Seguridade en adiantamentos.
Esta semana pasada produciuse un accidente, no que se viu implicado un autobús escolar, cando un turismo que o adiantaba o golpeou lateralmente cando tentaba abortar o adiantamento. Afortunadamente non hubo vítimas. Noutro accidente menos sonado nos medios, morreu unha muller nunha colisión en similares circunsancias. Neste artigo tentarei dar varias directrices a seguir nos adiantamentos, tanto por parte do que fai a maniobra como dos demáis conductores, na procura de aumenta-la seguridade. Estes consellos teñen importancia, sobre todo, cando un adiantamento se fai empregando o carril reservado para o sentido contrario, co risco de colisionar frontalmente con un vehículo que circula en sentido contrario ó noso. A orde na que se dan non é casual.
0º Todos coas luces acesas sempre. Póñolle o número o porque non se trata de unha cuestión estritamente relacionada cos adiantamentos, pero nos dous casos citados na introducción, a néboa puido influir no feito de que os vehículos que adiantaban se visen sorprendidos por sendos vehículos que viñan de frente. Non coñezo os pormenores destes casos en concreto, pero todos estaremos de acordo en que unha correcta iluminación reduce o risco de que un coche non sexa visto por outro que pretende adiantar, ou de que este segundo non sexa visto polos demais.
1º Coñeza ben o seu vehículo. Antes de poñerse a adiantar co seu coche (de feito, antes de sair á estrada con un coche) debe de ter experimentado vostede sobradamente a capacidade de aceleración e frenada, en calquera marcha e a calquera velocidade, para poder calcular correctamente as posibilidades que vai ter á hora de realizar un adiantamento.
2º Valore a verdadeira necesidade do adiantamento. Adiantar é posiblemente a maniobra máis perigosa que permite o regulamento, xa que implica moitas veces colocarse nun carril no que circulan coches en sentido contrario, poñernos a unha velocidade máis alta da que estamos acostumbrados a manexar e, por definición, circulando en paralelo e próximo a outro vehículo. Por isto, non debemos adiantar si non é verdadeiramente necesario. Si non vamos circular moito máis rápido que aquel que nos precede, ou estamos cerca do noso destino, o tempo que se vai gañar adiantando pode non compensar o risco.
3º Estudie ó vehículo que o precede. Algúns conductores aceleran espontáneamente cando se dan conta de que van demasiado despacio, ou para non deixarse adiantar, o que pode prolongar o adiantamento perigosamente. Tamén debemos observar si se trata de un conductor novato ou inseguro, que poida ter unha reacción imprevista si o sorprendemos ó adiantalo, e debemos ver si ten unha traxectoria estable ou vai dando bandazos e asegurarnos de que non ten intención de poñerse a xirar á esquerda ou adiantar a outro que o preceda cando nos intentemos rebasalo.
4º Prepárese primeiro e decida despois. Cando se estea a plantexar a necesidade de adiantar ó vehículo que o precede, empece por poñe-la marcha adecuada segundo o experimentado no punto 1º, colóquese á distancia correcta do outro vehículo e adopte a disposicón mental precisa para adiantar. Unha vez feito iso poderá decidir si adianta ou non. Facelo ó revés pode dar lugar a erros que prolonguen a maniobra perigosamente; por exemplo, un mal cambio de marcha cando xa temos iniciado o adiantamento, pode prolongalo uns metros críticos.
5º Meta o coche so onde vexa. Antes de iniciar o adiantamento calcule onde o vai rematar, valorando o citado no punto 1º, a velocidade do vehículo que o precede, a actitude do seu conductor, e as características da via. É imperativo ter visión directa de todo o espacio que vai ocupar o noso vehículo durante o adiantamento. Cumplir a normativa ó respecto, é dicir, non adiantar na proximidade de cambios de rasante, curvas, etc. pode ser de grande axuda nese sentido. Tamén hai que ter seguro que vemos onde nos metemos con chuvia, con néboa ou de noite.
6º Calcule canto vai tardar en topar o primeiro de frente. A vista humana ten a facultade de calcular a posición e velocidade dun vehículo que se nos achega, e axudarnos a predecir canto tardaremos en encontrarnos con él si contamos coa experiencia referida no punto 1º. Isto non é suficiente. Aínda que vexamos a estrada despexada, hai que valorar si un vehículo avanzando cara nos en sentido contrario a unha velocidade elevada (pero realista) podería chegar dende fora do noso campo de visión antes de que rematemo-la maniobra.
