Novos tempos.
Dou hoxe por rematada a “parada técnica” do blog. Foron 35 días nos que non puiden cumplir todos os obxetivos previstos xa que, dentro de ese plazo, a Plataforma e a Federación de Asociacións de Veciños de Redondela decidiron convocar unha manifestación contra a Autovía, para o pasado día 1 de febreiro, cuios preparativos consumiron a práctica totalidade do tempo ocioso que eu esperaba adicarlle ó blog. (Total, para que houbese un temporal do copón que nos desluciu a protesta.)
O primeiro que fixen no blog estes días foi indagar por qué motivo saltaban un lote de pop-ups cada vez que se cargaba a páxina principal. Non foi difícil aplicando o método científico de hipótese - comprobación empírica, e topei que o culpable era o contador de visitas que tiña. Non era un mal contador, pero non me gusta a incomodidade que provocan os pop-ups, así que puxen un contador novo e ubiqueino debaixo do calendario da dereita. Por algunha razón, a páxina de statcounter non carga en Internet Explorer 6 (que eu saiba).
Despois revisei os links da columna “Lecturas Recomendadas”, retirando aqueles que demostraban síntomas de abandono para deixarlle o sitio a outros novos. Ademáis, aprendín a poñelos en orde alfabética, xa que blogsome ten predeterminada a orde cronolóxica, digamos que máis fea. Agardo que o alí presentado lles resulte de interese.
E, para rematar, esa foto da dereita enlaza a un fotoblog que montei, chamado dispara nun inxeniosísimo xogo de palabras :I Debo recoñecer que a creación de este fotoblog resultou excesivamente laboriosa na concepción e decepcionante nos resultados. Do primeiro, o único culpable son eu, capaz de botar dúas semanas a tirar fotografías e probablas hasta dar con unha que me convencera; de feito non foi así (tampouco me convence demasiado), senon que tiven que poñerme un ultimátum para pasar a facer outra cousa. Polo demáis, mifotoblog deixa escoller as cores, as fontes e pouco máis, polo que non hai moito no que enredar as horas. O dos resultados decepcionantes, débese a que a idea de abrir un fotoblog xurdiu para complementar ó Apunta, e para facilitarme un pouquiño a divulgación “da miña mensaxe”. Outra vez culpa miña, non ter investigado algo máis antes de ter queimado o tempo en preparar este fotoblog, xa que entre as súas poucas funcionalidades non inclúe a xeración de sementes rss, que me permitirían reflexar aquí os artigos que escriba alí (aínda tería que aprender cómo). Dende o servicio técnico de mifotoblog dixéronme que o rss sería incluído no futuro, así que mentres conformareime con copiar os artigos polo método tradicional de Ctrl+v.
Non corran a ver o que hai, que de momento está baleiro (vale, sí que hai algo, pero presentareino esta fin de semana, a modo de exemplo) . A miña intención é subirlle algo novo, en principio, unha vez ó mes. Xa iremos vendo (vostedes e mais eu) cómo furrula. De momento hai catro categorías, chamadas “Razóns para sentirse orgulloso de Galicia”, “Costaba o mesmo facelo ben”, “Os lugares máis galegos do mundo.” e “Ti si que eres feismo”. Coido que todos os títulos son bastante elocuentes, pero hai un en particular sobre o que convén unha aclaración: Cando se fala de feísmo galego, referímonos normalmente a solucións de estética dudosa que a xente do rural adopta fronte os seus problemas habitacionais (ou o do seu gando, ou do seu millo…). Recoñezo que moitas veces me irritei coa superioridade que o urbanita trata este asunto, e nunca tiven a oportunidade de aclararlle a ninguén que eses inxertos de ladrillo en pedra, e cousas semellantes, responden, como mínimo, a unha destas tres causas: a necesidade acuciante, a falta de cartos e a realidade da normativa urbanística galega. No meu fotoblog, o tratamento do feismo vai ser distinto. Vou intentar presentar casos nos que o resultado, feo sin lugar a subxetividades, está abalado por un arquitecto, por unha concellalía de urbanismo, e pola mesmísima Santa Sede, si necesario fose, ademáis de por unha porrada de cartos en moitas ocasións. Digamos que “feísmo arrogante”.
Nada máis, por agora. Só manifestar públicamente a miña ledicia porque me tocara o concurso que organizaron Ghanito e Besbellinha, que me fai moita ilusión, e poñerme mans ó choio.
Benvido logho.
Comment by paideleo — February 7, 2008 @ 10:23 pm
Espero que todo saíse ben e que recuperases folgos para repartir cera.
Comment by xm carreira — February 8, 2008 @ 5:06 pm
Espero que a cera sea creativa, e non buscarme moitos inimigos con isto
Comment by F. Miguez — February 8, 2008 @ 7:20 pm