Detesto os apuntes.


O penúltimo paso que me separa da titulación de Enxeñeiro Industrial é aprobar asignatura e media, que tento estudiar a través deses apuntes da foto. Cando remate a carreira, iso vai ser precisamente o que menos bote en falta: os apuntes. Voulles explicar as razóns de esa animadversión, e tentarei “apuntar” algunha maneira de mellora-la docencia.

Apuntes.

Deixei de tomar os meus propios apuntes no terceiro ano da carreira por que a miña caligrafía non é axeitada, nin son capaz de atender e tomar nota ó mesmo tempo. Pero, sobre todo, a sensación de que non podía aprender nada nun texto escrito por min mesmo e o afastamento paulatino das aulas, fixeron que empezase a depender exclusivamente dos apuntes alleos.
Debo recoñecer que sempre existen excepcións, coleccións feitas por profesores ou alumnos, ás que so lles falta un pequeno traballo de edición, a impresión e a encadernación, para seren verdadeiros tratados; pero iso non é o normal. Seguro que moitos de vostedes saben ó que me refiro cando falo de fotocopias borrosas e cortadas pola marxe, de escrituras que a premura da explicación na aula deformou hasta facer case ilexibles, de símbolos e abreviaturas cuio significado coñece so o autor do texto, de anotacións entre renglóns que convirten a escrita nun laberinto de verbas e, o que é peor de todo, seguro que tamén lles sona si falo de apuntes incompletos, onde se debe adiviñar qué falta, ou tirar con eles e buscar outros que cubran a totalidade do temario impartido. Son, todos estes, defectos típicos que endurecen o estudio e o fan incómodo e desagradable, o cal nunca debería acontecer coa transmisión do coñecemento, única verdadeira baza para as garantías do futuro como sociedade ou incluso como especie.
Ademáis de existir apuntes incompletos por extravío de follas ou polo que fose, existe outra causa todavía máis perniciosa: a mala selección dos contidos que moitas veces fan os profesores, empurrando ó alumno cara a posibilidade de que, algún dia, sexa asaltado polo estupor de descubrir o abismo existente entre a perspectiva por él recibida de unha materia, e a que resulta universalmente aceptada fora das aulas do seu profesor. Isto débese a que o docente non sempre sabe deixar á marxe filias e fobias, caíndo nunha parcialidade respecto dos contidos nada beneficiosa para o estudiante.
No horizonte ideal, existen dúas posibilidades extremas: que a docencia fose regulada, e o alumno se limitase a absorber uns contidos case oficiais, ou ben un sistema totalmente aberto baseado nuns obxectivos plantexados ó principio do curso, que o alumno debería acadar lidiando pola sua conta. No término medio, está o meu ideal de mestre, unha persona que adica a metade do seu esforzo a explicar as bases da materia, sin que as súas leccións se convirtan nun dogma escrito en formato apuntes, e a outra diríxese a guiar ó alumno entre a bibliografía e outas fontes de coñecemento, para axudarlle a evitar carencias ou redundancias, pero obligándolle a crear unha dinámica de aprendizaxe util alén da vida académica. A fin de contas, como dicía un mestre de artes marciais, o verdadeiro mestre non ten nada que ofrecerche, maís que axudarche a sacar o que hai dentro de tí (ou algo así).
Remato tentando tecer algo de rede, ó dirixirme a Brétemas ou Juan L. Blanco Valdés (si lles cadra a pasar por aquí), entre outros, que teñen falado do futuro do sector editorial. Non vai ser a panacea, e os medios dixitais danlle unha complexidade enriquecedora ó panorama; pero tal vez unha liña de traballo oficialmente conxunta, na que a Universidade aporte os contidos, e os editores profesionais os formatos, si non existe xa, daría como resultado a elaboración de un material docente util e actualizado, coas oportunidades que isto pode supoñer para a as dúas partes.

¿Transporte público?