7º Mire para os lados. Na procura de peatóns, ciclistas ou calquera usuario da vía que poida interferir na súa traxectoria ou na do vehículo que pretende adiantar, obrigándolle a facer un desprazamento lateral. Atención tamén a vehículos que pretendan incorporarse á calzada porque poden ignorar a posibilidade de que nos, ó adiantar, ocupemos un carril que crian libre. É un clásico, o que se incorpora xirando cara a súa dereita mentres mira para a esquerda que non lle veña ningún polo carril no que entra, e se topa de frente con un que ven adiantando; eu teño sido varias veces ese que ven adiantando. Ademáis disto, unha valoración do ancho dos arcéns e das posibilidades de escapatoria permitiranos estimar as condicións de seguridade que acompañarán o noso adiantamento.
8º Mire para máis adiante.Tamén e importante saber qué hai por diante do vehículo que pretendemos adiantar, si hai outros vehículos cos que poidamos colisionar por alcanzamento si non retornamos ó carril con precaución, ou si directamente non hai un oco no que meternos por que non se están a respetar as distancias de seguridade. Asegúrese tamén de que non hai pasos de cebra, vehículos detidos na calzada ou calquera outra circunstancia que nos poida sorprender.
9º Poña o intermitente e mire polo espello. Lembre que non está so na estrada. O espello evitaralle botarse contra outro que xa estea intentado adiantalo a vostede, e o intermitente pode servir para que nin o de adiante nin o de atrás se poñan a adiantar cando xa iniciou a maniobra. Si o que lle precede non ten estas mesmas precaucións e interfire na súa traxectoria, trate de avisalo das súa intencións co claxon e non dubide en abortar a maniobra antes de prolongala perigosamente. A título anecdótico contareilles que, hai uns anos, este que está aquí, para servirlles no que faga falla, foi envestido lateralmente (como nas películas) cando adiantaba a outro turismo nas curvas da Avenida de Madrid, baixando do Meixoeiro cara Vigo. Tratábase de unha señora portuguesa que non se lembrou de que non era a única que estaba na estrada. Direilles como corolario que, aquel dia, descubrín o realmente dura que é a pintura dos coches porque, aínda que a señora nos desplazou lateralmente, ninsiquera nos fixo unha raspadela na chapa.
10º A traxectoria correcta. Miren esta figura que debuxei para este artigo:
O coche amarelo pretende representar a posición do vehículo adiantado antes (I) e despois (F) da maniobra, mentres que a liña vermella se corresponde coa traxectoria do que adianta. A maniobra debe ter dúas fases máis ou menos diferenciadas: Sempre acelerando a fondo, a primeira fase dura mentres o noso coche aínda non colleu velocidade, abriremonos hacia a esquerda o máximo posible para afastarnos ben do vehículo que imos adiantar. Na segunda fase, apuntamos o coche cara donde pretendemos rematar a maniobra e, sin deixar de acelerar ou subindo de marcha cando sexa necesario, vámonos volvendo cara o noso carril progresivamente. Baixo ningún concepto se debe facer ó revés: facer un movimento brusco cara o final da maniobra é moito máis perigoso porque a velocidade vai ser, naturalmente, maior e porque podemos incomodar ó vehículo que adiantamos. Lembre adaptar de novo a súa velocidade ós vehículos que queden por diante, e manteña a distancia de seguridade.
11º Non respete o limite de velocidade. O código de circulación permite superar en 20 Km/h a velocidade máxima xenérica dunha vía para executar un adiantamento, excepto en autopista e autovía. Isto debe interpretarse nos términos do 2º punto; si o vehículo que o precede circula no límite de velocidade da vía, vostede debería cuestionarse a necesidade de adiantar. Sexa no caso que sexa, unha vez iniciada unha maniobra de adiantamento, non mire o velocímetro para nada. Cada segundo que pase no carril do sentido contrario ou circulando paralelo a outro vehículo é perigoso, así que pise o gas a fondo e volva canto antes ás condicións normais de marcha. Só cando as prestacións do vehículo superen a aceleración que vostede estea acostumbrado a manexar debe de ser reticente co uso do acelerador, pero neste sentido debe terse sempre presente o punto 1º.
12º Si algo vai mal, renuncie ou continúe, pero con decisión. Unha vez inciado o adiantamento, son moitas as cousas que poden sair mal. Como regla xeral, si vostede aínda non rebasou o vehículo que pretendía adiantar frene con decisión e volva para detrás de él. Teña presente que os coches sempre frenan máis do que aceleran. Unha freada de emerxencia correcta é simétrica á traxectoria descrita no punto 10º: empece frenando forte (pero sin brusquedades, sobre todo en curva) para reducir a maior cantidade de velocidade posible, e despois relaxe un pouquiño para que a dirección teña unha resposta máis estable. (Queda pendiente adicarlle un post enteiro á frenada de emerxencia, xa que este é un caso un pouqiño singular fronte a norma de non relaxar nunca o freo cando se trata de coches con ABS.) Si xa ten prácticamente rebasado ó outro vehículo siga acelerando con firmeza para rematar canto antes, aínda que teña que obrigar ó outro a frenar algo. Asuma unha decisión e sexa consecuente con ela, porque os segundos corren na súa contra.
