Dispara, ti si que eres feísmo. Casa consistorial de Soutomaior.

Cerebrada de Sutomaior.

Este é o resultado da ampliación feita na Casa Consistorial de Soutomaior. Ninguén no seu sano xuício diría que esta “cerebrada” combina equilibradamente o clásico co moderno, e o máis preocupante é pensar que alguén cobrou uns cartos polo proxecto de este atentado contra o patrimonio.

A foto foi tomada a princpios de 2007, cando aínda quedaban algúns retoques por facer no exterior. Atención ós cableados da fachada, clásico da arquitectura galega contemporánea.

O resto das fotos en esta galería.

Explicación: Esta é a primeira galería que subo no fotoblog. Escollina aleatoriamente. A dinámica de publicación, mentres “mifotoblog” non ofreza outras funcionalidades e eu estea en prácticas, vai ser ir subindo material ás galerías unha vez ó mes, e explica-lo contido nun artigo aloxado no mesmo fotoblog e copiado aquí, como este caso.
¿Qué dia é hoxe? ¿Segundo sábado de mes? Pois cada segundo sábado de mes, novas fotos, coa súa historia.
Agora, vou aproveitar esta tarde estival de febreiro… Para facer máis fotos ;)

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/02/09/dispara-ti-si-que-eres-feismo-casa-consistorial-de-soutomaior/trackback/

  1. O_o, tremenda barbaridade , mais que conste que o que mais chama a atención é a “fusión entre os dous telhados”.

    A minha dubida é si o arquitecto dignouse a ir ver o edificio que tinha ao lado, ou simplemente foi umha creación conceptual

    Comment by W. Sobchak — February 10, 2008 @ 10:45 am

  2. non me atrevo nin a cualificalo, non teño palabras. dáme arrepíos!

    Comment by Henrique — February 10, 2008 @ 7:01 pm

  3. Pues cuadra bastante ien con mi última entrada. No deja de ser otro atentado del estilo “os lo vendemos como muy moderno y muy de todo, a vosotros que no os enteráis de na, y que aunque os enteréis yo seguiré cobrando”.
    La entrada en cuestión:
    http://peregrinodelasrias.wordpress.com/2008/02/10/%c2%bfestamos-todos-locos-o-que/

    Comment by Peregrino — February 10, 2008 @ 8:10 pm

  4. Mi madriña! E dis tu que alguén cobrou por eso? Vaia despilfarro!

    Comment by O Raposo — February 10, 2008 @ 11:51 pm

  5. Ademáis da gratitude normal cando un recibe comentarios, neste caso alégrome particularmente de confirmar que a miña non era unha apreciación subxetiva, sinon que hai acordo en valorar que isto é un despropósito.

    Comment by F. Miguez — February 11, 2008 @ 7:31 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.