¡Son tan listo como un mono!

Teño feito propósito de non publicar máis de 3 ou 4 entradas semanais no blog, por aquilo de que o tempo é ouro. Con esa condición sería impensable facer dous post nun mesmo día salvo que aconteza algo extraordinario, coma hoxe. Xulguen vostedes mesmos:
Descubro, nunha entrada de UZ, un experimento no que un chimpancé ten que tentar un cacahuete do fondo de unha probeta amarrada ós barrotes da gaiola, sin ferramenta algunha. Evidentemente o reto é para os humanos, porque si o parente simio non fose quen de obter o cacahuete o experimento non sería noticia. ¿Cren vostedes que serían capaces de superar tal proba? ¿Cómo o farían? Pensen antes de ver o vídeo.


A razón da urxencia coa que publico isto é que, quen aquí lles apunta, resolveu o problema á primeira, coincidindo na metodoloxía co amigo mono. Disto pódense facer duas lecturas: que xa se me van notando as formas de enxeñeiro (e non é sin tempo), ou que madrugar para estudar polas mañáns está a ter consecuencias moi perniciosas sobre o meu sistema nervioso (e en particular sobre o meu cerebro) e é mellor que durma unha sesta. O tempo dirá.

A fonte da nova.

¿Quiere el Gobierno que NO veas este spot?‏

Así se titula un correo electrónico que recibín de Amnistía Internacional, no que se explica que o Miniserio de Industria non permite que un vídeo seu se coloque nas televisións como divulgación de unha ONG (é dicir, de balde e sin que conte como tempo de publicidade emitida) porque, segundo o ministerio:
1º Acúsase a unha serie de gobernantes de varios países de violar os dereitos humanos.
2º Trátase de propaganda política, so permitida a partidos políticos e en época electoral.

Vexan vostedes o vídeo e despois falamos.

Agora que xa se puideron facer unha opinión non inducida pola miña, apunto eu:

1º Non consigo atopar un so punto do vídeo en que se se acuse ós protagonistas de crimes contra a humanidade. O feito de que a presencia de George W. Bush ou Kim Jong Il nun spot, adicado ós dereitos humanos, sexa considerado como unha acusación implícita de que os violan, demostra que no propio Ministerio están convecidos de que os gobernantes presentados no vídeo atentan contra os dereitos humanos. É como a historia aquela do cartel nazi sobre ciclistas e xudeus.
2º A única razón pola que nunca me opuxen a que exista unha lei que so lle permita facer propaganda política ós partidos, é que non sabía que existise. ¿Quén son os partidos políticos para monopolizar a mensaxe política? A veces penso que España pasou de unha dictadura militar a unha dictadura partidista. ¿Que fago cando sinto que os partidos políticos, ou a propia lei electoral, non me representan? ¿Estou obrigado a fundar un partido para poder publicitar as miñas inquedanzas? ¿Ou so teño dereito ó patalexo?

Xa hubo quen se me adiantou falando do tema no Blogomillo (Brétemas e Boedense) pero non se trata aquí de vender exclusivas, senon de facer opinión, e de chegar onde outros non queren que cheguemos.