Detesto os apuntes.


O penúltimo paso que me separa da titulación de Enxeñeiro Industrial é aprobar asignatura e media, que tento estudiar a través deses apuntes da foto. Cando remate a carreira, iso vai ser precisamente o que menos bote en falta: os apuntes. Voulles explicar as razóns de esa animadversión, e tentarei “apuntar” algunha maneira de mellora-la docencia.

Apuntes.

Deixei de tomar os meus propios apuntes no terceiro ano da carreira por que a miña caligrafía non é axeitada, nin son capaz de atender e tomar nota ó mesmo tempo. Pero, sobre todo, a sensación de que non podía aprender nada nun texto escrito por min mesmo e o afastamento paulatino das aulas, fixeron que empezase a depender exclusivamente dos apuntes alleos.
Debo recoñecer que sempre existen excepcións, coleccións feitas por profesores ou alumnos, ás que so lles falta un pequeno traballo de edición, a impresión e a encadernación, para seren verdadeiros tratados; pero iso non é o normal. Seguro que moitos de vostedes saben ó que me refiro cando falo de fotocopias borrosas e cortadas pola marxe, de escrituras que a premura da explicación na aula deformou hasta facer case ilexibles, de símbolos e abreviaturas cuio significado coñece so o autor do texto, de anotacións entre renglóns que convirten a escrita nun laberinto de verbas e, o que é peor de todo, seguro que tamén lles sona si falo de apuntes incompletos, onde se debe adiviñar qué falta, ou tirar con eles e buscar outros que cubran a totalidade do temario impartido. Son, todos estes, defectos típicos que endurecen o estudio e o fan incómodo e desagradable, o cal nunca debería acontecer coa transmisión do coñecemento, única verdadeira baza para as garantías do futuro como sociedade ou incluso como especie.
Ademáis de existir apuntes incompletos por extravío de follas ou polo que fose, existe outra causa todavía máis perniciosa: a mala selección dos contidos que moitas veces fan os profesores, empurrando ó alumno cara a posibilidade de que, algún dia, sexa asaltado polo estupor de descubrir o abismo existente entre a perspectiva por él recibida de unha materia, e a que resulta universalmente aceptada fora das aulas do seu profesor. Isto débese a que o docente non sempre sabe deixar á marxe filias e fobias, caíndo nunha parcialidade respecto dos contidos nada beneficiosa para o estudiante.
No horizonte ideal, existen dúas posibilidades extremas: que a docencia fose regulada, e o alumno se limitase a absorber uns contidos case oficiais, ou ben un sistema totalmente aberto baseado nuns obxectivos plantexados ó principio do curso, que o alumno debería acadar lidiando pola sua conta. No término medio, está o meu ideal de mestre, unha persona que adica a metade do seu esforzo a explicar as bases da materia, sin que as súas leccións se convirtan nun dogma escrito en formato apuntes, e a outra diríxese a guiar ó alumno entre a bibliografía e outas fontes de coñecemento, para axudarlle a evitar carencias ou redundancias, pero obligándolle a crear unha dinámica de aprendizaxe util alén da vida académica. A fin de contas, como dicía un mestre de artes marciais, o verdadeiro mestre non ten nada que ofrecerche, maís que axudarche a sacar o que hai dentro de tí (ou algo así).
Remato tentando tecer algo de rede, ó dirixirme a Brétemas ou Juan L. Blanco Valdés (si lles cadra a pasar por aquí), entre outros, que teñen falado do futuro do sector editorial. Non vai ser a panacea, e os medios dixitais danlle unha complexidade enriquecedora ó panorama; pero tal vez unha liña de traballo oficialmente conxunta, na que a Universidade aporte os contidos, e os editores profesionais os formatos, si non existe xa, daría como resultado a elaboración de un material docente util e actualizado, coas oportunidades que isto pode supoñer para a as dúas partes.

