Motor económico.
Aínda que me queda a un paso, eu vou moi pouquiñas veces a Vigo. E de meterme no centro da cidade xa non falemos. Cando vou, vexo as ruas máis ou menos arregladas, vexo homes de traxe e mulleres tinguidas de loiro con vistosos pendientes (de roupa non entendo nada), coches novos, e do contraste entre as cidades e o rural galegos, asáltanme varias dúbidas que me gustaría fosen respostadas.
1º Si Vigo é o motor económico de Galicia ¿existe unha transmisión? ¿Está averiada? ¿Por qué hai tanta diferencia entre o “desenvolvemento” de Vigo e a realidade de outras zonas de Galicia?
2º ¿Non será que Vigo é o motor económico de Vigo, a Coruña o motor económico da Coruña, e así un por un cada minifundio localista metropolitano de Galicia, enfrascado en sí mesmo sin unha Xunta de Galicia capaz de gobernar para todos?
3º Cada vez que as cidades galegas choran por novas infraestructuras de transporte ou calquera grande obra civil ¿pensa alguén si o beneficio económico se vai repartir proporcionalmente nas áreas rurais afectadas ou uns levan o morto e outros a herencia?
4º A sociedade urbana galega ¿sabe que existe un rural galego alén das “aldeas” e o “turismo rural”?
¿Estaría disposta a compartir algo do seu benestar cos que aturan os encoros dos que beben, ou os parques eólicos cos que se alumbran?
5º ¿Será mellor levar o modelo de desenvolvemento Vigués ou Coruñes ó rural, ou preferiremos deixalo como está hasta que entendamos en qué consiste o desenvolvemento sostible?
6º Si vostede fose millonario ¿viviría nunha grande urbe ou buscaría un lugar máis apartado?
Pois aqui en Pontevedra penso que tampouco temos motor económico, máis ben somos un dous cabalos e algo vello, ademais agora que queren face-la área metropolitana Pontevedra-Vigo quérennos deixar fora, sendo como somos a capital da provincia e a sede da Deputación Provincial e algunhas administracións máis. Como ti ben apuntas, paréceme que neste País cada un vai polo seu lado, cada cidade é unha cidade-estado como o Vaticano, o máis sangrante é o localismo de coruñeses e vigueses, e nós en Ponteveda ao noso, a durmi-lo soño dos benditos, asi nos vai.
un saúdo
Comment by breogain — February 20, 2008 @ 2:37 pm
O sangrante de eses localismos, para min, ven a ser que os propios cidadáns cren que vivien nunha república independiente, e teñen a sensación de que a Galicia Rural (ou o non tan rural) é un lugar exótico co que carecen de relación.
Saúdos.
Comment by F. Miguez — February 21, 2008 @ 6:29 am
Se eu fose millonario viviría como o filósofo Wittgestein, lonxe do mundo e do ruido, non o dubides. Agora a serio, penso que te queixas con algo de razón pero tamén fas moito localismo: o rural urbano atlánticoe é o que coñeces, un espazo bastate privilexiado en canto a servizos (tren, autobús, sanidade, etc…) comparado co rural 100% rural do interior. Dicir que Redondela ou Culleredo é rural acho qu e´moito dicir, en todo caso será rururbanidade. A aldea dos meus avós -preto de Guitiriz, Lugo- sí que representa a esencia do verdadeiro rural galego, un lugar que non ten o suministro de auga e luz garantido todo o ano, un lugar caracterizado sempre pola friaxe, e o do teléfono mellor non che conto o sistema. Vivir alí é imposíbel, case non hai traballo, mas sempre foi así, e por iso a xente nova foi emigrando -a Cataluña, a Madrid, ao País Vasco, a Inglaterra,…- e abandonando a aldea ate quedar hoxe uns cantos vellinos con vacas, balados derrubados e toxos sen rozar. Ese e non outro é o rural verdadeiramente escarallado.
Comment by xm carreira — February 23, 2008 @ 5:24 pm
Supoño que non me expresei correctamente, ou tal vez a segunda parte (a que falo de Peinador) confunde un pouco esta primeira, na que, cando me refiro a rural refírome precisamente a ese rural máis afastado das cidades, no que as oportunidades e os servicios tenden a cero. De feito, a casa coa que o represento é dunha casa arruinada en Monfero. Supoño que debín deixar máis tempo entre os dous post, ou terme expresado mellor, porque concordo contigo en que o rural que necesita una atención máis urxente é o que ti dis.
Comment by F. Miguez — February 24, 2008 @ 3:47 pm