“Non se confundan. O que hai aquí é Sanidade Pública, Ensino Público… pero non hai “transporte público”. Hai transporte colectivo de pago, que non é o mesmo. (E bastante malo, por certo.)”

Vacacións nos Oscos.

Pasei a Semana Santa na contorna Asturiana de Taramundi e os Oscos. Apunto brevemente algunhas impresións da viaxe.

Teixois.

Os habitantes da comarca dos Oscos son, a todos os efectos, Asturianos. Por iso, so hubo unha razón para que non me sorprendera falar con eles en galego, e descubrir que é o seu idioma natural: xa me acontecera o mesmo no Bierzo hai uns anos. Falar na nosa lingua con xente que non é galega dalle ó idioma unha fermosísima dimensión transnacional, e dilúe as fronteiras artificiais creadas por administracións e burocracias que se revelan ignorantes da realidade humana.
Chama a atención a densidade de museos e lugares para visitar relacionados cos muiños, os mazos hidráulicos e o aproveitamento da auga como fonte de enerxía ancestral (preman na foto), o que á miña vista se converteu na enseña dunha terra na que perdura a simbiose entre actividade humana e territorio, sendo a súas principais fontes de ingresos a agricultura, o turismo, a madeira, e a artesanía, incluída a agroalimentaria, como son o mel e os queixos. Fontes de riqueza, todas estas, que dependen directamente de manteren o entorno nunhas condicións bastante semellantes ás que o caracterizaron dende que alí se implantaron os primeiros habitantes. Hai que ser honesto, e recoñecer que as axudas institucionais e a escasa densidade de poboación son dous factores de bastante peso nese éxito, pero para algunhas personas ese é un ideal cara o que todas as sociedades deben mirar, cando pensen no futuro a calquera plazo. Desafortunadamente, somos poucos os que así razonamos.
Un non sempre se deixa enganar polos seus sentidos, e os tres dias que pasei alí fun consciente de que estaba nunha especie de museo xigante, en que o tempo e paisaxe se conxelaron deliberadamente, para ben dos que alí viven e disfrute dos visitantes. Por iso, tivo que ser outra a causa de que a viaxe de volta por Galicia, dende A Fonsagrada hasta A Coruña, fose como unha inmersión nun cadro surrealista, no que a orden, a coherencia e a xeometría non existen. Casas e galpóns amoreados caóticamente, ladrillo sen revestir e mesturado coa pedra, núcleos de poboación no que dous ou tres edificios de cinco alturas dan a nota entre vivendas unifamiliares descubren que, cando se pasan tres dias fora da nosa terra, pérdese a familiaridade con unha chapuza e un caos antinaturales, polos que deberían pagar as personas que tiveron algunha responsabilidade en materia de urbanismo, arquitectura e ordenación do territorio galego durante os últimos trinta anos.

Eu ciclista VII. BMX.

Fago un breve resumen sobre a adquisición que fixen a principios de este ano, para seguir avanzando na miña condición de cidadán ciclista.

A conclusión chegou por tres camiños diferentes: Primeiro, quería conseguir unha bicicleta mártir coa que aprender a saltar, para gañar seguridade no monte sin escarallar a de montaña no intento. Segundo, a BH Bicicross 20 combinada co coche é bastante útil, pero o dia que me descubrin baixando peldaños con ela sentín estarme excedendo no seu uso. Necesitaba unha bicicleta dun tamaño similar, para poder acarrexala no coche, pero con un cadro suficientemente robusto para a miña relación peso/temeridade. Por último, está o feito de que nacín no ano 78, polo que entre os meus recordos da infancia están aqueles “stunts”, maioritariamente americanos, que saían na tele facendo carreiras nas pistas de motocross ou todo tipo de acrobacias con aquelas pequenas bicicletas que causaron furor nos anos 80: as BMX. A decisión tomouse sola.
Fun tanteando ese mundo fascinate de eBay hasta dar con uns vendedores alemáns que subastan artigos traidos de Asia, entre os cales se atopan as bicis que eu buscaba. Paciencia e táctica fixeron o resto.

