Democracia participativa II. Balance da campaña.
(Ven de un artigo da semana pasada.)
Hoxe remata a campaña para as eleccións ó parlamento e o senado españoles, que se van celebrar o próximo domingo dia 9. ¿Qué lles pareceu a vostedes? (non é retórica, comenten, comenten…) Van desculpar que eu estea en época de adestramento das miñas capacidades de análise, así que voulles resumir as miñas conclusións de xeito esquemático.
1º A estrela indiscutible desta campaña foron os debates televisados. Oportunidade estupenda para que a televisión gañase un protagonismo que non ten por qué ter, fomentada por políticos que se situaron nun segundo plano ó reperiten mecánicamente as mesmas frases dos últimos catro anos. As horas adicadas a falar de “a mesa”, “o escenario” e unha cronometraxe de partido de baloncesto convirten a política no que os medios necesitan: un espectáculo. análise, Reflexión e crítica precisas para converter a política no que necesita a sociedade quedan nun segundo plano de tertulias nas que prácticamente solo sonan os coros de acompañamento ás dúas liñas trazadas por PP e PSOE.
2º ¿Lembra alguén que España é unha monarquía parlamentaria, non un sistema presidencialista? Nese panorama de confundir as eleccións xerais con un partido de ping-pong verbal, entre as dúas personas con máis probabilidade estadística de chegar a ser presidentes do goberno, ninguén recorda que o sistema electoral español non é presidencialista. Eu, censado na provincia de Pontevedra, non podo chegar o domingo ó colexio electoral e votar por X. L. Rodriguez Zapatero nin por M. Rajoy, polo mero feito de que, formalmente, éles sólo son candidatos ó congreso dos deputados por Madrid. Isto trascende do anecdótico cando resulta en que dous días antes das eleccións só coñezo o rostro de tres dos cabezas das listas que sí podo votar, e non teño nin idea das personas que os siguen nesas listas, e de qué van facer por min si acadan un escaño no parlamento.
3º ¿Alguén sabe que é o Senado? ¿Poden explicarmo, ou será mellor que reclamemos que nos devolvan os cartos que costou?
4º O que necesitamos os españoles é cemento e asfalto. Una parte importante do “debate” (en xeral, non solo dos televisados) foi ocupada polas infraestruturas de transporte terrestre, sendo o asunto máis agudo todavía en Galicia. De entrada, teñan presente que España é o país con máis kilómetros de autovía per cápita (¿ou é en relación á extensión do territorio?, corríxanme si me equivoco) de Europa. Pero, sobre todo, fagan unha lista dos problemas que teñen a diario. ¿Cantos se solucionarían con AVE e autovías, e cantos con máis gasto en sanidade, ensino, vivenda protexida, rebaixando algúns impostos indirectos… en lugar de fachendear de un superávit de cartos que nos cobraron e non gastaron en solucionarnos problemas? ¿Pensan vostedes que, no medio de tanta infraestrutura, se falou bastante dos seus problemas reais, con medidas concretas e cuios resultados vaian ser evaluables polo electorado na próxima lexislatura? ¿Oiron algunha vez as palabras “transporte público”, incluso asumindo que o AVE se podería vender como tal? (comenten, comenten…)
5º Política para políticos. Vostedes e máis eu quedamos fora. Dentro do malo, falar de infraestruturas é falar de algo. Pero incluso estas, con todo o que ocuparon, ocuparon pouco no argumentario total. Do que máis se falou foi de terrorismo, de modelo de estado, de si non rompeu España ou si aínda ha de romper… Vamos, falando de nada. Porque, esgotada a vía polítca, alomenos para un tempo, a loita contra o terrorismo é cousa de policías e xuíces. Porque é necesario ter un modelo de estado, no que se sepa cómo é cada territorio, coas súas necesidades e as súas riquezas, pero despois de trinta anos de democracia, o feito de que iso aínda non estea claro empeza a cheirar que é máis fácil discutir que asumir responsbilidades. E porque todos sabemos que falar de estado dalles un aire como de importancia ós políticos, pero o que se está a esquecer é que os políticos non son importantes. A única que debería ser importante é a sociedade.
A semana pasada, dixéralles que ía falar de unha idea que chamaremos a “seguinte transición”, e esa era a miña intención cando empecei este artigo. Confeso que este balance da campaña que remata pretendía ser unha introducción a outra cousa, pero creo que por hoxe xa tiveron bastante paciencia lendo todo isto, así que queda para a próxima. Está ben, recoñezo que tamén inflúe que hoxe me erguín ás 6:45 (sí, quedei durmido :S) e sendo as 10:25 aínda non estudei nin un só minuto. Como, saia quen saia presidente o domingo a configuración do parlamento que resulte das eleccións do domingo, e a posterior elección de un candidato para que sexa proposto ó Rei para que este lle encargue a formación de un goberno, non me vai solucionar a vida, vai ser mellor que me poña a estudar.
Actualización das 14:45h: ETA acaba de matar a unha persona en Euskadi. Podemos dar por rematada a campaña electoral. Sempre me preguntarei si o independentismo vasco vai obter algún beneficio de estas cousas, ou si existe outra estratexia distinta da que cremos. Me cagho na cona que botou ós inimigos da democracia neste país, quen queira que sexan. E punto, porque canto máis se fale de estes mal nacidos, máis rentable lles será acabar coa vida de unha persona.
Os debates televisivos foron unha sucesión de monólogos que en ocasións case parecían do club da comedia. E o moderador/a foi mais ben cronometrador/a. Dá mágoa que profesionais da comunicación tan válidos teñan como único cometido avisar do tempo e pasar o turno. Non foron verdadeiros debates; todo estaba excesivamente programado, mesmo a altura das sillas, a temperatura, o color do fondo. Por usar un símil cinéfilo, moitos efectos especiais e moi pouco guión.
Sobre o 3 punto non teño nin idea. Que o reformen xa!
Comment by O Raposo — March 7, 2008 @ 11:40 am
Visto o resultado do debate, eu case prefería que foran pola tele de un en un a seren entrevistados por catro ou cinco periodistas serios (deses que xa case non se ven) e, si cadra, con preguntas de personas de esas que chaman “de a pe”.
Comment by F. Miguez — March 8, 2008 @ 12:07 pm
O Senado é, polo e agora, un balneario.
Coronaríame que perderan os dous grandes partidos as eleccións, pero como iso simultaneamente está difícil, confórmome que fiquen lonxe da maioría absoluta.
Comment by bouzafria — March 8, 2008 @ 11:16 pm
Pois moito me temo que o grande triunfador foi, ó final o bipartidismo. As dúas Españas volven estar de moda. Ó longo desta semana, verei de facer un post sobre o tema.
Comment by F. Miguez — March 10, 2008 @ 6:25 am