Via ártabra. Vaia por Deus.

No telexonal da Galega de hoxe, deron a noticia de que se vai iniciar a construcción da “Via Artabra” no entorno da Coruña. Si non a viron, vexan a nova, e despois falamos.
Na historia deste blog hubo dous artigos relacionados con ese proxecto, titulados “da cuestión do tráfico na área metropolitana da Coruña”. No primeiro, a raiz da presentación oficial do proxecto, fixen unha crónica sobre os atascos circulatorios nas saídas da Cidade Herculina e expuxen as conclusións dun experimento, meu propio, sobre o autobús metropolitano no mesmo entorno. No segundo, centrome no abandono funcional que padece o ferrocarril como medio de transporte “de cercanías”, co exemplo do traxecto O Burgo-A Coruña. Nos dous, a idea era criticar a necesidade de construir esa Via Artabra, apoíandome noutro modelo de transporte máis sostible e máis rentable para a sociedade.

Estación do Burgo.

Así está a estación de ferrocarril do Burgo. Abandonada, como están a maioría das estacións e apeadoiros de Galicia (incluídas as da liña A Coruña-Vigo, unha das máis rentables de España, por si alguén cre que o problema está en que a xente non usa o tren).
Eu non andiven moito polo mundo adiante, así que voulles pedir que me aclaren unha dubida: ¿coñecen vostedes algunha área metropolitana do mundo na que as estacións de ferrocarril estén abandonadas, ou sirven para que a xente se desplace entre as súas casas e os seus traballos? ¿Están as estacións de tren madrileñas cerradas e abandonadas? Eu pregunto porque, no video da noticia enlazada, sae o noso presidente Touriño comparando a Via Ártabra coa M-40 (como si Madrid fose un exemplo de crecimento urbano ordenado e sostible).
Queridos lectores: esta xente engánanos. Galicia non necesita infraestructuras. Ou polo menos, ninguén me vai convencer do contrario mentres que as vías de comunicación xa existentes estén abandonadas, no canto de ofrecerlle á sociedade o servicio para o que foron construídas. Están gastando os cartos (e destruindo o entorno, xa de paso) irracionalmente.
Para que non todo sexa negro, tamén lles enlazo unha nova que me gustou moito máis: a Consellería de Industria vai tomar medidas para intentar que as tendas de ultramariños rurais (as de toda a vida, vamos) sobrevivan. ¿Nunca se lles ocurriu pensar que a mellor maneira de reducir os problemas de tráfico era evitar que a xente teña que ir en coche ás cidades para todo? O que merque na súa parroquia non fará cola para sair do Carrefour. Xúrollo.

Nota: Nas inforamcións do 2006 falábase de 67 M€, na de hoxe… 140M€. Apunta, para non o esquecer.

Democracia participativa I.

Pleno Ordinario.