13º Si o perigo e inminente, busque unha escapatoria. Resumidamente: unha colisión frontal entre vehículos que circulen en sentido contrario é o peor dos escenarios posibles; sempre é mellor una colisión lateral ou unha saída da via. Así que, si a colisión contra outro vehículo que veña de frente é inevitable dea un volantazo hacia a súa dereita, tentando colocarse de novo no carril. Si choca co que está a adiantar as consecuencias poden ser menos graves que si choca co que ven de frente. Si observa que o que ven de frente a vostede non varía a traxectoria ou se vai cara a nosa dereita tal vez nos debamos tirar cara a esquerda, ó arcen contrario ou fora da via. O uso do freo non é evidente: si fuximos cara a esquerda, ó arcen contrario, ou seguimos de frente hai que frenar ó maxímo, co fundamento de que canto máis frenemos menor será a velocidade de colisión, e menores os potenciais daños; si vamos dar o volantazo cara o noso carril, canto máis frenemos maior diferencia de velocidades teremos cos coches que avanzan no noso sentido… salvo que eles frenen tamén e nos deixen un oco. Ousexa: si nos tiramos á dereita non frenamos e si nos tiramos á esquerda frenamos a fondo. Afortunadamente, eu nunca me vin nesta situación, que é a típica na que unha cousa é dicilo e outra cousa é facelo. Sí podo dicir por experiencia que non perder a calma pode axudar a ver ese oco no que meter o coche e salvar a vida.
14º Si vostede é adiantado. O regulamento obrigao a facilitar a maniobra, e o sentido común tamén. Levante o pe do acelerador ou incluso frene un pouquiño para abrirlle un oco diante de vostede a quen o adiante. Permaneza atento durante toda a maniobra, e si o vehículo que o adianta se ve en apuros: A) si aborta a maniobra e frena, vostede non frene tamén, porque se quedarán a mesma altura, trate de abrir o oco detrás de vostede B) si trata de rematar o adiantamento, frene vostede para facilitarllo. Como regla xeral, pense que os coches frenan moito máis do que aceleran, pero debe frenar vostede primeiro, e de xeito evidente, si non quere que o outro se vexa nunha situación comprometida para todos.
15º Si outro vehículo se lle achega de frente adiantando. Levante o pe ou frene lixeiramente para darlle máis tempo antes de chegar onda vostede. No contexto do exposto no punto 13º, tome vostede a iniciativa da maniobra evasiva apartándose cara o seu arcén ou saíndo da vía si é necesario. Sepa que, si non chega a chocar contra o outro coche, pode ser que o seguro (do outro coche) non se faga cargo dos danos, salvo que haxa un atestado que demostre o imperativo da maniobra. Con insto en mente, vale máis esfolar o coche contra un balado que chocar de frente con un ven adiantando con toda a forza, aína que o seguro só nos vaia abonar os danos no segundo caso.
16º Consideracións finais. (16.a) Si se fixan, a maioría destes humildes consellos céntranse nos instantes previos ó adiantamento; por algo será. (16.b) Si é vostede das personas que conducen con mentalidade competitiva, empece a mudar a súa actitude, porque os demáis non estamos na estrada para medir a nosa chulería sinon para ir de un sitio a outro; trate de demostrar a súa superiorioridade en actividades nas que non comprometa a seguridade doutras personas. (16.c) Hai unha mala noticia: hai que saber todo o aquí exposto para ciruclar con seguridade e algo máis (non chega con respetar as normas). A boa é que está ó alcance da maioría das personas.
Si consideran de interese o aquí dito, cíteno, copieno ou traduzan a outro idioma libremente, eu non me gaño a vida con este blog. E si cren oportuno engadir algunha cousa, tódalas suxerencias serán ben vidas.
Como sempre, acertas en todo.
Comment by Suso Lista — February 26, 2008 @ 9:58 pm
Gracias, Suso.
Comment by F. Miguez — February 27, 2008 @ 6:12 am
Directrices para a seguridade en adiantamentos
F. Miguez, no seu extraordinario blogue apunta para non esquecer, da varias directrices a seguir nos adiantamentos na estrada. Algúns són simple sentido común, se cadra todos, porén están expostos con moita claridade e paga a pena botarlle unha ol…
Trackback by chuza.org — April 13, 2008 @ 9:30 am