O tren pola autovía.

“…dicen que queren transporte público e tren de cercanías, ¡pero terá que ir pola autovía, digo eu!”

Xaime Rei, Alcalde de Redondela, en declaracións á radio municipal.
Hubo quen se imaxinou ós paisanos agardando fora da autovía, a ver si para algún autobús dos que circulen por ela. Eu, directamente escachei coa risa ó imaxinar cómo o noso alcalde intentaba facer que un tren circule por unha autovía.

Hoxe saiu a exposición pública o estudio informativo da futura autovía Pontevedra-Vigo, esa á que levamos un ano opoñéndonos en Redondela. Non vou entrar agora en detalles, xa o farei máis adiante. De momento, colgo unha conversa que mantiven esta mañá con un veciño:
Veciño: -”…bueno, algo teñen que facer.”
F. Miguez: “-O que teñen que facer, é que en calquera cidade de Europa pagas catro euros e andas todo o día en tren ou en autobús co mesmo ticket.”
V: -”Iso é verdade, eu vivín en París, e era comodísimo, iba a todas partes así.”
F: -”Pois iso será o que hai que facer aquí.”
V: -”Sí, é que aquí estamos moi atrasados.”

Engado eu: non é o mesmo estar que ser.
Mañá vou necesitar que me botedes unha man.

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/11/22/o-tren-pola-autovia/trackback/

  1. en fin, eu como veciño de Pontevedra tampouco estou dacordo con esa nova autovia entre nós e Vigo, Galiza parece o pais das mil estradas, temos unha chea delas mal trazadas e pior conservadas pero…veña a facer máis, se queremos ir ao mesmo sitio, pois podemos ir por dúas ou tres vias todas en deficiente estado, eu penso que deberian tentar aumenta-la capacidade da autoestrada e facela de balde, non facer unha nova via có gasto público que conleva no tema das expropiacións e demais (gasto e trastorno para a xente)…

    un saúdo F.Miguez

    Comment by breogain — November 23, 2007 @ 7:36 am

  2. Eu sempre sostiven que a xente de Pontevedra e Vigo, en xeral, era bastante máis consciente que a clase política de turno. Vostede demóstramo.
    Prégolle que lea o seguinte post.

    Comment by F. Miguez — November 23, 2007 @ 5:09 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.