Esta é unha foto do pleno ordinario mensual, celebrado onte no Concello de Redondela. O señor de pelo blanco ó fondo é o noso alcalde pírrico, Xaime Rei (PSOE), con él, na mesa están a secretaria e o apoderadodo concello, e a señora vista (daquela maneira) de perfil, onde a bandeira española, é Francisca Canal, cabeza da oposición (PP). O resto, somos xente que acudiu ó pleno para obrigarlle ós políticos de Redondela a enterarse dos problemas que hai nesta vila. Estaban os traballadores da recollida do lixo expedientados (todo indica que ilícitamente) pola folga do ano pasado, había xente de Cabanas (Rande) que leva tempo pedindo un semáforo para cruzar a estrada N-552, os de Chapela pedindo que o Concello evite que se conduza o tráfico pesado do porto de Vigo por onde as súas vivendas, e veciños das parroquias potencialmente afectadas pola autovía Vilaboa-Peinador, xunto con membros da Plataforma Cidadá de Redondela, esixindo que o Concello faga públicas as súas xestións ó respecto no Ministerio de Fomento, e que non sigan mentindo cando dicen que a xente está a favor da autovía. Cada pancarta da foto é por unha cousa diferente, e desde onde eu estaba, non fun capaz de retratalas todas nunha soa imaxe, nin se aprecia que na rúa había xente tocando o bombo hasta que a policía lles pediu o carné.
Polo xeral, o personal que acude a un pleno no Concello de Redondela disfruta tanto que repite. Partímonos de risa cando un do PP pregunta por certo proxecto que leva dous anos de retraso e o alcalde resposta que é un proxecto no que ten “unha grande ilusión”, ou cando a xefa da oposición esixe que os contenedores do lixo non oculten os comercios da rua Alfonso XII, e resulta que nesa rúa non hai ningún contenedor. Pero, ademáis, desfrutamos descubrindo quen son os nosos políticos: xente que fala sin saber, xente que intenta trepar por enriba dos outros, xente déspota e prepotente que manipula o que faga falla cando os poñen en evidencia… E en frente deles nos, os veciños, ríndonos (deles) por non chorar, e disfrutando co incómoda que lles resulta a todos, goberno e oposición, a presencia dun público que ve, escoita, e non cala.
Mentres isto acontecía (o pleno rematou case ás dez), seguramente moitos de vostedes se sentaban diante do televisor para ver o debate “Touriño-Quintana-Feijoo”, e deixenme dicirlles que iso non é democracia. Escoitar tres (ou dous, no caso do debate Zapatero-Rajoy) discursos herméticos, precociñados por asesores propagandísticos que aplican á política os mesmos métodos que na mercadotecnia empresarial, non lles é democracia, non. “O goberno do pobo” non consiste, creo eu, e igual me engano, en depositar unha papeleta nunha furna cada catro anos, senon en mandar nos, a xente. A semana que ven, explicareilles un concepto que xurdiu o outro dia nunhas conversas que tivemos aquí, e que poderíamos chamar “a seguinte transición” (xa hubo un que usurpou o termo “Segunda Transición”).
Polo de agora, limítome a convidalos a que acudan a un pleno do seu concello (si son concelleiros ou alcaldes non vale ;) . Non individualmente, senon nun grupo medianamente organizado e con algunha reivindicación concreta e razonable plasmada en unha pancarta. Observen a conducta dos seus “representantes”, si non é a primeira vez, será á segunda, pero verán como lles cambia a idea que tiñan vostedes da política, sin necesidade de que o seu concello sexa un dos polvoríns políticos de Galicia, como son Redondela, Santa Comba, Aranga… Xa me contarán, xa.

A nova do pleno “ordinario” en Faro de Vigo, a Voz de Galicia (?) e en Vigo Metropolitano.

Seguridade en adiantamentos.

Esta semana pasada produciuse un accidente, no que se viu implicado un autobús escolar, cando un turismo que o adiantaba o golpeou lateralmente cando tentaba abortar o adiantamento. Afortunadamente non hubo vítimas. Noutro accidente menos sonado nos medios, morreu unha muller nunha colisión en similares circunsancias. Neste artigo tentarei dar varias directrices a seguir nos adiantamentos, tanto por parte do que fai a maniobra como dos demáis conductores, na procura de aumenta-la seguridade. Estes consellos teñen importancia, sobre todo, cando un adiantamento se fai empregando o carril reservado para o sentido contrario, co risco de colisionar frontalmente con un vehículo que circula en sentido contrario ó noso. A orde na que se dan non é casual.

Todos coas luces acesas sempre. Póñolle o número o porque non se trata de unha cuestión estritamente relacionada cos adiantamentos, pero nos dous casos citados na introducción, a néboa puido influir no feito de que os vehículos que adiantaban se visen sorprendidos por sendos vehículos que viñan de frente. Non coñezo os pormenores destes casos en concreto, pero todos estaremos de acordo en que unha correcta iluminación reduce o risco de que un coche non sexa visto por outro que pretende adiantar, ou de que este segundo non sexa visto polos demais.

Coñeza ben o seu vehículo. Antes de poñerse a adiantar co seu coche (de feito, antes de sair á estrada con un coche) debe de ter experimentado vostede sobradamente a capacidade de aceleración e frenada, en calquera marcha e a calquera velocidade, para poder calcular correctamente as posibilidades que vai ter á hora de realizar un adiantamento.