BMX

Non se fien das apariencias: os frenos de disco poden ser contraproducentes nunha BMX (de feito, moitos especialistas non teñen freos nas súas bicis) e en xeral é unha bicicleta bastante caldeiro á que, en mes e medio xa lle tiven que facer algún arranxo, pero… ¿qué se pode pedir por 25€ mais 50€ en gastos de envío? O certo e que tiven bastante sorte, sobre todo tendo en conta que a poxa foi feita en pleno auxe de precios navideño (despois tardarían un mes en mandarma, pero esa é outra historia).
Resulta estupendo chegar a unha cidade, aparcar o coche nun lugar estratéxico e montar neste trebello, invertindo en calquera xestión memos tempo que co propio coche (e menos custe, porque non hai que pagar O.R.A. nin aparcamentos).
De feito, aínda que foron inventadas para o cross, as BMX son hoxe en día un icono da cultura urbana, igual que os monopatíns e os grafitti; non tanto polo uso pragmático que eu lle dou como por seren un dos divertimentos da xuventude nas cidades. Deixolles un vídeo publicitario de un fabricante de estas pequenas bicis que me ten fascinado, porque transmite unha imaxe bastante romántica desta actividade no eido urbano, con unha musiquiña bastante menos atorrante que a habitual nas montaxes sobre deportes alternativos. E recoméndolles que vexan outro dun coñecido progama británico sobre coches, no que se fai unha carreira para atravesar Budapest, entre un coche e dúas BMX ¿Adiviñan quen gañou? Honestamente, o vídeo non resulta moi realista, pero o certo é que hai estudios onde a bicicleta se domstra como un dos mellores medios de transporte para cidade.


Democracia participativa III. A próxima transición.

Quero poñerlle fin a esta serie de artigos sobre política, que coincidiu co proceso electoral das pasadas semanas, explicando “iso da” seguinte transición que levo falado xa un par de veces (1 e 2). Unha transición cara unha democracia baseada na participación cidadá máis que na delegación de poderes.

