Eu ciclista VII. BMX.

Fago un breve resumen sobre a adquisición que fixen a principios de este ano, para seguir avanzando na miña condición de cidadán ciclista.

A conclusión chegou por tres camiños diferentes: Primeiro, quería conseguir unha bicicleta mártir coa que aprender a saltar, para gañar seguridade no monte sin escarallar a de montaña no intento. Segundo, a BH Bicicross 20 combinada co coche é bastante útil, pero o dia que me descubrin baixando peldaños con ela sentín estarme excedendo no seu uso. Necesitaba unha bicicleta dun tamaño similar, para poder acarrexala no coche, pero con un cadro suficientemente robusto para a miña relación peso/temeridade. Por último, está o feito de que nacín no ano 78, polo que entre os meus recordos da infancia están aqueles “stunts”, maioritariamente americanos, que saían na tele facendo carreiras nas pistas de motocross ou todo tipo de acrobacias con aquelas pequenas bicicletas que causaron furor nos anos 80: as BMX. A decisión tomouse sola.
Fun tanteando ese mundo fascinate de eBay hasta dar con uns vendedores alemáns que subastan artigos traidos de Asia, entre os cales se atopan as bicis que eu buscaba. Paciencia e táctica fixeron o resto.

BMX

Non se fien das apariencias: os frenos de disco poden ser contraproducentes nunha BMX (de feito, moitos especialistas non teñen freos nas súas bicis) e en xeral é unha bicicleta bastante caldeiro á que, en mes e medio xa lle tiven que facer algún arranxo, pero… ¿qué se pode pedir por 25€ mais 50€ en gastos de envío? O certo e que tiven bastante sorte, sobre todo tendo en conta que a poxa foi feita en pleno auxe de precios navideño (despois tardarían un mes en mandarma, pero esa é outra historia).
Resulta estupendo chegar a unha cidade, aparcar o coche nun lugar estratéxico e montar neste trebello, invertindo en calquera xestión memos tempo que co propio coche (e menos custe, porque non hai que pagar O.R.A. nin aparcamentos).
De feito, aínda que foron inventadas para o cross, as BMX son hoxe en día un icono da cultura urbana, igual que os monopatíns e os grafitti; non tanto polo uso pragmático que eu lle dou como por seren un dos divertimentos da xuventude nas cidades. Deixolles un vídeo publicitario de un fabricante de estas pequenas bicis que me ten fascinado, porque transmite unha imaxe bastante romántica desta actividade no eido urbano, con unha musiquiña bastante menos atorrante que a habitual nas montaxes sobre deportes alternativos. E recoméndolles que vexan outro dun coñecido progama británico sobre coches, no que se fai unha carreira para atravesar Budapest, entre un coche e dúas BMX ¿Adiviñan quen gañou? Honestamente, o vídeo non resulta moi realista, pero o certo é que hai estudios onde a bicicleta se domstra como un dos mellores medios de transporte para cidade.


2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/03/19/eu-ciclista-vii-bmx/trackback/

  1. É un bo sistema. Agora hai que ter cuidado cos coches.

    Comment by paideleo — March 19, 2008 @ 10:02 pm

  2. Sí, os coches son o principal problema :)

    Comment by F. Miguez — March 24, 2008 @ 11:57 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.