Valore a verdadeira necesidade do adiantamento. Adiantar é posiblemente a maniobra máis perigosa que permite o regulamento, xa que implica moitas veces colocarse nun carril no que circulan coches en sentido contrario, poñernos a unha velocidade máis alta da que estamos acostumbrados a manexar e, por definición, circulando en paralelo e próximo a outro vehículo. Por isto, non debemos adiantar si non é verdadeiramente necesario. Si non vamos circular moito máis rápido que aquel que nos precede, ou estamos cerca do noso destino, o tempo que se vai gañar adiantando pode non compensar o risco.

Estudie ó vehículo que o precede. Algúns conductores aceleran espontáneamente cando se dan conta de que van demasiado despacio, ou para non deixarse adiantar, o que pode prolongar o adiantamento perigosamente. Tamén debemos observar si se trata de un conductor novato ou inseguro, que poida ter unha reacción imprevista si o sorprendemos ó adiantalo, e debemos ver si ten unha traxectoria estable ou vai dando bandazos e asegurarnos de que non ten intención de poñerse a xirar á esquerda ou adiantar a outro que o preceda cando nos intentemos rebasalo.

Prepárese primeiro e decida despois. Cando se estea a plantexar a necesidade de adiantar ó vehículo que o precede, empece por poñe-la marcha adecuada segundo o experimentado no punto 1º, colóquese á distancia correcta do outro vehículo e adopte a disposicón mental precisa para adiantar. Unha vez feito iso poderá decidir si adianta ou non. Facelo ó revés pode dar lugar a erros que prolonguen a maniobra perigosamente; por exemplo, un mal cambio de marcha cando xa temos iniciado o adiantamento, pode prolongalo uns metros críticos.

Meta o coche so onde vexa. Antes de iniciar o adiantamento calcule onde o vai rematar, valorando o citado no punto 1º, a velocidade do vehículo que o precede, a actitude do seu conductor, e as características da via. É imperativo ter visión directa de todo o espacio que vai ocupar o noso vehículo durante o adiantamento. Cumplir a normativa ó respecto, é dicir, non adiantar na proximidade de cambios de rasante, curvas, etc. pode ser de grande axuda nese sentido. Tamén hai que ter seguro que vemos onde nos metemos con chuvia, con néboa ou de noite.

Calcule canto vai tardar en topar o primeiro de frente. A vista humana ten a facultade de calcular a posición e velocidade dun vehículo que se nos achega, e axudarnos a predecir canto tardaremos en encontrarnos con él si contamos coa experiencia referida no punto 1º. Isto non é suficiente. Aínda que vexamos a estrada despexada, hai que valorar si un vehículo avanzando cara nos en sentido contrario a unha velocidade elevada (pero realista) podería chegar dende fora do noso campo de visión antes de que rematemo-la maniobra.

Mire para os lados. Na procura de peatóns, ciclistas ou calquera usuario da vía que poida interferir na súa traxectoria ou na do vehículo que pretende adiantar, obrigándolle a facer un desprazamento lateral. Atención tamén a vehículos que pretendan incorporarse á calzada porque poden ignorar a posibilidade de que nos, ó adiantar, ocupemos un carril que crian libre. É un clásico, o que se incorpora xirando cara a súa dereita mentres mira para a esquerda que non lle veña ningún polo carril no que entra, e se topa de frente con un que ven adiantando; eu teño sido varias veces ese que ven adiantando. Ademáis disto, unha valoración do ancho dos arcéns e das posibilidades de escapatoria permitiranos estimar as condicións de seguridade que acompañarán o noso adiantamento.

Mire para máis adiante.Tamén e importante saber qué hai por diante do vehículo que pretendemos adiantar, si hai outros vehículos cos que poidamos colisionar por alcanzamento si non retornamos ó carril con precaución, ou si directamente non hai un oco no que meternos por que non se están a respetar as distancias de seguridade. Asegúrese tamén de que non hai pasos de cebra, vehículos detidos na calzada ou calquera outra circunstancia que nos poida sorprender.