Estou tentado a facer unha ánalise historica da transición, pero por non dilatar moito o artigo, e para evitar meterme a sachar nunha veigha á que non lle vexo os marcos, direi solamente que tivo moito mérito o acadado polas dúas xeracións de españoles que particiaparon nese proceso, mais a transición non foi perfecta. Trinta anos despois de aprobarse a Constitución, atopamos a actividade política en España confiscada por uns partidos políticos que, ó longo da democracia, se foron separando da cidadanía e incluso da súa propia militancia, e se blindaron con uns grupos mediáticos afíns a eles, que manteñen esa brecha entre a sociedade e poder político.
Póñolles dous exemplos. (1)A Plataforma Cidadá de Redondela contou case dez mil alegacións en contra da autovía Vilaboa-Peinador (si len a noticia e se tragan o da alternativa a Rande, póñanse en contacto conmigo), e conseguiu a adhesión de trintaecinco colectivos á repulsa. A poboación de Redondela ronda os trinta mil habitantes, logo non parece que o noso alcalde represente moito á sociedade local cando di que esta pide a tal autovía. (2)¿Coñecen vostedes a alguén que defenda o canon dixital? Eu non (aínda que algún haberá, calquera pode pensar como queira). ¿Representa o goberno os intereses dos españoles ou os de un grupo de presión, cando implanta ese canon? Curiosamente, o caso do canon dixital é un exemplo do que debe de ser a próxima transición, e cómo debe facerse.
Aposto o que queiran, que a idea desa taxa non se lle ocurriu a J. L. Rodríguez Zapatero un dia que estaba él tan pancho. Máis ben, unhas personas sentíronse agraviadas polo uso que os cidadáns fan facemos de certos medios, decidiron unir os seus esforzos para conseguir que o goberno os compensase. O resto da historia xa o coñecemos. Para o “culturetariado” foi facil. Ademáis de ser “jóvenes, ricos y famosos”, dispuñan dun oco nos medios de comunicación, e superon ofrecerllo ó PSOE para asomarse por él. Pero a liña é fundamentalmente esa. Identificar unha problemática, buscar personas ou colectivos sensibles con ela, e asociarse para trasladala a ouvidos da clase política.
Así de difícil. A complexidade das relacións humanas (lean estoutro si queren afondar máis) e o esforzo personal necesarios para estas actividades invitan rápidamente ó desalento. A esfera política vive acantonada nos seus despachos e, sobre todo, na comodidade da palmadiña no hombreiro acompañada das palabras “perda coidado, que me encargarei personalmente” apoiadas no vacío absoluto; cando non botan man de artimañas deshonestas para “tranquilizar” ó personal (digamos que as licencias de obra ou a Policía Local non deberían estar controladas polos alcaldes). Por outra parte, os medios de comunicación están financiados principalmente por publicidade institucional e doutros grupos de poder, así que o movimento social parécese bastante subir cada día a Colina da Hamburguesa (tal vez viron a película).
Básicamente, hai que considerar cinco cousas para levar a cabo esta seguinte transición. A nivel personal, é precisa fortaleza e capacidade de relación, porque pensar “¿por qué estarei aturando eu a este fulano, cando podía estar coa miña muller na praia?” queima moito. A asamblea como sistema de organización; o liderazgo é algo natural en todalas colectividades, pero xamais unha ou varias personas deben cargar con todo o seu peso, para evitar que se agoten, e para evitar que se vendan.
Unha plataforma ou colectivo, por sí so, fai pouco máis que un individuo. É necesario crear redes nas que ese colectivo se mova, reciba apoios e os dea. Nese sentido, Galiza non se vende é unha iniciativa que nos enche de esperanza a moitos. Internet é unha ferramenta estupenda, para o enraizamento desas redes, pero non debe tornarse imprescindible. Tamén pode chegar a ser moi útil para a comunicación co resto da sociedade, eludindo así as barreiras que xurden nos medios convencionais (a TVG aínda non sacou unha soa nova sobre a Plataforma de Redondela, pese a ter movilizado a milleiros de personas). De todos xeitos, os xornalistas tamén son seres humanos, e hainos con responsabilidade e conciencia crítica; deanlles novas a eles, e eles daranlle voz a vostedes.
Algo parecido pasa cos políticos. Non se trata de ir contra de eles, sinon de levalos ó rego das demandas sociais. Hai xente que está en política para forrarse ou para que se forren os seus amigos, pero tamén hai xente ten boa vontade, ou que simplemente non sirve para ter un oficio. Hai que falar con eles polas boas e ás claras, non se deixar enganar pola palmadiña no lombo, e conseguir que traballen en consonancia coas problemáticas que presentamos.
Sería cómodo vivir nunha dictadura, porque a represión é unha escusa moi boa para tragar co que nos boten. Pero en democracia non hai escusa; todo o malo que nos pase merecémolo si non fixemos nada por remedialo. Ninguén dixo que fora fácil, pero é necesario.

Si aínda non se cansaron de lerme, teño apuntado outro artigo sobre o mesmo… para non o esquecer.

Gran Premio nocturno de Galicia.

Qatar's night GP
“O da carreira de motos nocturna do domingo
foi unha trapallada, víase mellor que si fose de día. Tiña que ser como aquí, as rectas iluminadas e as curvas ás escuras.”

Varios Autores. Eu entre eles. A ironía non debe ocultar a gravedade do dito.

¡Peligro, bipartidismo!

