Democracia participativa I.
Esta é unha foto do pleno ordinario mensual, celebrado onte no Concello de Redondela. O señor de pelo blanco ó fondo é o noso alcalde pírrico, Xaime Rei (PSOE), con él, na mesa están a secretaria e o apoderadodo concello, e a señora vista (daquela maneira) de perfil, onde a bandeira española, é Francisca Canal, cabeza da oposición (PP). O resto, somos xente que acudiu ó pleno para obrigarlle ós políticos de Redondela a enterarse dos problemas que hai nesta vila. Estaban os traballadores da recollida do lixo expedientados (todo indica que ilícitamente) pola folga do ano pasado, había xente de Cabanas (Rande) que leva tempo pedindo un semáforo para cruzar a estrada N-552, os de Chapela pedindo que o Concello evite que se conduza o tráfico pesado do porto de Vigo por onde as súas vivendas, e veciños das parroquias potencialmente afectadas pola autovía Vilaboa-Peinador, xunto con membros da Plataforma Cidadá de Redondela, esixindo que o Concello faga públicas as súas xestións ó respecto no Ministerio de Fomento, e que non sigan mentindo cando dicen que a xente está a favor da autovía. Cada pancarta da foto é por unha cousa diferente, e desde onde eu estaba, non fun capaz de retratalas todas nunha soa imaxe, nin se aprecia que na rúa había xente tocando o bombo hasta que a policía lles pediu o carné.
Polo xeral, o personal que acude a un pleno no Concello de Redondela disfruta tanto que repite. Partímonos de risa cando un do PP pregunta por certo proxecto que leva dous anos de retraso e o alcalde resposta que é un proxecto no que ten “unha grande ilusión”, ou cando a xefa da oposición esixe que os contenedores do lixo non oculten os comercios da rua Alfonso XII, e resulta que nesa rúa non hai ningún contenedor. Pero, ademáis, desfrutamos descubrindo quen son os nosos políticos: xente que fala sin saber, xente que intenta trepar por enriba dos outros, xente déspota e prepotente que manipula o que faga falla cando os poñen en evidencia… E en frente deles nos, os veciños, ríndonos (deles) por non chorar, e disfrutando co incómoda que lles resulta a todos, goberno e oposición, a presencia dun público que ve, escoita, e non cala.
Mentres isto acontecía (o pleno rematou case ás dez), seguramente moitos de vostedes se sentaban diante do televisor para ver o debate “Touriño-Quintana-Feijoo”, e deixenme dicirlles que iso non é democracia. Escoitar tres (ou dous, no caso do debate Zapatero-Rajoy) discursos herméticos, precociñados por asesores propagandísticos que aplican á política os mesmos métodos que na mercadotecnia empresarial, non lles é democracia, non. “O goberno do pobo” non consiste, creo eu, e igual me engano, en depositar unha papeleta nunha furna cada catro anos, senon en mandar nos, a xente. A semana que ven, explicareilles un concepto que xurdiu o outro dia nunhas conversas que tivemos aquí, e que poderíamos chamar “a seguinte transición” (xa hubo un que usurpou o termo “Segunda Transición”).
Polo de agora, limítome a convidalos a que acudan a un pleno do seu concello (si son concelleiros ou alcaldes non vale
. Non individualmente, senon nun grupo medianamente organizado e con algunha reivindicación concreta e razonable plasmada en unha pancarta. Observen a conducta dos seus “representantes”, si non é a primeira vez, será á segunda, pero verán como lles cambia a idea que tiñan vostedes da política, sin necesidade de que o seu concello sexa un dos polvoríns políticos de Galicia, como son Redondela, Santa Comba, Aranga… Xa me contarán, xa.
A nova do pleno “ordinario” en Faro de Vigo, a Voz de Galicia (?) e en Vigo Metropolitano.