Poña o intermitente e mire polo espello. Lembre que non está so na estrada. O espello evitaralle botarse contra outro que xa estea intentado adiantalo a vostede, e o intermitente pode servir para que nin o de adiante nin o de atrás se poñan a adiantar cando xa iniciou a maniobra. Si o que lle precede non ten estas mesmas precaucións e interfire na súa traxectoria, trate de avisalo das súa intencións co claxon e non dubide en abortar a maniobra antes de prolongala perigosamente. A título anecdótico contareilles que, hai uns anos, este que está aquí, para servirlles no que faga falla, foi envestido lateralmente (como nas películas) cando adiantaba a outro turismo nas curvas da Avenida de Madrid, baixando do Meixoeiro cara Vigo. Tratábase de unha señora portuguesa que non se lembrou de que non era a única que estaba na estrada. Direilles como corolario que, aquel dia, descubrín o realmente dura que é a pintura dos coches porque, aínda que a señora nos desplazou lateralmente, ninsiquera nos fixo unha raspadela na chapa.

10º A traxectoria correcta. Miren esta figura que debuxei para este artigo:

Adiantamento.

O coche amarelo pretende representar a posición do vehículo adiantado antes (I) e despois (F) da maniobra, mentres que a liña vermella se corresponde coa traxectoria do que adianta. A maniobra debe ter dúas fases máis ou menos diferenciadas: Sempre acelerando a fondo, a primeira fase dura mentres o noso coche aínda non colleu velocidade, abriremonos hacia a esquerda o máximo posible para afastarnos ben do vehículo que imos adiantar. Na segunda fase, apuntamos o coche cara donde pretendemos rematar a maniobra e, sin deixar de acelerar ou subindo de marcha cando sexa necesario, vámonos volvendo cara o noso carril progresivamente. Baixo ningún concepto se debe facer ó revés: facer un movimento brusco cara o final da maniobra é moito máis perigoso porque a velocidade vai ser, naturalmente, maior e porque podemos incomodar ó vehículo que adiantamos. Lembre adaptar de novo a súa velocidade ós vehículos que queden por diante, e manteña a distancia de seguridade.

11º Non respete o limite de velocidade. O código de circulación permite superar en 20 Km/h a velocidade máxima xenérica dunha vía para executar un adiantamento, excepto en autopista e autovía. Isto debe interpretarse nos términos do 2º punto; si o vehículo que o precede circula no límite de velocidade da vía, vostede debería cuestionarse a necesidade de adiantar. Sexa no caso que sexa, unha vez iniciada unha maniobra de adiantamento, non mire o velocímetro para nada. Cada segundo que pase no carril do sentido contrario ou circulando paralelo a outro vehículo é perigoso, así que pise o gas a fondo e volva canto antes ás condicións normais de marcha. Só cando as prestacións do vehículo superen a aceleración que vostede estea acostumbrado a manexar debe de ser reticente co uso do acelerador, pero neste sentido debe terse sempre presente o punto 1º.

12º Si algo vai mal, renuncie ou continúe, pero con decisión. Unha vez inciado o adiantamento, son moitas as cousas que poden sair mal. Como regla xeral, si vostede aínda non rebasou o vehículo que pretendía adiantar frene con decisión e volva para detrás de él. Teña presente que os coches sempre frenan máis do que aceleran. Unha freada de emerxencia correcta é simétrica á traxectoria descrita no punto 10º: empece frenando forte (pero sin brusquedades, sobre todo en curva) para reducir a maior cantidade de velocidade posible, e despois relaxe un pouquiño para que a dirección teña unha resposta máis estable. (Queda pendiente adicarlle un post enteiro á frenada de emerxencia, xa que este é un caso un pouqiño singular fronte a norma de non relaxar nunca o freo cando se trata de coches con ABS.) Si xa ten prácticamente rebasado ó outro vehículo siga acelerando con firmeza para rematar canto antes, aínda que teña que obrigar ó outro a frenar algo. Asuma unha decisión e sexa consecuente con ela, porque os segundos corren na súa contra.

