Dispara, razóns para sentirse orgulloso de Galicia. A Praia Fluvial de Begonte.
Dispara non foi pensado como un fotoblog no que exhibir un talento fotográfico do que carezo, senon como un espacio no que ir plansmando a imaxe visual que eu teño de Galicia. Moitos dos descubrimentos máis fermosos que fixen na miña terra foron precedidos pola frase “a ver que é iso”, en resposta a algún discreto letreiro, no medio dos moitos que sinalizan os ramales e desvíos das principais estradas galegas. A veces son 50 metros, e a veces 15 Km, pero o normal é descubrir sitios que, coñecidos só polos lugareños, engaiolan e dan ganas de volver… ou nunca marchar.
Si algún dia circulan vostedes pola Nacional VI, fíxense nos ramais que hai no Concello de Begonte. Un ten un sinal que pon “praia fluvial“, e que os conducirá hasta o lugar que hoxe presento nesta nova galería. As fotos céntranse só no interese paisaxístico da zona, mais alí toparán unha área recreativa e deportiva, privada, pero aberta ó público de xeito gratuíto (eu nunca vin a ninguén cobrando). Situada á beira do río Ladra, afluente do Miño, está bastante ben integrada no entorno (non o típico golpe de feísmo), e é un lugar no que pasar unha estupenda tarde de lecer romántico, familiar, ou deportivo, e si é con boa compaña mellor. Todo gratis, e sin contratar viaxes a destinos exóticos. En Galicia.
Abofé que lles podería dar unhas indicacións moito máis concretas para atopar o sitio, pero ese non é o espíritu. Collan o coche, ou o que sexa, e pérdanse buscando. Estean seguros que darán con este sitio ou outro que lles guste máis.
O segundo sábado de Abril, outras fotos.
Nota de 18/08/08: Corrixo o de “todo gratis”. Parece que, alomenos durante o verán, hai que pagar 1′50€ por persona para poder acceder a esta area recreativa e ter acceso a unha serie de servicios que os propietarios ofrecen.


Precioso sitio.
Se che cadra de ires de Arbo a Crecente acércate á ponte romana de Mourentán que ten unha praíña fluvial xeitosiña pola ubicación.
En Galicia temos un feixe de sitios pequenos e con encanto que non acostumamos valorar como deberían ser valorados.
Comment by paideleo — March 8, 2008 @ 7:17 pm
Esa é unha zona que apenas coñezo, e ben seguro que tomo nota de pasar por esa praia o día que me achegue por ahí.
Comment by F. Miguez — March 10, 2008 @ 6:29 am