Eu ciclista VI. Apunto para pensar.

Hoxe, que estou na Coruña camiño de Londres, fun na bici pequena dende o Burgo hasta o centro da Coruña, onde tiña que facer unhas compras, e logo, naturalmente, volvín. Apunto tres observacións que considero importantes.

1º. Malia que a Bicicross non era precisamente unha bicicleta concebida para facer vinte kilómetros por estrada, ida, negocios e volta levoume case o mesmo tempo que me ten levado cubrir o mesmo programa en coche. Ou aprendo a conducir máis rápido, ou sigo replanteando a miña movilidade.

2º. Hoxe foi a vez que máis cerca estivo un coche de tirarme da bicicleta. Era un coche de autoescola no que só viaxaba o conductor, polo que deduzo que se trataba dun monitor de autoescola. Así nos vai. Debo profundizar na miña relación co casco (que case sempre o poño, así que sobra o case) e incluso empezar a pensar que un casco cerrado como os que se usan nas carreiras de BMX podería ser máis saudable dentro da cidade.

3º. Cando cheguei a casa, a miña roupa cheiraba como si andivera a traballar coa motoserra. Para quen non sepa do que estou a falar, coa motoserra, un ten pegado á barriga un motor que queima unha mezcla de aceite e gasolina, que se convirte nun fume graxento que se pega na roupa e deixa un fedor bastante “tóxico”. Evidentemente, non foi o meu vehículo o que me impregnou hoxe ese cheiro, así que vai sendo hora de pensar que o petroleo, onde mellor está, é debaixo da terra.