13º Si o perigo e inminente, busque unha escapatoria. Resumidamente: unha colisión frontal entre vehículos que circulen en sentido contrario é o peor dos escenarios posibles; sempre é mellor una colisión lateral ou unha saída da via. Así que, si a colisión contra outro vehículo que veña de frente é inevitable dea un volantazo hacia a súa dereita, tentando colocarse de novo no carril. Si choca co que está a adiantar as consecuencias poden ser menos graves que si choca co que ven de frente. Si observa que o que ven de frente a vostede non varía a traxectoria ou se vai cara a nosa dereita tal vez nos debamos tirar cara a esquerda, ó arcen contrario ou fora da via. O uso do freo non é evidente: si fuximos cara a esquerda, ó arcen contrario, ou seguimos de frente hai que frenar ó maxímo, co fundamento de que canto máis frenemos menor será a velocidade de colisión, e menores os potenciais daños; si vamos dar o volantazo cara o noso carril, canto máis frenemos maior diferencia de velocidades teremos cos coches que avanzan no noso sentido… salvo que eles frenen tamén e nos deixen un oco. Ousexa: si nos tiramos á dereita non frenamos e si nos tiramos á esquerda frenamos a fondo. Afortunadamente, eu nunca me vin nesta situación, que é a típica na que unha cousa é dicilo e outra cousa é facelo. Sí podo dicir por experiencia que non perder a calma pode axudar a ver ese oco no que meter o coche e salvar a vida.

14º Si vostede é adiantado. O regulamento obrigao a facilitar a maniobra, e o sentido común tamén. Levante o pe do acelerador ou incluso frene un pouquiño para abrirlle un oco diante de vostede a quen o adiante. Permaneza atento durante toda a maniobra, e si o vehículo que o adianta se ve en apuros: A) si aborta a maniobra e frena, vostede non frene tamén, porque se quedarán a mesma altura, trate de abrir o oco detrás de vostede B) si trata de rematar o adiantamento, frene vostede para facilitarllo. Como regla xeral, pense que os coches frenan moito máis do que aceleran, pero debe frenar vostede primeiro, e de xeito evidente, si non quere que o outro se vexa nunha situación comprometida para todos.

15º Si outro vehículo se lle achega de frente adiantando. Levante o pe ou frene lixeiramente para darlle máis tempo antes de chegar onda vostede. No contexto do exposto no punto 13º, tome vostede a iniciativa da maniobra evasiva apartándose cara o seu arcén ou saíndo da vía si é necesario. Sepa que, si non chega a chocar contra o outro coche, pode ser que o seguro (do outro coche) non se faga cargo dos danos, salvo que haxa un atestado que demostre o imperativo da maniobra. Con insto en mente, vale máis esfolar o coche contra un balado que chocar de frente con un ven adiantando con toda a forza, aína que o seguro só nos vaia abonar os danos no segundo caso.

16º Consideracións finais. (16.a) Si se fixan, a maioría destes humildes consellos céntranse nos instantes previos ó adiantamento; por algo será. (16.b) Si é vostede das personas que conducen con mentalidade competitiva, empece a mudar a súa actitude, porque os demáis non estamos na estrada para medir a nosa chulería sinon para ir de un sitio a outro; trate de demostrar a súa superiorioridade en actividades nas que non comprometa a seguridade doutras personas. (16.c) Hai unha mala noticia: hai que saber todo o aquí exposto para ciruclar con seguridade e algo máis (non chega con respetar as normas). A boa é que está ó alcance da maioría das personas.

Si consideran de interese o aquí dito, cíteno, copieno ou traduzan a outro idioma libremente, eu non me gaño a vida con este blog. E si cren oportuno engadir algunha cousa, tódalas suxerencias serán ben vidas.

Porque Peinador lo vale. (Motor económico II)

“Peinador ten que seguir medrando porque… para estar ahí, e porque Peinador o merece.”
Santiago Domínguez Olveira, teniente de alcalde no Concello de Vigo, en declaracións á SER esta mañá.

