Os máis achegados nesta parroquia blogueira, terán observado que dunhas semanas para aquí a miña actividade neste eido non é a habitual, nin no tocante a este meu blog, nin nas miñas visitas a poleiros alleos. Existen tres razóns para iso: unha recente viaxe a Londres (da que desexaría apuntar algunhas cousas), os exames de decembro, e o proceso de alegacións ó estudio informativo para a jodida dichosa autovía por Redondela (e Vilaboa, e Soutomaior…). Están ordenados de maior a menor placer personal, ou en orde crecente de desagrado e nerviosismo.

Quero apuntar hoxe, para non o esquecer, que veño de rillar catrocentas páxinas do estudio informativo e outras documentacións en menos de catro horas (discontínuas) e, deixando á marxe a tensión que me produce estar a traballar con un documento que plantexa destruir para sempre o entorno do lugar no que vivo (a zona vermella é unha trincheira de 25m na parte máis fonda, e a zona verde un aterrado da mesma altura), a empresa estame producindo un certo grado de orgullo polo mero feito de que entendo o que se dice no estudio, e incluso sinto que teño a capacidade de rebatir certos argumentos e conclusións expostos.
Non se enganen, o título que eu espero obter ó longo de este 2008 que empeza é o de “Enxeñeiro Industrial, Especialidade Mecánica, Intensificación Máquinas” (as estructuras tamén son mecánica, pero teñen outra “intesificación”, aínda que nos tamén as tocamos). É dicir, que vou sabendo algo de cómo funcionan as máquinas, cómo se fabrican, e como se usan… pero de estradas, nada de nada, oiga.
Ou sí. Resulta que os procesos de decisións (chámanlle “análisis multicriterio”) son moi parecidos a ferramentas que eu estudiei. Que o VAN e o TIR, e outras, son magnitudes económicas que están dentro do meu programa de estudios. Que a construcción de hipótesis de cálculo, ou a definición das condicións de contorno dun problema… digamos que non son iguais, pero son as mesmas. En resumen, que neste fregado no que se me mezclan sentimentos e intelixencia, confírmaseme que mereceu a pena ter escollido a que probablemente era a carreira máis enciclopédica que se ofertaba naquel momento porque, agora, sei algo.
E dende este intre de gloria personal, penso con certa condescendencia nos rapaces e rapazas que estudan polo plano que sustituiu ó meu, e máis aínda a aqueles que estudiarán polo Tratado de Bolonia, víctimas de un sistema que apunta a unha Universidade que xa non dote ás personas de coñecemento, sinón das habilidades necesarias para ocupar un posto de traballo, que non é o mesmo.
Hoxe, coa vista achicharrada, nervioso, e temeroso de que o traballo que estamos a levar outras moitas personas e mais eu poida non servir para nada, atópome súbitamente contento de sentir que todo o que estudiei me sirve, polo menos, para tratar de impedir que outros nos metan os dedos nos ollos e pasen por enriba de nos.
Teñan todos un Bo Nadal
.