Sinal de perigo por estreitamento da calzada.
As eleccións xerais do pasado domingo mostraron unha clara tendencia á polarización da política española en torno ós dous partidos maioritarios, e ese avance cara o bipartidismo paréceme unha senda pouco afortunada para o futuro. Vexamos por qué.

Cando era pequeno, preguntábame qué necesidade tiña a natureza de exhibir tanta variedade de especies e razas entre os seres vivos. “¿Por qué ten que haber maceiras, pereiras, cerdeiras, figheiras… en vez de un solo tipo de frutal? ¿Por qué hai páxaros dende o pardal hasta as águias, pasando por pombas e gaivotas? ¿Non chegaba con un so tipo de páxaro?” Como non estudei bioloxía nin filosofía, teño que conformarme con buscarlle unha explicación dende o meu planeta e na técnica hai dúas razóns para a diversidade. A primeira, é procurar dispoñer de unha gama de solucións suficientemente rica, como para poder topar algunha que se aproxime moito ás necesidades de cada caso. Abofé que si hubese só dous tipos de tornillos, dous tipos de cables ou de rodamentos, calquera podería ser enxeñeiro, pero o 99% dos proxectos terían resultados pésimos. A outra razón é a seguridade. A miudo, instálanse varios mecanismos que redundan entre sí, para evitar a catástrofe en caso de que algún falle.
O horizonte que se aprecia na política española vai xusto no sentido contrario, as alternativas “minoritarias” van perdendo importancia relativa no medio de esa loita cruzada entre PP e PSOE, que adican a maior parte dos seus esforzos a desgastar ó contrario ou protexerse de él, deixando nun segundo plano, que a veces queda fora do debate público no que debería estar, a política constructiva, a de facer e desfacer cousas en proveito da sociedade. É certo que España ten unha grande tradición de debate exaltado entre opostos; cando non é “Barça-Madrid”, é “Barça-Español” ou “Real Madrid-Atlético de Madrid”, e ós medios de comunicación resúltalles infinitamente máis doado vender esa política de “derbi”, sobre todo porque un público cada vez máis acomodado, e con menos ganas de pensar, confórmase con estudiar dúas alternativas, ó sumo tres, e non dez ou quince. Esa “futbolización” da política parece conducir, os días máis enconados, a un rexurdir daquela polarización patria, coñecida como “as dúas Españas” (artigo extenso pero recomendable), que tantas páxinas ten enchido nos libros de historia… desafortunadamente.
Eu son dos que pensan que formar parte da Unión Europea alonxou esa tradición tan española das guerras fraticidas, pero nin por iso hai razóns para sentirse confortable co bipartidismo. Malia que aínda (ou cada vez máis, que sería peor) hai xente que entende a democracia como un goberno das maiorías, a realidade debe ser a de gobernos de/por/para todos, e para que todos esteamos representados nas Cortes, é necesaria a existencia dunha gama de partidos suficientemente ampla, na que cada cidadán, despois de unha análise crítica e documentada, decidise cal representa mellor as súas inquedanzas.
Catro deberían de ser os factores de cambio: suprimir o sistema D’Hondt de reparto de escanos, que beneficia voluntariamente ás candidaturas maioritarias, recuperar nos medios a presencia de algo máis que dialécticas “Kas Naranja-Kas Limón”, un cambio na mentalidade dos políticos con respecto á natureza dos pactos e a representación dos cidadáns frente o electoralismo e, sobre todo, unha maior implicación destes cidadáns na política, dende a crítica razonada e dende a conciencia das responsabilidades que o individuo ten en democracia.
Sinceramente, eu non lles podería vivir nun mundo en que só tivese a posibilidade de escoller entre dúas posibilidades. :D Buceen, buceen.

P.D.: Por si non o fixeron aínda, vexan as escuetas e reveladoras contas que fixo cesare.

Dispara, razóns para sentirse orgulloso de Galicia. A Praia Fluvial de Begonte.

