Sociedade das comunicacións.
“É unha señal que teñen entre eles. Don Francisco (que ven sendo o cura) ou Luisa (que ven sendo a criada do cura, aínda que “empregada doméstica” seica lle molesta menos) dan un campanazo fuerte, e Genio (que ven sendo o sacristán, e vive noutro lado da parroquia) oe, e xa sabe que ten que ir a tocar.”
Rosa (que ven sendo miña nai).
Cómo me gusta, en pleno século XXI, con todos os teléfonos móviles, os sms, a Internet, e todas as gaitas, aínda queda xente que sabe cousas que a outros xa nos esqueceron. ¿Hai algún na sala que fixera unha chamada co movil por non baixarse do coche a tocar un timbre? Aposto a que sí.
Seguro que si. E hai algúns que collen o coche para non ter que ir andando 50 metros, que manda truco.
Comment by O Raposo — March 5, 2008 @ 10:07 am
E que, ademais, piden que lles fagan unha autovía para iso
Manda truco, manda.
Comment by F. Miguez — March 5, 2008 @ 12:57 pm
unha chamada non, ducias delas!
Comment by torredebabel — March 6, 2008 @ 8:44 pm
Estamos acomodándonos máis e máis.
Comment by paideleo — March 6, 2008 @ 10:17 pm
Eu aínda non perdín a esperanza de que, cando pase o boom volvamos a ser capaces de actuar de xeito máis natural.
Comment by F. Miguez — March 7, 2008 @ 6:56 am