Motor económico.

Aínda que me queda a un paso, eu vou moi pouquiñas veces a Vigo. E de meterme no centro da cidade xa non falemos. Cando vou, vexo as ruas máis ou menos arregladas, vexo homes de traxe e mulleres tinguidas de loiro con vistosos pendientes (de roupa non entendo nada), coches novos, e do contraste entre as cidades e o rural galegos, asáltanme varias dúbidas que me gustaría fosen respostadas.

Contrastes.

1º Si Vigo é o motor económico de Galicia ¿existe unha transmisión? ¿Está averiada? ¿Por qué hai tanta diferencia entre o “desenvolvemento” de Vigo e a realidade de outras zonas de Galicia?

2º ¿Non será que Vigo é o motor económico de Vigo, a Coruña o motor económico da Coruña, e así un por un cada minifundio localista metropolitano de Galicia, enfrascado en sí mesmo sin unha Xunta de Galicia capaz de gobernar para todos?

3º Cada vez que as cidades galegas choran por novas infraestructuras de transporte ou calquera grande obra civil ¿pensa alguén si o beneficio económico se vai repartir proporcionalmente nas áreas rurais afectadas ou uns levan o morto e outros a herencia?

4º A sociedade urbana galega ¿sabe que existe un rural galego alén das “aldeas” e o “turismo rural”?
¿Estaría disposta a compartir algo do seu benestar cos que aturan os encoros dos que beben, ou os parques eólicos cos que se alumbran?

5º ¿Será mellor levar o modelo de desenvolvemento Vigués ou Coruñes ó rural, ou preferiremos deixalo como está hasta que entendamos en qué consiste o desenvolvemento sostible?

6º Si vostede fose millonario ¿viviría nunha grande urbe ou buscaría un lugar máis apartado?