6 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/03/30/detesto-os-apuntes/trackback/

  1. Querido apuntador, confeso que comecei este comentario tres ou catro veces, perdéndome con matices en torno á habilidade do profesor para explicarse (cando non é a vontade o que falla) e a capacidade do alumno para entendelo con maior ou menor esforzo. E é que se foras un bo profesor, a descripción que fas dos apuntes sería a do alumno pouco aplicado. Pero claro, non ten sentido falar de profesores inútiles (e/ou impresentables), nin de materias inútiles, nin de alumnos inútiles (ainda que destos non coñecín apenas na universidade, porque co dura que é carreira, só quedan os que van sacarlle utilidade e poñen gañas para rematala como sexa). Repito, non ten sentido partir dalgún deses casos porque estaría claro que o que hai que cambiar é o profesor, o contido ou o alumno, e punto.
    Pero, ¿que ocorre cando o profesor tenta facer o seu traballo, a materia está ben escollida e organízase de forma eficiente, e o alumno ademais tamén traballa? ¡Pois que calquer método é bo! E se o método falla, profesor e alumno buscaranse unha alternativa. Niso consiste o traballo do mestre e alumno, polo menos a uns niveis nos que os alumnos que asisten están dispostor a sufrir seis cursos por vontade propia para conseguir o título… ¿Os apuntes? Temos exemplos de sobra da súa utilidade: Vilán, Taboada, Mariano… xunto cos seus alumnos e as súas asignaturas, claro. Certamente o que facían era crear o seu propio libro que puñan a disposición dos alumnos, e engadían explicacións alternativas cando os apuntes como tal faiaba…
    Pero claro, tampouco é preciso falar dos bos exemplos, salvo para iso, para que sexan bos exemplos. Deberiamos falar dos fallos do sistema universitario. Pero non vou comezar, porque hai tantos fallos que a súa cantidade, por plaga, fai complicadísimo resolvelos mínimamente daquí a… ¿50 anos? ¿25? ¿10 se hai vontade por tódalas partes?
    Non vou seguir por aí, que me lío máis, só vou rematar sinalando que os apuntes, que son só unha ferramenta. E coma sempre, co equipo adecuado de profesores-materias-alumnos son unha ferramenta potentísima. Cun mal equipo, inútiles.
    Vaia, ó final cheguei a unha perogrullada, pero serviume para soltar unhas cantas lindezas polo camiño. Se isto fose unha clase… Os alumnos terían que pasar os apuntes a limpo, qué desastre…

    Comment by Peregrino — April 1, 2008 @ 9:30 pm

  2. :D
    Xusto os profesores que citas eran os exemplos que tiña en mente como casos excepcionais.
    Penso que o primeiro paso, tanto para solucionar o tema dos apuntes como o fiso global universitario, pasaría por unha interpretación menos individualista da “liberdade de cátedra”; si os departamentos se reunisen con certa frecuencia para facer postas en común sobre os contidos das materias que imparten, os materiais cos que se van apoiar, a relación entre as clases teóricas e as prácticas, etc. probablemete, os profesores verían facilitado o seu traballo, e faríano de xeito máis eficiente.
    Desafortunadamente, como decia Jeffrey (o profesor de inglés ¿lémbralo?) “Vosotros, los españoles soi mucho de ir cada uno por su cuenta y jodiendo al de al lado.” Tal vez iso era o primeiro que tiña que cambiar na Universidade.

    Comment by F. Miguez — April 2, 2008 @ 4:53 am

  3. Na UNED, onde ando part-time, non temos apontamentos oficiais, todo é bibliografía e resumes de libros feitos polos proprios alunos.

    Comment by xmcarreira — April 3, 2008 @ 9:59 am

  4. ¿E resulta máis cómo así que no sistema tradicional?

    Comment by F. Miguez — April 3, 2008 @ 1:42 pm

  5. Non sei se é mais cómodo mas para os que traballamos non nos queda outra alternativa que a UNED: colles todo o material a comezos de ano e poste a estudar só coa axuda moi puntual duns tutores. Hai xente que pola súa persoalidade dáse ben co de estudar en solitario e case só con libros - é o meu caso, son un lobo estepario, non gasto apontamentos e nen preciso de subliñar os libros- e, pola contra, outros estudantes, malia seren intelixentes e aplicados, non se acostuman psicolóxicamente á metodoloxía particular da UNED e abandoan.

    Comment by xm carreira — April 3, 2008 @ 9:54 pm

  6. Entón pode que me dera ben; aprecio moitísimo contar con profesores que me guíen e dotados de unha experiencia que transmitir, pero unha vez renunciadas as clases, eu tamén son de sentarme na mesa cos libros e rillalos dende o prólogo.

    Comment by F. Miguez — April 4, 2008 @ 6:59 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.