Porque Peinador lo vale. (Motor económico II)

“Peinador ten que seguir medrando porque… para estar ahí, e porque Peinador o merece.”
Santiago Domínguez Olveira, teniente de alcalde no Concello de Vigo, en declaracións á SER esta mañá.

“Para estar ahí e porque o merece” non son razóns. Razóns poden ser “para ampliar a oferta”, “porque a demanda está a medrar”, “para iniciar novas actividades” ou “para estacionar os avións con maior seguridade”, si se demostran axeitadamente e sin manipular os estudios. O resto, son estupideces que non xustifican a tensión que padecen os veciños de Redondela e Mos, coas súas casas afectadas polo aeroporto e en risco permanente de que llas expropien e se teñan que marchar a outro lado.
O absurdo rematouno o locutor de Radio Vigo despois de despedir a Olveira con estas dúas perlas.

“…si quieren ir a pasar un fin de semana, por ejemplo, a Londres ya no tendremos que desplazarnos a otras ciudades gallegas para cojer un avión…” (ó que eu respondo 1.a ¿Qué pasa, apedrexan á xente nas outras cidades galegas? 2.a ¿Entón para que levades tanto tempo ladrando polo dichoso AVE?)
“Con las nuevas líneas incluso podremos ir cuando queramos a Miami, a ver a los Heat, por ejemplo.” Ó cal non vou repostar nada.

Si o locutor de Radio Vigo estaba facendo unha ironía, síntollo moito pero eu non a collín. Eu son de ese tipo de galegos que están hasta o carallo cansados de que estraguen os nosos cartos en obras para ter feliz ás partes implicadas nas “históricas” rivalidades localistas galegas. Eu son de ese tipo de galegos que viaxou dúas veces en avión, pero que atura o seu ruido tódolos días da semana. Tanto en Redondela como en Culleredo. (E non, eu non teño a casa afectada polo aeroporto.)

3 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/02/21/porque-peinador-lo-vale-motor-economico-ii/trackback/

  1. Iba a poner que con los datos de crecimiento es suficiente para justificar que se amplíe:

    http://es.wikipedia.org/wiki/Aeropuerto_de_Vigo

    De hecho nos cuentan que el crecimiento en pasajeros es de un 10% anual desde el año 2000 (y la media de AENA está en un 5%). Peeeero, entre los 1.400.000 pasajeros del 2007 casi todos volaron a/desde Madrid (900.000)… Así que con el “próximo” AVE Madrid-Vigo muchos pasajeros se bajarán al tren, quizás los suficientes como para que no compense ampliar el aeropuerto. Quiero más números, como decía F.

    Comment by Peregrino — February 21, 2008 @ 9:38 pm

  2. Sr Miguez, sempre tan conciso. Moi ben e comparto

    Comment by Suso Lista — February 21, 2008 @ 10:24 pm

  3. Como sabedes, eu estou na Plataforma Cidadá Contra a Autovía de Redondela. Cando me cadre, escribirei un ou varios post nos que tratarei de explicar os enganos que hai detrás dos estudios que xustifican a obra pública (polo menos a nosa). Pero, polo menos, hai uns números cos que discutir, o que se chama “a razón”, cousa da que carecen os razonamentos políticos e xornalísticos.

    Comment by F. Miguez — February 22, 2008 @ 9:02 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.