¡Peligro, bipartidismo!

As eleccións xerais do pasado domingo mostraron unha clara tendencia á polarización da política española en torno ós dous partidos maioritarios, e ese avance cara o bipartidismo paréceme unha senda pouco afortunada para o futuro. Vexamos por qué.
Cando era pequeno, preguntábame qué necesidade tiña a natureza de exhibir tanta variedade de especies e razas entre os seres vivos. “¿Por qué ten que haber maceiras, pereiras, cerdeiras, figheiras… en vez de un solo tipo de frutal? ¿Por qué hai páxaros dende o pardal hasta as águias, pasando por pombas e gaivotas? ¿Non chegaba con un so tipo de páxaro?” Como non estudei bioloxía nin filosofía, teño que conformarme con buscarlle unha explicación dende o meu planeta e na técnica hai dúas razóns para a diversidade. A primeira, é procurar dispoñer de unha gama de solucións suficientemente rica, como para poder topar algunha que se aproxime moito ás necesidades de cada caso. Abofé que si hubese só dous tipos de tornillos, dous tipos de cables ou de rodamentos, calquera podería ser enxeñeiro, pero o 99% dos proxectos terían resultados pésimos. A outra razón é a seguridade. A miudo, instálanse varios mecanismos que redundan entre sí, para evitar a catástrofe en caso de que algún falle.
O horizonte que se aprecia na política española vai xusto no sentido contrario, as alternativas “minoritarias” van perdendo importancia relativa no medio de esa loita cruzada entre PP e PSOE, que adican a maior parte dos seus esforzos a desgastar ó contrario ou protexerse de él, deixando nun segundo plano, que a veces queda fora do debate público no que debería estar, a política constructiva, a de facer e desfacer cousas en proveito da sociedade. É certo que España ten unha grande tradición de debate exaltado entre opostos; cando non é “Barça-Madrid”, é “Barça-Español” ou “Real Madrid-Atlético de Madrid”, e ós medios de comunicación resúltalles infinitamente máis doado vender esa política de “derbi”, sobre todo porque un público cada vez máis acomodado, e con menos ganas de pensar, confórmase con estudiar dúas alternativas, ó sumo tres, e non dez ou quince. Esa “futbolización” da política parece conducir, os días máis enconados, a un rexurdir daquela polarización patria, coñecida como “as dúas Españas” (artigo extenso pero recomendable), que tantas páxinas ten enchido nos libros de historia… desafortunadamente.
Eu son dos que pensan que formar parte da Unión Europea alonxou esa tradición tan española das guerras fraticidas, pero nin por iso hai razóns para sentirse confortable co bipartidismo. Malia que aínda (ou cada vez máis, que sería peor) hai xente que entende a democracia como un goberno das maiorías, a realidade debe ser a de gobernos de/por/para todos, e para que todos esteamos representados nas Cortes, é necesaria a existencia dunha gama de partidos suficientemente ampla, na que cada cidadán, despois de unha análise crítica e documentada, decidise cal representa mellor as súas inquedanzas.
Catro deberían de ser os factores de cambio: suprimir o sistema D’Hondt de reparto de escanos, que beneficia voluntariamente ás candidaturas maioritarias, recuperar nos medios a presencia de algo máis que dialécticas “Kas Naranja-Kas Limón”, un cambio na mentalidade dos políticos con respecto á natureza dos pactos e a representación dos cidadáns frente o electoralismo e, sobre todo, unha maior implicación destes cidadáns na política, dende a crítica razonada e dende a conciencia das responsabilidades que o individuo ten en democracia.
Sinceramente, eu non lles podería vivir nun mundo en que só tivese a posibilidade de escoller entre dúas posibilidades.
Buceen, buceen.
P.D.: Por si non o fixeron aínda, vexan as escuetas e reveladoras contas que fixo cesare.