Parque fluvial

Dispara non foi pensado como un fotoblog no que exhibir un talento fotográfico do que carezo, senon como un espacio no que ir plansmando a imaxe visual que eu teño de Galicia. Moitos dos descubrimentos máis fermosos que fixen na miña terra foron precedidos pola frase “a ver que é iso”, en resposta a algún discreto letreiro, no medio dos moitos que sinalizan os ramales e desvíos das principais estradas galegas. A veces son 50 metros, e a veces 15 Km, pero o normal é descubrir sitios que, coñecidos só polos lugareños, engaiolan e dan ganas de volver… ou nunca marchar.
Si algún dia circulan vostedes pola Nacional VI, fíxense nos ramais que hai no Concello de Begonte. Un ten un sinal que pon “praia fluvial“, e que os conducirá hasta o lugar que hoxe presento nesta nova galería. As fotos céntranse só no interese paisaxístico da zona, mais alí toparán unha área recreativa e deportiva, privada, pero aberta ó público de xeito gratuíto (eu nunca vin a ninguén cobrando). Situada á beira do río Ladra, afluente do Miño, está bastante ben integrada no entorno (non o típico golpe de feísmo), e é un lugar no que pasar unha estupenda tarde de lecer romántico, familiar, ou deportivo, e si é con boa compaña mellor. Todo gratis, e sin contratar viaxes a destinos exóticos. En Galicia.
Abofé que lles podería dar unhas indicacións moito máis concretas para atopar o sitio, pero ese non é o espíritu. Collan o coche, ou o que sexa, e pérdanse buscando. Estean seguros que darán con este sitio ou outro que lles guste máis.

Parque fluvial

O segundo sábado de Abril, outras fotos.

Democracia participativa II. Balance da campaña.

(Ven de un artigo da semana pasada.)

Hoxe remata a campaña para as eleccións ó parlamento e o senado españoles, que se van celebrar o próximo domingo dia 9. ¿Qué lles pareceu a vostedes? (non é retórica, comenten, comenten…) Van desculpar que eu estea en época de adestramento das miñas capacidades de análise, así que voulles resumir as miñas conclusións de xeito esquemático.

