Parada técnica.
Igual que fixera o ano pasado, pero sin agardar ó aniversario do blog, vou facer unha parada técnica, quedando suspendida dende hoxe, e hasta a semana do 4 de febreiro (despois do entroido), a publicación de novos artigos.
Van ser seis semanas nas que, fundamentalmente, tentarei estudiar e poñer en marcha unha dinámica de escritura que me sexa compatible co horizonte de actividades que se me presentan para este ano. Fundamentalmente, para evitar que se repita a sensación de abandono que tiven no último mes, a sabendas de que o tempo que lle poida adicar a esta actividade vai ser cada vez menor.
Salvo que se produza algún suceso extraordinario, agardo velos de novo por aquí en canto comece a cuaresma, e agora mesmo, en canto remate de escribir isto, vou ser eu mesmo o que comece a recuperar o tempo perdido de este mes (e pico) sin ler o que outros veciños colgaron nas súas viñas.
Vaian, pois, comenzando o ano con bo pe, que nos veremos co enterro da sardiña.