¿Quiere el Gobierno que NO veas este spot?
Así se titula un correo electrónico que recibín de Amnistía Internacional, no que se explica que o Miniserio de Industria non permite que un vídeo seu se coloque nas televisións como divulgación de unha ONG (é dicir, de balde e sin que conte como tempo de publicidade emitida) porque, segundo o ministerio:
1º Acúsase a unha serie de gobernantes de varios países de violar os dereitos humanos.
2º Trátase de propaganda política, so permitida a partidos políticos e en época electoral.
Vexan vostedes o vídeo e despois falamos.
Agora que xa se puideron facer unha opinión non inducida pola miña, apunto eu:
1º Non consigo atopar un so punto do vídeo en que se se acuse ós protagonistas de crimes contra a humanidade. O feito de que a presencia de George W. Bush ou Kim Jong Il nun spot, adicado ós dereitos humanos, sexa considerado como unha acusación implícita de que os violan, demostra que no propio Ministerio están convecidos de que os gobernantes presentados no vídeo atentan contra os dereitos humanos. É como a historia aquela do cartel nazi sobre ciclistas e xudeus.
2º A única razón pola que nunca me opuxen a que exista unha lei que so lle permita facer propaganda política ós partidos, é que non sabía que existise. ¿Quén son os partidos políticos para monopolizar a mensaxe política? A veces penso que España pasou de unha dictadura militar a unha dictadura partidista. ¿Que fago cando sinto que os partidos políticos, ou a propia lei electoral, non me representan? ¿Estou obrigado a fundar un partido para poder publicitar as miñas inquedanzas? ¿Ou so teño dereito ó patalexo?
Xa hubo quen se me adiantou falando do tema no Blogomillo (Brétemas e Boedense) pero non se trata aquí de vender exclusivas, senon de facer opinión, e de chegar onde outros non queren que cheguemos.
Para min e obvio que o video esta a acusar a unha serie de governantes de non respetar os dereitos humanos. A mensaxe, ainda que implicita, e clara dada a seleccion dos personaxes. E coma se un texto sobre a importancia da honradez e ilustrado con imaxes de Jesus Gil, Mario Conde, Roldan, e logo por exemplo a de Anxo Quintana. O video estaria a implicar que Quintana tamen e un corrupto, ainda que a priori a xente non pensase que o sexa.
Ademais, pareceme este un xeito bastante covarde por parte de AI de facer tal acusacion. Unha acusacion tan seria hai que expresala de xeito claro e explicito, non de forma implicita e sobreentendida. E moi dificil defenderse dun video asi, no que so se insinua pero non se afirma nada.
Tamen me parece moi razoable e responsable que o governo espanhol se posicione contra este anuncio (ainda que a argucia legal sexa cuestionable). En caso contrario, o governo semellaria respaldar tal mensaxe, o que crearia graves conflictos diplomaticos bastante inutiles.
(Perdon pola omision de acentos, este teclado non os ten.)
Comment by David GR — February 13, 2008 @ 2:58 am
Non sabes canto me alegro cada vez que recibo un comentario mellor pensado que o meu propio artigo, David.
pero non se pode dicir que sexa o habitual.
Eu non creo que unha campaña de unha entidade privada fose a provocar un incidente diplomático, aínda que todo podería ser.
Nas campañas de AI sempre se lle chama a cada un polo seu nome, e foi nese contexto que este vídeo non me pareceu cobarde. De certo, sí que o parece cando se analiza illadamente (agora que o dis tí
Comment by F. Miguez — February 15, 2008 @ 12:21 pm
Conste que a miña intención era sobre todo levarche a contraria
O certo é que a lei esa sobre a propaganda política, de ser como a pintan no comunicado de AI, é bastante sorprendente… porque xa están tardando en pechar varias emisoras de radio, non?
Comment by David GR — February 15, 2008 @ 2:30 pm
Sempre digo que eu estou convencido de que sempre teño toda a razón, por iso me alegro cando alguén consigue demostrarme que non é certo e me saca do meu erro, como foi o caso da túa “contraria”.
Non sei como será esa lei pero, si é como dicen, efectivamente deberían pechar emisoras de radio, sindicatos, asociacións de empresarios, organizacións relixiosas…
Comment by F. Miguez — February 15, 2008 @ 4:37 pm