A estrela indiscutible desta campaña foron os debates televisados. Oportunidade estupenda para que a televisión gañase un protagonismo que non ten por qué ter, fomentada por políticos que se situaron nun segundo plano ó reperiten mecánicamente as mesmas frases dos últimos catro anos. As horas adicadas a falar de “a mesa”, “o escenario” e unha cronometraxe de partido de baloncesto convirten a política no que os medios necesitan: un espectáculo. análise, Reflexión e crítica precisas para converter a política no que necesita a sociedade quedan nun segundo plano de tertulias nas que prácticamente solo sonan os coros de acompañamento ás dúas liñas trazadas por PP e PSOE.
¿Lembra alguén que España é unha monarquía parlamentaria, non un sistema presidencialista? Nese panorama de confundir as eleccións xerais con un partido de ping-pong verbal, entre as dúas personas con máis probabilidade estadística de chegar a ser presidentes do goberno, ninguén recorda que o sistema electoral español non é presidencialista. Eu, censado na provincia de Pontevedra, non podo chegar o domingo ó colexio electoral e votar por X. L. Rodriguez Zapatero nin por M. Rajoy, polo mero feito de que, formalmente, éles sólo son candidatos ó congreso dos deputados por Madrid. Isto trascende do anecdótico cando resulta en que dous días antes das eleccións só coñezo o rostro de tres dos cabezas das listas que sí podo votar, e non teño nin idea das personas que os siguen nesas listas, e de qué van facer por min si acadan un escaño no parlamento.
¿Alguén sabe que é o Senado? ¿Poden explicarmo, ou será mellor que reclamemos que nos devolvan os cartos que costou?
O que necesitamos os españoles é cemento e asfalto. Una parte importante do “debate” (en xeral, non solo dos televisados) foi ocupada polas infraestruturas de transporte terrestre, sendo o asunto máis agudo todavía en Galicia. De entrada, teñan presente que España é o país con máis kilómetros de autovía per cápita (¿ou é en relación á extensión do territorio?, corríxanme si me equivoco) de Europa. Pero, sobre todo, fagan unha lista dos problemas que teñen a diario. ¿Cantos se solucionarían con AVE e autovías, e cantos con máis gasto en sanidade, ensino, vivenda protexida, rebaixando algúns impostos indirectos… en lugar de fachendear de un superávit de cartos que nos cobraron e non gastaron en solucionarnos problemas? ¿Pensan vostedes que, no medio de tanta infraestrutura, se falou bastante dos seus problemas reais, con medidas concretas e cuios resultados vaian ser evaluables polo electorado na próxima lexislatura? ¿Oiron algunha vez as palabras “transporte público”, incluso asumindo que o AVE se podería vender como tal? (comenten, comenten…)
Política para políticos. Vostedes e máis eu quedamos fora. Dentro do malo, falar de infraestruturas é falar de algo. Pero incluso estas, con todo o que ocuparon, ocuparon pouco no argumentario total. Do que máis se falou foi de terrorismo, de modelo de estado, de si non rompeu España ou si aínda ha de romper… Vamos, falando de nada. Porque, esgotada a vía polítca, alomenos para un tempo, a loita contra o terrorismo é cousa de policías e xuíces. Porque é necesario ter un modelo de estado, no que se sepa cómo é cada territorio, coas súas necesidades e as súas riquezas, pero despois de trinta anos de democracia, o feito de que iso aínda non estea claro empeza a cheirar que é máis fácil discutir que asumir responsbilidades. E porque todos sabemos que falar de estado dalles un aire como de importancia ós políticos, pero o que se está a esquecer é que os políticos non son importantes. A única que debería ser importante é a sociedade.

A semana pasada, dixéralles que ía falar de unha idea que chamaremos a “seguinte transición”, e esa era a miña intención cando empecei este artigo. Confeso que este balance da campaña que remata pretendía ser unha introducción a outra cousa, pero creo que por hoxe xa tiveron bastante paciencia lendo todo isto, así que queda para a próxima. Está ben, recoñezo que tamén inflúe que hoxe me erguín ás 6:45 (sí, quedei durmido :S) e sendo as 10:25 aínda non estudei nin un só minuto. Como, saia quen saia presidente o domingo a configuración do parlamento que resulte das eleccións do domingo, e a posterior elección de un candidato para que sexa proposto ó Rei para que este lle encargue a formación de un goberno, non me vai solucionar a vida, vai ser mellor que me poña a estudar.

Actualización das 14:45h: ETA acaba de matar a unha persona en Euskadi. Podemos dar por rematada a campaña electoral. Sempre me preguntarei si o independentismo vasco vai obter algún beneficio de estas cousas, ou si existe outra estratexia distinta da que cremos. Me cagho na cona que botou ós inimigos da democracia neste país, quen queira que sexan. E punto, porque canto máis se fale de estes mal nacidos, máis rentable lles será acabar coa vida de unha persona.

Sociedade das comunicacións.

É unha señal que teñen entre eles. Don Francisco (que ven sendo o cura) ou Luisa (que ven sendo a criada do cura, aínda que “empregada doméstica” seica lle molesta menos) dan un campanazo fuerte, e Genio (que ven sendo o sacristán, e vive noutro lado da parroquia) oe, e xa sabe que ten que ir a tocar.”
Rosa (que ven sendo miña nai).
Cómo me gusta, en pleno século XXI, con todos os teléfonos móviles, os sms, a Internet, e todas as gaitas, aínda queda xente que sabe cousas que a outros xa nos esqueceron. ¿Hai algún na sala que fixera unha chamada co movil por non baixarse do coche a tocar un timbre? Aposto a que sí.