“Para estar ahí e porque o merece” non son razóns. Razóns poden ser “para ampliar a oferta”, “porque a demanda está a medrar”, “para iniciar novas actividades” ou “para estacionar os avións con maior seguridade”, si se demostran axeitadamente e sin manipular os estudios. O resto, son estupideces que non xustifican a tensión que padecen os veciños de Redondela e Mos, coas súas casas afectadas polo aeroporto e en risco permanente de que llas expropien e se teñan que marchar a outro lado.
O absurdo rematouno o locutor de Radio Vigo despois de despedir a Olveira con estas dúas perlas.

“…si quieren ir a pasar un fin de semana, por ejemplo, a Londres ya no tendremos que desplazarnos a otras ciudades gallegas para cojer un avión…” (ó que eu respondo 1.a ¿Qué pasa, apedrexan á xente nas outras cidades galegas? 2.a ¿Entón para que levades tanto tempo ladrando polo dichoso AVE?)
“Con las nuevas líneas incluso podremos ir cuando queramos a Miami, a ver a los Heat, por ejemplo.” Ó cal non vou repostar nada.

Si o locutor de Radio Vigo estaba facendo unha ironía, síntollo moito pero eu non a collín. Eu son de ese tipo de galegos que están hasta o carallo cansados de que estraguen os nosos cartos en obras para ter feliz ás partes implicadas nas “históricas” rivalidades localistas galegas. Eu son de ese tipo de galegos que viaxou dúas veces en avión, pero que atura o seu ruido tódolos días da semana. Tanto en Redondela como en Culleredo. (E non, eu non teño a casa afectada polo aeroporto.)

Motor económico.

Aínda que me queda a un paso, eu vou moi pouquiñas veces a Vigo. E de meterme no centro da cidade xa non falemos. Cando vou, vexo as ruas máis ou menos arregladas, vexo homes de traxe e mulleres tinguidas de loiro con vistosos pendientes (de roupa non entendo nada), coches novos, e do contraste entre as cidades e o rural galegos, asáltanme varias dúbidas que me gustaría fosen respostadas.

Contrastes.

1º Si Vigo é o motor económico de Galicia ¿existe unha transmisión? ¿Está averiada? ¿Por qué hai tanta diferencia entre o “desenvolvemento” de Vigo e a realidade de outras zonas de Galicia?

2º ¿Non será que Vigo é o motor económico de Vigo, a Coruña o motor económico da Coruña, e así un por un cada minifundio localista metropolitano de Galicia, enfrascado en sí mesmo sin unha Xunta de Galicia capaz de gobernar para todos?

3º Cada vez que as cidades galegas choran por novas infraestructuras de transporte ou calquera grande obra civil ¿pensa alguén si o beneficio económico se vai repartir proporcionalmente nas áreas rurais afectadas ou uns levan o morto e outros a herencia?

4º A sociedade urbana galega ¿sabe que existe un rural galego alén das “aldeas” e o “turismo rural”?
¿Estaría disposta a compartir algo do seu benestar cos que aturan os encoros dos que beben, ou os parques eólicos cos que se alumbran?

5º ¿Será mellor levar o modelo de desenvolvemento Vigués ou Coruñes ó rural, ou preferiremos deixalo como está hasta que entendamos en qué consiste o desenvolvemento sostible?

6º Si vostede fose millonario ¿viviría nunha grande urbe ou buscaría un lugar máis apartado?

GALIZA NON SE VENDE

Galiza NON se vende.

¡Son tan listo como un mono!

Teño feito propósito de non publicar máis de 3 ou 4 entradas semanais no blog, por aquilo de que o tempo é ouro. Con esa condición sería impensable facer dous post nun mesmo día salvo que aconteza algo extraordinario, coma hoxe. Xulguen vostedes mesmos:
Descubro, nunha entrada de UZ, un experimento no que un chimpancé ten que tentar un cacahuete do fondo de unha probeta amarrada ós barrotes da gaiola, sin ferramenta algunha. Evidentemente o reto é para os humanos, porque si o parente simio non fose quen de obter o cacahuete o experimento non sería noticia. ¿Cren vostedes que serían capaces de superar tal proba? ¿Cómo o farían? Pensen antes de ver o vídeo.


