Vacacións nos Oscos.

Pasei a Semana Santa na contorna Asturiana de Taramundi e os Oscos. Apunto brevemente algunhas impresións da viaxe.

Teixois.

Os habitantes da comarca dos Oscos son, a todos os efectos, Asturianos. Por iso, so hubo unha razón para que non me sorprendera falar con eles en galego, e descubrir que é o seu idioma natural: xa me acontecera o mesmo no Bierzo hai uns anos. Falar na nosa lingua con xente que non é galega dalle ó idioma unha fermosísima dimensión transnacional, e dilúe as fronteiras artificiais creadas por administracións e burocracias que se revelan ignorantes da realidade humana.
Chama a atención a densidade de museos e lugares para visitar relacionados cos muiños, os mazos hidráulicos e o aproveitamento da auga como fonte de enerxía ancestral (preman na foto), o que á miña vista se converteu na enseña dunha terra na que perdura a simbiose entre actividade humana e territorio, sendo a súas principais fontes de ingresos a agricultura, o turismo, a madeira, e a artesanía, incluída a agroalimentaria, como son o mel e os queixos. Fontes de riqueza, todas estas, que dependen directamente de manteren o entorno nunhas condicións bastante semellantes ás que o caracterizaron dende que alí se implantaron os primeiros habitantes. Hai que ser honesto, e recoñecer que as axudas institucionais e a escasa densidade de poboación son dous factores de bastante peso nese éxito, pero para algunhas personas ese é un ideal cara o que todas as sociedades deben mirar, cando pensen no futuro a calquera plazo. Desafortunadamente, somos poucos os que así razonamos.
Un non sempre se deixa enganar polos seus sentidos, e os tres dias que pasei alí fun consciente de que estaba nunha especie de museo xigante, en que o tempo e paisaxe se conxelaron deliberadamente, para ben dos que alí viven e disfrute dos visitantes. Por iso, tivo que ser outra a causa de que a viaxe de volta por Galicia, dende A Fonsagrada hasta A Coruña, fose como unha inmersión nun cadro surrealista, no que a orden, a coherencia e a xeometría non existen. Casas e galpóns amoreados caóticamente, ladrillo sen revestir e mesturado coa pedra, núcleos de poboación no que dous ou tres edificios de cinco alturas dan a nota entre vivendas unifamiliares descubren que, cando se pasan tres dias fora da nosa terra, pérdese a familiaridade con unha chapuza e un caos antinaturales, polos que deberían pagar as personas que tiveron algunha responsabilidade en materia de urbanismo, arquitectura e ordenación do territorio galego durante os últimos trinta anos.

8 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/03/24/vacacions-nos-oscos/trackback/

  1. Eu nunca visitei Taramundi e de cada vez teño máis gañas.

    Comment by paideleo — March 24, 2008 @ 11:46 pm

  2. Pois anímate, porque é unha comarca que de seguro che vai gustar, e está cerca abondo para que compense achegarse unha fin de semana calquera.

    Comment by F. Miguez — March 25, 2008 @ 10:10 am

  3. Non coñezo Taramundi (como non coñezo tantos e tantos sitios) pero a crónica que deixas aquí éche un convite ben poderoso!

    Comment by torredebabel — March 25, 2008 @ 11:43 pm

  4. A tí quédache algo máis lonxe que a paideleo :) , pero non por iso vou deixar de recomendarche a visita, que nunca se sabe… o mundo é cada vez máis pequeno.

    Comment by F. Miguez — March 26, 2008 @ 9:27 am

  5. Non creo na existencia do feísmo: agás que un sexa platónica declarado e confeso non hai un ente feísta á marxe de quen leva á práctica esas conductas consciente ou inconscientemente. En conclusión, só habería feístas. Eso sí, hai un feixe deles, por non dicir que a mogollón. Un saudiño!

    Comment by cansendono — March 26, 2008 @ 6:57 pm

  6. Coñezo ben toda esa zona. Faltouche decir, que cando entraches en galicia, a xente falaba castelán.

    Comment by Suso Lista — March 26, 2008 @ 6:59 pm

  7. Eu non sei si é feismo ou o que é, pero asegúroche que resulta bastante descorazonador mentres non te volves acostumbrar á desorde na paisaxe.
    Sobre o idioma, a verdade e que falei con pouca xente hasta chegar á Coruña, e xa se sabe que por alí, o Galego… haino que buscar.

    Comment by F. Miguez — March 27, 2008 @ 9:36 am

  8. Non coñezo Taramundi pero teño un amigo que vai a miúdo e fálame moi ben da zona.
    apertas.

    Comment by O Raposo — March 28, 2008 @ 12:06 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.