Democracia participativa III. A próxima transición.

Quero poñerlle fin a esta serie de artigos sobre política, que coincidiu co proceso electoral das pasadas semanas, explicando “iso da” seguinte transición que levo falado xa un par de veces (1 e 2). Unha transición cara unha democracia baseada na participación cidadá máis que na delegación de poderes.

Estou tentado a facer unha ánalise historica da transición, pero por non dilatar moito o artigo, e para evitar meterme a sachar nunha veigha á que non lle vexo os marcos, direi solamente que tivo moito mérito o acadado polas dúas xeracións de españoles que particiaparon nese proceso, mais a transición non foi perfecta. Trinta anos despois de aprobarse a Constitución, atopamos a actividade política en España confiscada por uns partidos políticos que, ó longo da democracia, se foron separando da cidadanía e incluso da súa propia militancia, e se blindaron con uns grupos mediáticos afíns a eles, que manteñen esa brecha entre a sociedade e poder político.
Póñolles dous exemplos. (1)A Plataforma Cidadá de Redondela contou case dez mil alegacións en contra da autovía Vilaboa-Peinador (si len a noticia e se tragan o da alternativa a Rande, póñanse en contacto conmigo), e conseguiu a adhesión de trintaecinco colectivos á repulsa. A poboación de Redondela ronda os trinta mil habitantes, logo non parece que o noso alcalde represente moito á sociedade local cando di que esta pide a tal autovía. (2)¿Coñecen vostedes a alguén que defenda o canon dixital? Eu non (aínda que algún haberá, calquera pode pensar como queira). ¿Representa o goberno os intereses dos españoles ou os de un grupo de presión, cando implanta ese canon? Curiosamente, o caso do canon dixital é un exemplo do que debe de ser a próxima transición, e cómo debe facerse.
Aposto o que queiran, que a idea desa taxa non se lle ocurriu a J. L. Rodríguez Zapatero un dia que estaba él tan pancho. Máis ben, unhas personas sentíronse agraviadas polo uso que os cidadáns fan facemos de certos medios, decidiron unir os seus esforzos para conseguir que o goberno os compensase. O resto da historia xa o coñecemos. Para o “culturetariado” foi facil. Ademáis de ser “jóvenes, ricos y famosos”, dispuñan dun oco nos medios de comunicación, e superon ofrecerllo ó PSOE para asomarse por él. Pero a liña é fundamentalmente esa. Identificar unha problemática, buscar personas ou colectivos sensibles con ela, e asociarse para trasladala a ouvidos da clase política.
Así de difícil. A complexidade das relacións humanas (lean estoutro si queren afondar máis) e o esforzo personal necesarios para estas actividades invitan rápidamente ó desalento. A esfera política vive acantonada nos seus despachos e, sobre todo, na comodidade da palmadiña no hombreiro acompañada das palabras “perda coidado, que me encargarei personalmente” apoiadas no vacío absoluto; cando non botan man de artimañas deshonestas para “tranquilizar” ó personal (digamos que as licencias de obra ou a Policía Local non deberían estar controladas polos alcaldes). Por outra parte, os medios de comunicación están financiados principalmente por publicidade institucional e doutros grupos de poder, así que o movimento social parécese bastante subir cada día a Colina da Hamburguesa (tal vez viron a película).
Básicamente, hai que considerar cinco cousas para levar a cabo esta seguinte transición. A nivel personal, é precisa fortaleza e capacidade de relación, porque pensar “¿por qué estarei aturando eu a este fulano, cando podía estar coa miña muller na praia?” queima moito. A asamblea como sistema de organización; o liderazgo é algo natural en todalas colectividades, pero xamais unha ou varias personas deben cargar con todo o seu peso, para evitar que se agoten, e para evitar que se vendan.
Unha plataforma ou colectivo, por sí so, fai pouco máis que un individuo. É necesario crear redes nas que ese colectivo se mova, reciba apoios e os dea. Nese sentido, Galiza non se vende é unha iniciativa que nos enche de esperanza a moitos. Internet é unha ferramenta estupenda, para o enraizamento desas redes, pero non debe tornarse imprescindible. Tamén pode chegar a ser moi útil para a comunicación co resto da sociedade, eludindo así as barreiras que xurden nos medios convencionais (a TVG aínda non sacou unha soa nova sobre a Plataforma de Redondela, pese a ter movilizado a milleiros de personas). De todos xeitos, os xornalistas tamén son seres humanos, e hainos con responsabilidade e conciencia crítica; deanlles novas a eles, e eles daranlle voz a vostedes.
Algo parecido pasa cos políticos. Non se trata de ir contra de eles, sinon de levalos ó rego das demandas sociais. Hai xente que está en política para forrarse ou para que se forren os seus amigos, pero tamén hai xente ten boa vontade, ou que simplemente non sirve para ter un oficio. Hai que falar con eles polas boas e ás claras, non se deixar enganar pola palmadiña no lombo, e conseguir que traballen en consonancia coas problemáticas que presentamos.
Sería cómodo vivir nunha dictadura, porque a represión é unha escusa moi boa para tragar co que nos boten. Pero en democracia non hai escusa; todo o malo que nos pase merecémolo si non fixemos nada por remedialo. Ninguén dixo que fora fácil, pero é necesario.

Si aínda non se cansaron de lerme, teño apuntado outro artigo sobre o mesmo… para non o esquecer.