A razón da urxencia coa que publico isto é que, quen aquí lles apunta, resolveu o problema á primeira, coincidindo na metodoloxía co amigo mono. Disto pódense facer duas lecturas: que xa se me van notando as formas de enxeñeiro (e non é sin tempo), ou que madrugar para estudar polas mañáns está a ter consecuencias moi perniciosas sobre o meu sistema nervioso (e en particular sobre o meu cerebro) e é mellor que durma unha sesta. O tempo dirá.

A fonte da nova.

¿Quiere el Gobierno que NO veas este spot?‏

Así se titula un correo electrónico que recibín de Amnistía Internacional, no que se explica que o Miniserio de Industria non permite que un vídeo seu se coloque nas televisións como divulgación de unha ONG (é dicir, de balde e sin que conte como tempo de publicidade emitida) porque, segundo o ministerio:
1º Acúsase a unha serie de gobernantes de varios países de violar os dereitos humanos.
2º Trátase de propaganda política, so permitida a partidos políticos e en época electoral.

Vexan vostedes o vídeo e despois falamos.

Agora que xa se puideron facer unha opinión non inducida pola miña, apunto eu:

1º Non consigo atopar un so punto do vídeo en que se se acuse ós protagonistas de crimes contra a humanidade. O feito de que a presencia de George W. Bush ou Kim Jong Il nun spot, adicado ós dereitos humanos, sexa considerado como unha acusación implícita de que os violan, demostra que no propio Ministerio están convecidos de que os gobernantes presentados no vídeo atentan contra os dereitos humanos. É como a historia aquela do cartel nazi sobre ciclistas e xudeus.
2º A única razón pola que nunca me opuxen a que exista unha lei que so lle permita facer propaganda política ós partidos, é que non sabía que existise. ¿Quén son os partidos políticos para monopolizar a mensaxe política? A veces penso que España pasou de unha dictadura militar a unha dictadura partidista. ¿Que fago cando sinto que os partidos políticos, ou a propia lei electoral, non me representan? ¿Estou obrigado a fundar un partido para poder publicitar as miñas inquedanzas? ¿Ou so teño dereito ó patalexo?

Xa hubo quen se me adiantou falando do tema no Blogomillo (Brétemas e Boedense) pero non se trata aquí de vender exclusivas, senon de facer opinión, e de chegar onde outros non queren que cheguemos.

Dispara, ti si que eres feísmo. Casa consistorial de Soutomaior.

Cerebrada de Sutomaior.

Este é o resultado da ampliación feita na Casa Consistorial de Soutomaior. Ninguén no seu sano xuício diría que esta “cerebrada” combina equilibradamente o clásico co moderno, e o máis preocupante é pensar que alguén cobrou uns cartos polo proxecto de este atentado contra o patrimonio.

A foto foi tomada a princpios de 2007, cando aínda quedaban algúns retoques por facer no exterior. Atención ós cableados da fachada, clásico da arquitectura galega contemporánea.

O resto das fotos en esta galería.

Explicación: Esta é a primeira galería que subo no fotoblog. Escollina aleatoriamente. A dinámica de publicación, mentres “mifotoblog” non ofreza outras funcionalidades e eu estea en prácticas, vai ser ir subindo material ás galerías unha vez ó mes, e explica-lo contido nun artigo aloxado no mesmo fotoblog e copiado aquí, como este caso.
¿Qué dia é hoxe? ¿Segundo sábado de mes? Pois cada segundo sábado de mes, novas fotos, coa súa historia.
Agora, vou aproveitar esta tarde estival de febreiro… Para facer máis fotos ;)

Novos tempos.

