Sociedade das comunicacións.
“É unha señal que teñen entre eles. Don Francisco (que ven sendo o cura) ou Luisa (que ven sendo a criada do cura, aínda que “empregada doméstica” seica lle molesta menos) dan un campanazo fuerte, e Genio (que ven sendo o sacristán, e vive noutro lado da parroquia) oe, e xa sabe que ten que ir a tocar.”
Rosa (que ven sendo miña nai).
Cómo me gusta, en pleno século XXI, con todos os teléfonos móviles, os sms, a Internet, e todas as gaitas, aínda queda xente que sabe cousas que a outros xa nos esqueceron. ¿Hai algún na sala que fixera unha chamada co movil por non baixarse do coche a tocar un timbre? Aposto a que sí.