Detesto os apuntes.


O penúltimo paso que me separa da titulación de Enxeñeiro Industrial é aprobar asignatura e media, que tento estudiar a través deses apuntes da foto. Cando remate a carreira, iso vai ser precisamente o que menos bote en falta: os apuntes. Voulles explicar as razóns de esa animadversión, e tentarei “apuntar” algunha maneira de mellora-la docencia.

Apuntes.

Deixei de tomar os meus propios apuntes no terceiro ano da carreira por que a miña caligrafía non é axeitada, nin son capaz de atender e tomar nota ó mesmo tempo. Pero, sobre todo, a sensación de que non podía aprender nada nun texto escrito por min mesmo e o afastamento paulatino das aulas, fixeron que empezase a depender exclusivamente dos apuntes alleos.
Debo recoñecer que sempre existen excepcións, coleccións feitas por profesores ou alumnos, ás que so lles falta un pequeno traballo de edición, a impresión e a encadernación, para seren verdadeiros tratados; pero iso non é o normal. Seguro que moitos de vostedes saben ó que me refiro cando falo de fotocopias borrosas e cortadas pola marxe, de escrituras que a premura da explicación na aula deformou hasta facer case ilexibles, de símbolos e abreviaturas cuio significado coñece so o autor do texto, de anotacións entre renglóns que convirten a escrita nun laberinto de verbas e, o que é peor de todo, seguro que tamén lles sona si falo de apuntes incompletos, onde se debe adiviñar qué falta, ou tirar con eles e buscar outros que cubran a totalidade do temario impartido. Son, todos estes, defectos típicos que endurecen o estudio e o fan incómodo e desagradable, o cal nunca debería acontecer coa transmisión do coñecemento, única verdadeira baza para as garantías do futuro como sociedade ou incluso como especie.
Ademáis de existir apuntes incompletos por extravío de follas ou polo que fose, existe outra causa todavía máis perniciosa: a mala selección dos contidos que moitas veces fan os profesores, empurrando ó alumno cara a posibilidade de que, algún dia, sexa asaltado polo estupor de descubrir o abismo existente entre a perspectiva por él recibida de unha materia, e a que resulta universalmente aceptada fora das aulas do seu profesor. Isto débese a que o docente non sempre sabe deixar á marxe filias e fobias, caíndo nunha parcialidade respecto dos contidos nada beneficiosa para o estudiante.
No horizonte ideal, existen dúas posibilidades extremas: que a docencia fose regulada, e o alumno se limitase a absorber uns contidos case oficiais, ou ben un sistema totalmente aberto baseado nuns obxectivos plantexados ó principio do curso, que o alumno debería acadar lidiando pola sua conta. No término medio, está o meu ideal de mestre, unha persona que adica a metade do seu esforzo a explicar as bases da materia, sin que as súas leccións se convirtan nun dogma escrito en formato apuntes, e a outra diríxese a guiar ó alumno entre a bibliografía e outas fontes de coñecemento, para axudarlle a evitar carencias ou redundancias, pero obligándolle a crear unha dinámica de aprendizaxe util alén da vida académica. A fin de contas, como dicía un mestre de artes marciais, o verdadeiro mestre non ten nada que ofrecerche, maís que axudarche a sacar o que hai dentro de tí (ou algo así).
Remato tentando tecer algo de rede, ó dirixirme a Brétemas ou Juan L. Blanco Valdés (si lles cadra a pasar por aquí), entre outros, que teñen falado do futuro do sector editorial. Non vai ser a panacea, e os medios dixitais danlle unha complexidade enriquecedora ó panorama; pero tal vez unha liña de traballo oficialmente conxunta, na que a Universidade aporte os contidos, e os editores profesionais os formatos, si non existe xa, daría como resultado a elaboración de un material docente util e actualizado, coas oportunidades que isto pode supoñer para a as dúas partes.