Dou hoxe por rematada a “parada técnica” do blog. Foron 35 días nos que non puiden cumplir todos os obxetivos previstos xa que, dentro de ese plazo, a Plataforma e a Federación de Asociacións de Veciños de Redondela decidiron convocar unha manifestación contra a Autovía, para o pasado día 1 de febreiro, cuios preparativos consumiron a práctica totalidade do tempo ocioso que eu esperaba adicarlle ó blog. (Total, para que houbese un temporal do copón que nos desluciu a protesta.)
O primeiro que fixen no blog estes días foi indagar por qué motivo saltaban un lote de pop-ups cada vez que se cargaba a páxina principal. Non foi difícil aplicando o método científico de hipótese - comprobación empírica, e topei que o culpable era o contador de visitas que tiña. Non era un mal contador, pero non me gusta a incomodidade que provocan os pop-ups, así que puxen un contador novo e ubiqueino debaixo do calendario da dereita. Por algunha razón, a páxina de statcounter non carga en Internet Explorer 6 (que eu saiba).
Despois revisei os links da columna “Lecturas Recomendadas”, retirando aqueles que demostraban síntomas de abandono para deixarlle o sitio a outros novos. Ademáis, aprendín a poñelos en orde alfabética, xa que blogsome ten predeterminada a orde cronolóxica, digamos que máis fea. Agardo que o alí presentado lles resulte de interese.
E, para rematar, esa foto da dereita enlaza a un fotoblog que montei, chamado dispara nun inxeniosísimo xogo de palabras :I Debo recoñecer que a creación de este fotoblog resultou excesivamente laboriosa na concepción e decepcionante nos resultados. Do primeiro, o único culpable son eu, capaz de botar dúas semanas a tirar fotografías e probablas hasta dar con unha que me convencera; de feito non foi así (tampouco me convence demasiado), senon que tiven que poñerme un ultimátum para pasar a facer outra cousa. Polo demáis, mifotoblog deixa escoller as cores, as fontes e pouco máis, polo que non hai moito no que enredar as horas. O dos resultados decepcionantes, débese a que a idea de abrir un fotoblog xurdiu para complementar ó Apunta, e para facilitarme un pouquiño a divulgación “da miña mensaxe”. Outra vez culpa miña, non ter investigado algo máis antes de ter queimado o tempo en preparar este fotoblog, xa que entre as súas poucas funcionalidades non inclúe a xeración de sementes rss, que me permitirían reflexar aquí os artigos que escriba alí (aínda tería que aprender cómo). Dende o servicio técnico de mifotoblog dixéronme que o rss sería incluído no futuro, así que mentres conformareime con copiar os artigos polo método tradicional de Ctrl+v.
Non corran a ver o que hai, que de momento está baleiro (vale, sí que hai algo, pero presentareino esta fin de semana, a modo de exemplo) . A miña intención é subirlle algo novo, en principio, unha vez ó mes. Xa iremos vendo (vostedes e mais eu) cómo furrula. De momento hai catro categorías, chamadas “Razóns para sentirse orgulloso de Galicia”, “Costaba o mesmo facelo ben”, “Os lugares máis galegos do mundo.” e “Ti si que eres feismo”. Coido que todos os títulos son bastante elocuentes, pero hai un en particular sobre o que convén unha aclaración: Cando se fala de feísmo galego, referímonos normalmente a solucións de estética dudosa que a xente do rural adopta fronte os seus problemas habitacionais (ou o do seu gando, ou do seu millo…). Recoñezo que moitas veces me irritei coa superioridade que o urbanita trata este asunto, e nunca tiven a oportunidade de aclararlle a ninguén que eses inxertos de ladrillo en pedra, e cousas semellantes, responden, como mínimo, a unha destas tres causas: a necesidade acuciante, a falta de cartos e a realidade da normativa urbanística galega. No meu fotoblog, o tratamento do feismo vai ser distinto. Vou intentar presentar casos nos que o resultado, feo sin lugar a subxetividades, está abalado por un arquitecto, por unha concellalía de urbanismo, e pola mesmísima Santa Sede, si necesario fose, ademáis de por unha porrada de cartos en moitas ocasións. Digamos que “feísmo arrogante”.
Nada máis, por agora. Só manifestar públicamente a miña ledicia porque me tocara o concurso que organizaron Ghanito e Besbellinha, que me fai moita ilusión, e poñerme mans ó choio.