesmos as outras fotos da galería.
Remato aclarando que a palabra “acera”, malia non sair no diccionario de galego, está empregada deliberadamente, para me descargar un pouco de “beirarrúa”, vocablo que detesto por parecer un invento rebuscado.
O segundo sábado de maio, outra galería.

moi boa a galería. semella feito a capricho. está claro que os políticos gastas o presuposto con desgana e por obriga, excepto en tempos de eleccións.
Comment by manel vazquez — April 13, 2008 @ 12:40 am
Moitas gracias.
Son fotos tomadas do meu entorno máis próximo. Agora, desexo acumular unhas cantas do mesmo fenómeno en outros concellos de Galicia, para unha futura ampliación da galería. Tampouco estaba de mais facer unha web aberta na que todo o mundo puidese aportar este tipo de cousas, par xa sae do meu alcance.
Comment by F. Miguez — April 13, 2008 @ 3:30 pm
Eu dende que teño o crío percibo máis eses detalles que atrancan o paso da xente.
Os arxentinos chámanlle vereda á acera. Quizais non fose mala idea chamarlle verea en galego, postos a inventar.
Comment by paideleo — April 14, 2008 @ 10:31 pm
He he. Por inventar que non quede. Pois espera a chegarmos a vellos, verás cantos atrancos novos descubrimos polo mundo adiante.
Comment by F. Miguez — April 15, 2008 @ 6:17 am
Sendo um falante do neo-galego(ou galego-português)o termo que me é habitual é “passeio” (não confundir com “o passeio ao domingo” ou “passear”, embora seja essa a ideia).
A sul do Minho, os nossos passeios sofrem do mesmo fenómeno de postes, buracos, floreiras, e outras entidades urbanas que disputam o espaço às pessoas.Para não falar de dejectos de cão (que saem de casa pela trela do dono, pois são muito limpos e não sujam a casa…) ou do omnipresente automóvel.
Curiosamente, havendo legislação para construção de rampas de acesso da rua para o passeio, e deste para os prédios, as ditas rampas escasseiam para aflição de quem use cadeira de rodas ou carrinho de bebé.
Comment by pepe — April 15, 2008 @ 1:11 pm
Aquí, o dos cans non é un problema tan grave como lembro cando era pequeno. É curioso que, aquí en Redondela, os coches xa non estacionan nas rúas humanizadas, pero sempre hai algún que ten presa por algo e non dubida de metelo entre as persoas a agardar por él.
Coido que en España tamén hai unha lexislación sobre barreiras arquitectónicas, pero está lonxe de se acadar o seu cumprimento total. No tocante a rampas de acceso, porque en obstáculos…
Comment by F. Miguez — April 15, 2008 @ 3:11 pm
Ola Míguez!
Sabías que este temA foi un dos dous primeiros que quixo abordar OAR, dende a súa fundación? Nembargantes, hai pouco fixemos unha campaña en Redondela para chamar a atención sobre este “descoido constructivo”, pero non nos saiu moi ben a campaña e tivemos pouca repercusión. Agora mesmo non teño fotos, pero eiche mandar algunhas. Penso, e sempre que podo intento aplicalo, que e Redondela deberíamos traballar xuntos en máis ocasións. Unha aperta
Comment by Víctor Manuel — April 27, 2008 @ 7:55 pm
Foi un dos vosos carteis o que me deu a idea de este artigo, he he.
E coido que tes razón, en Redondela hai que tecer unha rede de movimento social para tentar facer do noso concello un lugar algo máis digno.
Comment by F. Miguez — April 28, 2008 @ 5:19 am