¿Vasme dicir tí o que é progreso?
“Si fora por xente coma ti, seguríamos vivindo nas cavernas.”
É unha frase moi clásica. A min dixéronma algunha vez, pero tamén a teño oído ou lido en debates nos que eu non participaba. Estou farto de ela, e vouna contestar de unha vez:
“Seguríamos vivindo nas cavernas si fose por xente coma vos, que non aceptades que se cuestione o que se está a facer. Agora, o dogma pasa pola tecnoloxía, pola alteración do entorno, por crer que coa ciencia na man podemos virarlle as costas a unha natureza da que vimos. Adiante, pensade que o retrógrado son eu, e seguide sin darvos conta de que outros tentamos pensar máis adiante do mundo que temos agora, no canto de aferrarnos á ilusión de que somos o máis listos que podemos ser e que todo o que fagamos hoxe, si leva as palabras tecnoloxía ou ciencia escrito nalgún lado vai ser perfecto. Iso é o que vos convirte en iguais ó que afirmades repudiar, que non admitides que o pensamento crítico e a busca de alternativas foron a orixe da evolución.
O progreso non é unha forma de pensamento en sí mesmo, sinon o resultado de aquelas formas de pensmento que marcaron unha diferencia coas que estaban establecidas no seu momento.”
Estou bastante dacordo con a tua definición. E o pensamento crítico e imprecindivle que se teña presente de cotio.
Comment by ártabro — December 19, 2007 @ 2:19 pm
Pois permítame animalo a comentar en que puidera non estar de acordo, porque o debate é o outro grande motor do progreso e a razón.
Comment by F. Miguez — December 20, 2007 @ 8:03 am